ACEA.

    A Acea é un muíño situado nun río, que ten unha gran roda vertical (ou dúas) que transmiten a forza da auga a un eixe e mediante un engranaxe móvese a moa. (Ver o dibuxo).

Eran famosas as aceas do río Miño en Ourense. Hoxe están totalmente estropeadas e abandonadas.

(Este dibuxo figura nun mural, posto polo Concello de Ourense, ó pe da Acea de Canedo, o autor é Suso Cubeiro según me comunica a empresa Cem, S.Coop. galega a que lle dou as grazas.

Vexamos algunha acea de Ourense:

Muíño de Acea en Ourense.

Estes muiños estaban preparados para traballar sempre e cando non hubera crecidas. Ver a roda que fai mover o muíño, a bruia, , situada na parte dereita. Ver tamén a forma triangular, as enchentas con esa forma pouco daño lle facían. Tamén hai unha roda polo outro lado.

A fotografía é  de José Félix Romero (1989).

Por este lado inda se conserva unha das rodas.

 A fotografía é actual (xaneiro do 2002) pero está sacada un pouco lonxe e non se ve ben.

Por certo o río Miño estaba moi baixo.

Febreiro do 2002.

Ver varias fotografías da Acea da fotografía en Ourense.

...  
Muíño de Acea en Ourense.

Estes muiños estaban preparados para traballar sempre e cando non hubera crecidas.

Este da fotografía de José A. López está xunto a desembocadura do río Lonia.(É o mismo que os anteriores, pero en épocas distintas)

Por suposto xa non traballa.

En Ourense cidade,había outro na praia da Concha, pero está en moi mal estado. Tamén outro no Ribeiriño. Soio quedan as pedras.

O Muíño de acea do Cachón en Ourense.

Esto é o que queda da acea da praia da Concha, xusto no cachón, enfrente dos caños e por riba do viaducto.

Está moi mal pero inda se podía reconstruir. Por certo a praia da Concha xa non existe.

O río Miño por esa beira está impresentable, cheo de aceites e peligroso.

Fotografía do autor da www. Febreiro do 2002.

Ver (a pantalla completa) esta acea nunha fotografía fantástica de Xoaquín Lorenzo.

O Muíño de Acea do Cachón en Ourense.

Esto é o que queda da acea da praia da Concha, xusto no cachón, enfrente dos caños e por riba do viaducto.

Está moi mal pero inda se podía reconstruir.

Non é certo que esté soterrada na ribeira do río.

 

 

Fotografía do autor da www. SLF. Acea de Canedo no río Miño. Muíño de Acea por debaixo de Ourense (Canedo).

Este muíño está o final do paseo que hai en Ourense, pola marxe dereita do Miño, e xusto o final.

O muíño está, como todos, en malas condicións, pero inda ten algunhas pezas en bon estado. Unha magoa.

 

Nesta fotografía pode entenderse o funcionamento destas aceas. Vese a catalina, que é esa roda grande e o farol.

Ó mover a bruia, que a move a auga do río, move, xa dentro do muíño,  a catalina que fai xirar o farol que moverá a moa.

Ver outras fotografías desta acea.

No dibuxo está o esquema dunha acea e as súas pezas.

A auga do río move a bruia e o mismo tempo vai mover a catalina que vai engranada o farol como se pode ver na fotografía anterior.

O farol move o eixo que leva o final unha peciña metálica chamada segorella e que vai metida na moa. Ver o esquema. O xirar o eixo xira a segorella e xira a moa. Polo tanto o caer o gran da moxega vai quedar entre a moa  e o pe e lóxicamente o gran vai a convertirse en fariña.

   
Muíño de Acea por debaixo de Ourense (Untes).

Este muíño está en plena corrente, xusto por debaixo da ponte da autovía. Aparentemente está en mal estado. Non se acede de forma doada, xa que está en pleno río.

 

Muíño de Acea por debaixo de Ourense (Alongos).

Estos muiños están todos da man do Señor. Había que cuidar un pouco máis os ríos e as cousas básicas realizadas con eles.

Si non conservamos o bonito que temos, mal chollo...no futuro viviremos do aire.

 

.......
Fotografía de Julio García. Acea de Canedo. Principio de siglo. Muíño de Acea por debaixo de Ourense (Canedo).

A fotografía é de principio do século XX, de feito o que aparece no medio da fotografía é o abó do compañeiro de traballo Afonso Vázquez Monxardín. Doulle as gracias dende está páxina por decirme onde atopar unha foto sensacional dunha acea. A fotografía é de Julio García e aparece no libro Galicia: O oficio de vivir. A cidade.

Ver a fotografía a toda pantalla (ter paciencia, merece a pena).

Recollo os textos seguintes falando dos muiños ou aceas de Ourense - ciudade:

"Os muiños e aceas son unha das manifestacións da nosa cultura que acadaron no pasado, como elementos destinados ós procesos de elaboración dos alimentos, notable importancia como atestigua o marco folclórico e literario que aínda na actualidade pervive na nosa xente. 
Xeralmente son construccións dunha planta rectangular en pedra. Consta de dous xogos así como dunha proa ou tajamar para corta-la corriente da auga do río, estando a construcción preparada para aguanta-las inundacións durante os períodos de crecida. 
Os actuamente existentes nesta zona atópanse en total período de desaparición: así o denominado "Acea do Cachón", na antiga praia das Conchas, encóntrase parcialmente soterrado na ribeira do río. Foi parcialmente destruida o terraplenar a ribeira. Outra é o muiño do Ribeiriño do que non queda outra cousa que unha morea de pedras, probablemente derumbada na última riada do Miño. Ambalas duas estan na marxe dereita do río".

Esto é o que dice a Oficina Municipal de Turismo de Ourense.

Por certo no muíño de acea de Canedo, no mural aparece unha poesía marabillosa que é a seguinte:

Poesía de Eduardo Blanco Amor dedicada os muiños.

Pola miña banda aporto fotografías das pedras que quedan da acea do Ribeiriño:

Na fotografía, sacada polo autor da www en xaneiro do 2002, concretamente o xoves día 25,  vese perfectamente o Muíño do Ribeiriño, mellor dito as pedras que quedan deste muíño. O río vai moi baixo para estas datas.

Nesta fotografía que é a anterior,  acercando o tema, vese perfectamente o conxunto de pedras que en tempos era a acea do Ribeiriño. Quedou nos derradeiros anos convertida nesta morea de pedras.

Esta fotografía, do autor da www, o que escribe, ten dúas particularidades que resaltar, a primeira que na parte central ten unha garza, vese perfectamente, e en segundo lugar na esquerda ten un outra ave, que prolifera moito nos últimos tempos nesta parte do río Miño, nada menos que un cormorán, vese peor, pero está nese lugar seguro. 

 

Nesta fotografía sacada dende a Ponte do Milenio en Ourense, vense a man esquerda unha morea de pedras, xusto por riba do cachón. Pois ben, esas pedras eran do muíño do Ribeiriño en Ourense.

Outra forma de ver o lugar onde estaba esta acea.

Nesta fotografía (dixital) vese máis cerca a morea de pedras.

Dime un home que ten unha finca xusto o lado que o muíño era da Espiga de Ouro. Non teño nin idea.

As fotografías son do día 1 de febreiro do 2002, realmente o río Miño ven moi baixo.

Nesta fotografía vese perfectamente a existencia da acea anterior nese lugar. A fotografía é dos anos 50.

Nota importante: no ano 2005 por novembro observo que repararon a acea do río Miño, Acea das Veigas,  situada preto de en Canedo; menos mal, é todo un detalle. A acea está preto das augas de Outariz, na marxen dereita do río Miño e no paseo que hai actualmente feito.

¡Enhoraboa!

     

Ver máis cousas sobre os muíños.

Acea da desembocadura do río Lonia. Polo menos repararon as bruias. Setembro 2012.

Acea da desembocadura do Lonia dende a pasarela. Ver tamen a ponte colgante sobre o río Lonia, as gradas onde se fai a toma de agua para Ourense e por suposto o río Miño. Setembro 2012.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.