OS MUÍÑOS DOS RÍOS GALEGOS.

 

Muíño hidráulico:

O esquema e o texto está sacado do libro Camba un pobo, unha xente, unha historia. Un libro precioso de Elías Domínguez Prieto. Tamén do artículo "Os muíños" de Manuel Seoane Feijoo, aparecido da revista Lethes no nº 1.

O muíño é unha maquina que utiliza a forza da auga do río para moer o grau, para elo move dúas grandes pedras e no medio o grau, estas grandes pedras son capaces de convertir o grao en fariña  (sexa de centeo, trigo ou millo).

Mais ou menos un muíño de rodicio horizontal ( ollo que tamén os hai verticais, nestes a roda chámase bruia,  pero son os menos, ver a palabra acea)  consiste no seguinte:

A forza da auga que entra polo rego ( tamén chamado rairo) (18) move o rodicio, o chocar coas penlas, que son as que reciben o impulso da auga, ( 24-25) que roza co penedo (15) e a pedra. Como o grau de trigo ou centeo ou millo baixa pola muxega (4) remata triturado entre as pedras.

A zona do muiño onde vai o rodicio chamase inferno, realmente é por onde sae a auga a gran presión e choca coas penlas do rodicio, facendo xirar deste xeito a moa, que realmente é a que tritura. 

O inferno do muiño

un lugar onde está situada a roda que move todo o muíño. A peza de atrás é para deixar pasar máis ou menos auga. 

Ou tapar simplemente.

 

O freno levanta máis ou menos a pedra do penedo podendo moer máis fino ou baixandoio de todo impedirlle que xire. O tarabelo salta sobre a pedra e fai vibra-la cornizuela para que vaia deixando cai-lo grau. 

Muíño de millo do Castiñeiro no río Brull en Quins, Melón. ( Fotografía de Jose A. López).

Os muíños teñen mecanismos para detectar cando se termina o grao, incluso tamén para levantar a pedra para arranxala, cando se pon lisa.

O río recóllese nunha presa, logo desvíase por un rego (rairo)  ata un tanque por onde a auga penetra con forza no muiño para mover o rodicio. Normalmente faixe tamén un quebradoiro para desviar outra vez a auga o río si se quere.

Nesta fotografía pódese ve-la presa, neste caso en Allariz, a auga recóllese por un rego o fondo a esquerda, e logo dun pequeno desnivel penetra no muiño.

Eique neste esquema vese a muxega onde se bota o saco do grau, este vai caendo pola cornizela e o burato entre as pedras que o aplastan e moen. Pode verse o tarabelo, un invento para botar o grau pouco a pouco. Fai un ruido especial.

Lóxicamente para que a auga do río entre polo rego (ou rairo) (18) hai que desviala do río . Esto faixe cunha presa, logo faise un rego ou conducto da auga ata o muiño, este rego leva un quebradoiro que devolve a auga o río, o rego sempre cun desnivel para que a auga colla forza para entrar no rego do muiño e mover o rodicio e todo o sistema.

Muíño típico no río Tambre, cunha boa presa que abastece de auga. A fotografía é de José M. Salgado.

Hai muiños incríbles en tódolos ríos de Ourense, muiños con moitos rodicios, eu coñezo algún de cinco como o de San Mamede Moldes no Arenteiro, pero o normal son de unha ou duas rodas. (Últimamente vín un muíño na zona de Outomuro, que tiña 10 rodicios, en realidade son varios muíños en serie. Río Arnoia. Ourense). Tamén hai muíños en serie como os da Fervenza do Barbantiño que eran tres colocados seguidos, ou os de Folón, no baixo Miño que son maravillosos.

Muíños de Folón, no baixo Miño. Fotografía de José M. Salgado.

Muiño de Cambeiro, no regato do Grañal en Vilar do Grañal, un típico muíño con dous rodicios para moer. Chegou a ter 230 clientes no seu apoxeo. ( Fotografía de José A. López. O muió é de D. Antón Blanco.)

 Incluso os muiños reciben varias clasificacións según sexan de canle ou de pozo, os de canle son máis frecuentes ( o que estou a describir), os de pozo denantes de entrar a auga teñen un pozo de tres ou catro metros onde se encora a auga, para salir logo con presión ( utilízase máis en ríos de pouco caudal). O normal é un sistema mixto.

Muíño de Nocedo. Esta fotografía está sacada da revista Lethes.

O rodicio que se situa no muiño nunha zona que se chama o inferno. Fotografía sacada da revista Lethes.

Tamén según foran particulares, para uso propio ou o más frecuente os chamados muiños de maquía ( a maquía era sobre una libra ( 600 grs.) por cada once kilos) , onde se alquilaban a cambio de fariña. Muíños de herdeiros, muíños de rolda ( como son os de Camba onde os veciños teñen un tempo de utilización).

Sobre os muíños de Ourense podíanse escribir varios libros, de feito hai uns cantos sensacionais. Hai toda unha vida o redor destas construccións, e de destacar a influencia que tuvo a instalación dun muiño nunha zona do río, normalmente os muíños están en paraxes de montes, sen construccións preto, e o muíño implicou un cambio da zona radical o ter que facer camiños, presa, acceso, modificación do río, etc.

É tamén incrible como están feitas estas construccións de modo que respetan, a maioría, o río, cousa que hoxe non ocurre coas minicentrais, centrais, etc. que esnafran o río para sempre.

 

Na fotografía o exterior e o interior do muiño de José Antonio Mourín e Mercedes Macía, dous colegas do IES As Lagoas que tuveron a feliz idea de restaurar un muiño como "Acea de baixo" no río Sarria, iniciativas destas son importantes para os ríos galegos e non salvaxadas como as minicentrais que esnafran os ríos. Unha aperta amigos Mourín e Mercedes. Ver máis fotografías deste Muíño.

A importancia a nivel económico dos muíños está fora de toda dúbida. Tamén a súa importancia social, cultural e de relación. Todo esto perdeuse hoxe coa chegada de outros tipos de mecanismos para moer. 

Unha muiñada era unha antigua xuntanza festiva de mozos e mozas en torno os muíños, mentras se esperaba pola vez para moer.

 

Unha noite no muíño

unha noite non é nada

unha semaniña enteira

esa sí é muiñada.

 

O muiño do meu pai

eu ben lle sei o tempero:

cando está alto, baixalo

cando está baixo, erguelo.

Fun esta noite o muiño

nin moín nin muiñei;

perdín a trenza do pelo

iso foi o que gañei.

 

Hai unha poesía marabillosa de Eduardo Blanco Amor, non me resisto a poñela:

 

Trátase polo tanto dun patrimonio que esmorece e non debera ser así. Un pobo que olvida a súa historia ou non cuida o seu patrimonio mal vai...

FOTOGRAFÍA DENUNCIA.

Tubería da minicentral do río Deva en Quintela de Leirado.

¿Que ten que ver esto cos muíños da zona?.

Moi doado, as fotografías están feitas no ano 1998, na zona da central, vexan a  fotografía da dereita xa que resulta incrible.

As pedras que se ven son MOAS DE MUÍÑOS DA ZONA.

ESTÁN DE EXPOSICIÓN. COMO TROFEO DOS DONOS DO RÍO.

Esta é a central inaugurada por Fraga e Vitorino fai unhos anos.

 As pedras que se ven son todas moas de muíños da zona, parece que teñen colección. O feito é que o montar a minicentral deberon desfacer tódolos muíños dende o azud ata central que se ve o fondo.

Incrible a desfeita que fan os minicentraleiros no noso patrimonio cultural. Sirva estas fotos como "pataleo" xa que a nosa Consellería de medio ambiente, dalle o mismo...

A música que probablemente sona é de Luar na lubre e está dedicada os muiños, "Chascarrachas do muíño..."...

salir.jpg (922 bytes) Saír.