CARBALLIÑO.
O muíño das Lousas está situado no Carballiño a 28 Km. de Ourense. É doado chegar, pódese chegar incluso a pé dende o Parque Municipal do Carballiño. Tamén se pode ir no coche ata o mismo muíño, está perfectamente indicado, basta seguir a antigua estrada de Pontevedra e o sair do Carballiño ir atentos, está indicado.
Merece a pena.
(Os datos que siguen están tomados dun traballo de Beatriz Barroso Rguez. publicado na revista Argentarium, nº 1. Gracias Beatriz).
![]()
Foto de Moncho Fuentes.
O muíño está situado no río Arenteiro. Practicamente saindo do Carballiño. Chámase das Lousas debido a que no tellado había lousas.
O muíño ten 5 moas, é polo tanto un dos maiores da provincia.
Está situado nun lugar do río Arenteiro maravilloso.
Dende logo merece a pena velo.
A reconstrucción está feita con bastante gusto.
Os datos do traballo citado están tomados do muiñeiro que comprou o muíño no ano 1941, data na que o muíño estaba en funcionamento.
Actualmente é do Concello do Carballiño.
O muíño non funcionaba coas crecidas xa que viñan moitas pedras que enchían o cubo e había que limpialo.
......
![]()
Foto de Moncho Fuentes.
Nos mellores tempos do muíño chegaron a traballar ata catro persoas. Moer 20 libras podía levar entre 15 a 20 minutos.
Conta Beatriz no seu traballo que a maquia ( o que cobraba o muiñeiro) do muiño era de dez una.
Conta tamén que traballou moito ata que a xente deixou de traballar o campo e emigra en busca de diñeiro a Alemania e Francia.