MUÍÑOS de Folón e de Picón.

 

         Na fotografía parte dos muíños de Folón. O resto está a dereita.

 

Os Muíños de Folón e de Picón, están situados a tres quilómetros de O Rosal moi preto de A Guarda na provincia de Pontevedra, so seis kms.

 

Unha ruta de 3,5 km. circular que hai que facer xa que é marabillosa. Eso sí,  a costa os Muíños de Folón é para tomar con calma, logo os de Picón son, lóxicamente en baixada. Por suposto si se sigue o sentido das agullas do reloxo...

Outro mapa da ruta.

Na vista sacada de Google Earth vese perfectamente a ruta. Aquí comenzamos polos muíños de Folón e rematamos cós do Picón.

Ver mapa de Google Maps.

A ruta permite recorrer os dous conxuntos de muíños, os de Folón primeiro que son 36 en total e logo os de Picón que son 21 e que aproveitan o mismo canle de auga, os de Folón por un lado e os de Picón por outro;  muíños encadeados de xeito que a auga que sae de un é aproveitada polo seguinte.

Logo síguese baixando os muíños de Picón, ata volver o sitio de partida. Volveremos outro día para facer este segundo tramo.

A ruta pódese empezar tamén polos muíños de Folón (eu prefiro facela o revés primeiro Folón subindo e logo Picón baixando, pero é indiferente) ata chegar o "Chan de Cereixeira" dende onde se ve unha vista espectacular do Rosal, o Monte Tecla e o Baixo MIño.

Xa no século XVII eran coñecidos. Os muíños son dos pobos que hai ó redor. Algún deles está en pleno funcionamento como podemos comprobar máis abaixo.

As construccións foron obra dos veciños de Martín e de Picón (Fornelos) e nunca, o parecer, tuveron que ver cós monxes do Mosteiro de María de Oia, como se creía ata non fai moito.

Seica é curioso ver,  na zona dos muíños de Picón,  as rodeiras de carro e a pedra distribuidora de auga para os muíños.

Vexamos unhas cantas fotografías destos muíños:

De camiño os muíños. Por certo este primeiro estaba funcionando. O dono estaba a moer...

 

A ruta merece a pena. Sensacional.

Chegando os primeiros muíños en serie. Muíños de Folón...

 

Chovía a chuzos. Esta fotografía gústame moito e da conta da hora e do momento...

 

Vista xeral...Aquí vense os muíños da esquerda e un dos muíños que hai na dereita...

 

Outra fotografía marabillosa.

Unha pena a nebla...inda que lle da a fotografía un certo misterio...Non había moita luz xa que era a tardiña...Estos son os muíños da dereita...

 

 

Xulio (Páxaro)  ben merece estar na foto...aguantou a choiva perfectamente...

Vista xeral...

Para rematar podedes ver  estos pequenos videos:

Moendo o muíño.         Muíños de Folón.           Sonido da auga.

-----------------------O-----------------------

Posteriormente o 22/11/2014 fixemos unha andaina na ruta a Asociación Cultural Exaprin Ribadavia, neste link tendes un cento de fotografías marabillosas desta andaina. Tamén estuvo un día gris e observamos que a zona tuvo un incendio importante. Pero tamén mereceu a pena.

Aquí tendes unha pequena mostra das nosas fotografías:

Nese momento choveu un pouco. Fotografía de Quique. Muíños de Folón.

 

Nese momento choveu un pouco. Fotografía de Quique. Muíños de Picón.

 

 Fotografía de Quique. Muíños de Folón.

 

 

 Fotografía de Álvaro. Muíños de Picón.

 

Fotografía de Álvaro. Muíños de Folón.

 

Fotografía de Álvaro. Muíños de Picón.

 

 

Fotografía de Secundino. Muíños de Folón.

 

 

Fotografía de Secundino. Muíños de Folón.

 

Fotografía de Secundino. Muíños de Folón.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír a dicionario.                                              salir.jpg (922 bytes) Saír a sendeiros.