Aloysia triphylla.

Herba Luisa. (Hierba Luisa).

A Herba Luisa é moi coñecida nos pobos de Galicia, xa que se emplea para todo, é unha herba medicinal, moi olorosa é doada de distinguir no monte.

Non está precisamente preto dos ríos, pero véxome na obriga de pola nesta relación, xa que a coñezo ben. Dende logo tampouco está lonxe xa que en Galicia os ríos abondan.

É unha das sete herbas que deberan poñerse na noite de San Xoan para espantar os malos espíritus.

Ver outras características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HERBA LUISA.

As follas son moi alongadas e verdes.

É moi olorosa, dun cheiro moi agradable.

A herba luisa procede de América do Sur.

En realidade trátase dun arbusto que pode botar ata 2 metros de altura.

As follas despiden un olor moi forte como si fora limón.

As infusións de herba luisa fanse en Galicia dende fai moito tempo. Sentan moi ben...para o estómago e tamén si se teñan gases ou dor de cabeza.

Seica as follas teñen que cortarse en cuarto creciente para que sexan efectivas.

En galego chámase herba Luisa.

En castelán ten moitísimos nomes: Hierba Luisa, Hierbaluisa, Maria Luisa, Verbena olorosa, Hierba cidrera, Cidrón, Cedrón del Perú, Hierba de la princesa, Reina luisa.

En Portugal chámanlle cidrao.

 

As flores son de cor violeta pálido ou lila, e crecen en ramalletes.

A súa floración ten lugar no verán.

Tanto as follas como as flores teñen unha aroma moi suave e característico que fai que se usen en perfumería, cosmética e incluso na cociña en pastelería.

 

Saír.