MUÍÑO.

         Un muíño hidráulico, hai outros tipos,  é  unha máquina para moe-lo gran para obtención de fariña. Pero amigos, o muíño en Galicia é moito máis: é arquitectura, é tecnoloxía, é historia, é literatura...é unha marabilla.

Para saber máis podes mirar, nesta misma web,  o esquema dun muíño e algunhas outras cousas interesantes.  Tamén podes visitar, no Carballiño (Ourense) todo un Parque Etnográfico no río Arenteiro, o Muíño do Anxo, una gran idea do Concello do Carballiño.

Vexamos unha pequena mostra de muíños (en Galicia hai miles):

Fotografía do autor da www. Muíños de Mandrás no río Barbantiño. Ourense

Sin dúbida os muíños mellor conservados da provincia, hai máis de dez muíños, por certo cunha ruta de senderismo que merece a pena facer.

A zona é espectacular e o entorno paradisíaco, como casí tódolos ríos de Galicia.

Ver fotografías destos muíños.

 

.....  
Fotografía sacada do libro Ourense natural. Muíño de Allariz en Ourense. Río Arnoia.

Sin dúbida un muíño perfectamente conservado. merece a pena desplazarse a Allariz e velo. 

Os allaricenses están orgullosos do muíño e do entorno no río Arnoia e non me extrana é fora de serie.

O pobo de Allariz é de visita obligada a tódolos que pasen por Ourense.

Merece a pena.

 

.....
Muíño de Moldes, río Arenteiro. Ourense.

Simplemente sobre os muíños de Ourense decir que estamos nun paraiso, en calquera río hai muiños fora de serie, o da fotografía é un deles.

Atoparedes muiños en tódolos ríos.

 

........

 

Muíño típico de Ourense.

Si queredes visitar un muíño típico reconstruido ir ó "Muiño das Lousas", no Carballiño, está doado chegar. O rematar o Parque, no río Arenteiro xa vedes a indicación. Maravilloso.

Este muíño, que se ve na fotografía, non é o das Lousas, pero sí é o típico muíño galego.

O entorno dos muíños é algo que hai que vivilo.

Río Arnoia. Presa en Outomuro. Esta presa da lugar os muíños de abaixo.

 

A presa anterior ten un muiño que para mín é dos máis grandes da provincia. Ata 10 rodicios. Incríble.

Trátase en efecto de 10 aliviadoiros  como a que ven. De feito esta fotografía é da dereita e a outra é a da esquerda. Son muíños en linea.

Na seguinte fotografía vese a ringleira de muiños, por certo están reconstruindo o último, paréceme unha boa idea.

De momento, para mín é o maior conxunto de muíños que vín na provincia de Ourense.

salir.jpg (922 bytes) Saír.