HERBAS NA NOITE DE SAN XOÁN

Dibuxo de Fran Ameixeiras. Cuntis.

 

A noite de San Xoán en Galicia.
 
As sete herbas básicas.
 
Herbas e cachos. da noite de San Xoán.
 
Romance da fror da auga nunha fonte

 

Saír a plantas ríos g.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

As sete herbas base.

Herba San Xoán

Fiuncho

Herba Luisa

Codeso

Fento Macho

Malva

Romeu.

Os ditos non deixan lugar as dúbidas: "En san Xoán, as bruxas fuxirán. ".  "No san Xoán, fouciña na man. " . Así que vamos coa fouciña a coller estas herbas que logo espantarán, entre outros, as bruxas.

Nota: estas son as principais herbas de San Xoan, todas cumplen as tres cualidades básicas: teñen un cheiro especial; como mediciña todas teñen moitas aplicacións e por último son as millores como repudio dos seres maléficos.

Ademais son sete e deben poñerse con auga de sete fontes.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HERBAS E CACHOS.

Dibuxo do meu amigo Fran Ameixeiras. Cuntis.

AS HERBAS E OS CACHOS.


    As tradicións populares non asumidas polo cristianismo foron combatidas por Martiño Dumiense, obispo de Braga no s. VI, máis non puido impedir que 
herdáramos costumes como a de ir a por auga emanada de sete fontes para face-lo  cacho.
    0 cacho consiste en recoller herbas e plantas de eficacia mediciñal e aromáticas, o seu agradable cheiro e repudiado polos espíritus maléficos. A tradición oral insiste en que o cacho sirve para quitarnos o demo do corpo,  alonxa as bruxas e cura a envexa.
   Hai varias clases de herbas que se utilizan para isto, sendo as máis recoñecidas as seguintes: Tromentelo, folla de cana, choupo (ollo de prata), ruda, herba luisa, manzanilla, ortelán, mildrastes, fiunchos (anises), herba de san Xoán, espadaina, puenso, herba lemona, lirio, romeo, ourego, loureiro, allo, rosas, follas de nogueira con tres noces, fento rizado (peineta), herba do Carme, silveira, folla de figueira, folla de olmo, folla de laranxeira, malva-rosa, hortensia,folla de viña blanca e outras.

      Seleccionadas as herbas, amárranse nun feixe ou mollo e colócanse nunha tina, caldeiro ou palangana cheas de auga. Déixanse fora pola noite, segundo crencias cristianas, para que San Xoán os bendiga, pero iso non é óbice para colocar uns cardos ou silveiras enriba do cacho e así evitar que o demo cague nel. Tamén hai quen lle votaba chavos.

      Na parroquia de Domaio tamén se puñan nas fiestras, portas, tellados e chimeneas para impedi-la entrada das bruxas. Tradicións parecidas falan de colocar toxos nas portas, cruces de madeira ou pintadas de negro para rexeita-la Santa Compaña.


     Ó erguerse pola mañá, sácase un pouco de auga verde e de bo cheiro. Lávase a cara, pés ou todo corpo, purificando a pel, e a veces protexe das enfermidades pulmonares.


    A herba sécase durante varios dias ó sol para ser utilizada logo en múltiples 
remedios caseiros. Deses remedios seleccionamos a seguinte mostra ilustrativa: A ruda, herba luisa e manzanilla, contra os dores de barriga. A hortelán e mildrastes contra os picores das estrugas. As follas de nogueira con tres noces, cura as chagas do corpo. 0 romeo cocido con viño curaba as dores de gorxa, barriga e tamén as dores do gando, e sin o viño era boa para o reuma, nervos e resfriados. Loureiro e allo tríllanse para limpa-las aireadas e contra o reuma. 
      Contra as aireadas tamén se usaba o fume das hebas do cacho. A herba de San Xoán  limpa a cara de grans. O tromentelo era bo antídoto para evitar a caída do pelo.
     Respecto a esta última, recolleuse na parroquia de Domaio a seguinte estrofa:



"Dime rapaza bonita
¿Con que te lavas o pelo?
Cunhas herbas do monte
Qué fío chaman tromentelo!.



 

Subir.   

 

 

 

 

 

 

 

 


 

A NOITE DE SAN XOÁN.

Dibuxo de Fran Ameixeiras.

Celébrase a noite do 23 ao 24 de xuño e durante o día de 24 coincidindo co solsticio de verán. 

A noite de San Xoan é en Galicia a noite dos milagres e dos encantos. 

As fogueiras representan outro dos ritos característicos. Chamanse lumes , lumeiradas , cachelas , cacharelas... Acéndense nas primeiras horas da noite, despois da cea. A xente xúntase arredor delas e pasan a noite cantando e bailando . É tradición saltar a fogueira ; ten que ser varias veces , sempre un número impar e saltando dunha vez para un lado e outra vez para outro. Ao acto de saltar chamanlle en moitos lugares salvar. 
As virtudes do lume do San Xoan son purificatorias , é bo contra o mal de ollo , meigallo , distintas enfermidades e ten propiedades casamenteiras. 

Nesa noite avívase e colle maiores virtudes a auga das fontes santas e milagreiras. Os doentes van tomar os baños a elas, sempre con coidado das bruxas e aparecidos. É un costume habitual en toda Galicia recoller na tarde diferentes herbas e flores , botalas en auga e deixalas ao sereno para que collan o orballo co obxectivo de lavarense todos naquela auga pola maña . Estas herbas denomínanse herbas de San Xoan (San Xoans , fiuncho , codeso, os fieitos machos, polas de nogueira, malvas, artemisa ...) que teñen propiedades menciñeiras. 

A noite de San Xoan é propia tamén, para adiviñar o porvir, xeralmente en cuestións amorosas. De entre todas as practicas a mais usada é a do ovo: as doce en punto da noite cascase un ovo e déitase nun vaso de auga que se deixa ao sereno ata o mencer. Pola maña vaise ver o ovo e a forma que tomou, as veces un barco, outras unha capela... e polo que alí se ve adivíñase a sorte que se ha ter no ano . 

É habitual nesta noite, acompañando as fogueiras, e nas zonas costeiras preparar sardiñadas, sardiñas feitas nunha grella que se comen con viño e pan de bola.

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HERBA XAN XOAN.

Herba de San Xoán (abelouro, malfurada, abeluria...), é outra das sete herbas básicas.

"A herba de San Xoán limpa a cara de grans".

Está considerada como unha planta especial contra o demo...

En mediciña é cicatrizante e antiséptica.

Para ampliar ver este link.

Subir..

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FIUNCHO

Trátase dunha herba básica entre as sete fundamentais para a noite de San Xoán.

Esta é a que corre os malos espíritus. Especial contra o mal de ollo.

Como mediciña é especial contra as inflamacións de ollos, pero tamén para a asma e as malas dixestións...

Para máis datos pulsar este link.

Subir..

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HERBA LUISA

A herba luisa sempre se utilizou para todo.

Moi boa para os dores de estómago e barriga. Tamén contra os gases e os dores de cabeza.

Cheira moi ben...

E tamén unha herba especial para os amoríos...En castelán recibe o nome de verbena xa que tamén se asocia coas troulas de noite...

Máis datos ver este link.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CODESO

O codeso, en realidade é unha xesta, ou sexa da familia dos Cytisus,  utilizase para barrer a casa dos malos espíritus. Normalmente cóllese unha xesta ou retama e faixe un escobón.

O normal é usar unha planta como a Cytisus que son as xestas típicas, concretamente a Cytisus purgans, que algúns lugares chaman piorno ou codeso.

Para máis datos pulsar este link.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FENTO MACHO

O fento macho é outra das sete herbas básicas da noite de San Xoán.

O fento macho é velenoso. Era moi apreciado contra as tenias.

En xeral é un antiparásito moi bon. Síguese usando polas súas propiedades pero a súa administración é complicada, xa que, repito, é velenoso.

Dicen que a noite de San Xoan bota flor; xustamente a medianoite.

Para máis datos ver este link.

 

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MALVA.

A malva é outra das sete herbas fundamentais. Sirve para todo: resfriados, bronquitis, afeccións dixestivas,  nervios, etc.

Dice o dito galego: "cun horto e un malvar hai menciñas para un fogar". Efectivamente a malva cura todo.

Máis datos pulsar este link.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ROMEO

 

É moi bon para a reuma, artritis, trastornos do sistema circulatorio, depresión, etc.

O romeu realmente é a herba que protexe e purifica os fogares galegos por excelencia.

En Galicia tamén se utiliza para os dores da gorxa.

Para más datos pulsar este link.

Subir.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Romance da fror da auga fría..


-
Segundo o romance, a que logra coller a 'frol da auga fría' na mañanciña de San Xoán non volta soia á súa casa. 

Para elo hai que desplazarse a unha fonte e coller na palma da man a flor que hai normalmente onde cae a auga da fonte. Esa flor que se chama "flol da auga fría" traeará moita cousas bonitas...


En outras composicións populares teñen igual poder esta noite, a pinga de orballo que se agocha no cáliz dunha flor, que a moza atopa. Presentando unha variable desta crenza un romance no que Xesús, na cruz, é socorrido pola anduriña e a labandeira. En pago, o Señor, concédelles certos favores, entre os que destaca o da labandeira, esto é, que cando o día de San Xoán colla unha pinga de auga no pico e a deixe caer sobre unha moza que se bañe antes de saír o sol, esta sería feliz.

Corre, meniña,
vaite lavar
alá na fonte
te has de lavar,
e a fresca auga
desta amañecida
cor da cereixa
che tén que dar
Se arraiar,
se arraiará
tódalas meigas levará,
se arraióu,
xa arraióu,
tódalas meigas levou

Subir.