ACEA DE OIRA

     Esta acea está situada frente a praia de Oira en Ourense, xusto por riba da desembocadura do río Lonia no Miño.

Está en mal estado pero podería repararse perfectamente.

As fotografías son de febreiro do 2002.

Na fotografía o río Miño en Ourense.

Arriba, a dereita vese a acea.

Por debaixo está situado a desembocadura do río Lonia.

Río arriba a 600 metros está o encoro de Velle de Fenosa.

 

Estes muiños estaban preparados para traballar sempre e cando non hubera crecidas.

 Ver a forma triangular, as enchentas con esa forma pouco daño lle facían. 

 

Outra vista da acea.

Nesta zona o río non está estable, Fenosa igual deixa o río con pouca auga como con moita.

A parte de adiante é totalmente triangular.

Este muiño, como todos require un pequeno cachón para levar a auga as rodas que fan mover o muiño.

Na fotografía pode apreciarse este pequeno cachón, xa en mal estado.

Parte de abaixo da acea.
...  
Outra vista.
Hoxe está de pena. 

Entrada o muiño.

En mal estado.

Parte interior.

Estos muíños eran completamente pechados no teito.

O teito desta acea está estropeado.

Roda da parte dereita.

Está prácticamente estropeada.

   

........

Roda da parte esquerda inda peor que a anterior.

A verdade que é dificil entender o pouco ou ningún cuidado que se ten con estas obras históricas, que non fan dano a ninguén e que tanto gusta ver.

A verdade que somos unha xeneración un pouco rara...

 

Fotografías de setembro de 2012.

Parece que está un pouco reparada.

 

Acea da desembocadura do río Lonia. Polo menos repararon as bruias. Setembro 2012.

Acea da desembocadura do Lonia dende a pasarela. Ver tamén a ponte colgante sobre o río Lonia, as gradas onde se fai a toma de agua para Ourense e por suposto o río Miño. Setembro 2012.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.