Hypericum perforatum.

Herba San Xoan. (Abeluria).

 

Fotografía de Josep Maria Barres.

A Herba de San Xoán tamén se chama pericón, hiperico e herba das feridas.

Pode acadar ata 1 metro de altura.

Trátase dunha planta que crece preferentemente en areais, pasteiros, toxais, uceiras e bordos de bosques.

Ten propiedades cicatrizantes e tamén se usa como antiséptico e astrinxente.

 

Ver outras características.

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.                                         

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

HERBA San XOÁN.

Ata 1 metro de altura.

É unha planta herbácea vivaz, da cepa nacen talos estériles febles e talos floríferos máis robustos.

Follas ovais translúcidas e marxen enteira. A corola é amarela. Está chea de granos de esencia de aroma similar o incienso.

Florece a finais da primavera e no verán.

Dase en barrancos, pero tamén en lameiros  a carón dos ríos.

 

Chámase tamén Abeluria. 

O aceite da Abeluria como antiséptico, astrinxente e cicatrizante é coñecido debido ó tanino que contén.

Por vía oral a infusión é antiespasmódica e diurética.

De tódolos xeitos debe emplearse con cautela xa que pode orixinar eritemas e queimaduras na pel.

Fotografía de Josep Maria Barres.

Ten outros nomes como corazoncillo, espantadiablos.

En galego tamén se chama milfurada, abelouro, pericón, etc.

É unha das herbas que se recollen dentro das sete herbas da Noite de Xan Xoán en Galicia.

Utilízase entre outras cousas para as queimaduras, feridas en xeral e para o catarro.

Ten moitos usos medicinais.

Herbas de San Xoán a beira do río Miño.

Xunio do 2005.

 

Herba de San Xoán a beira do río Loña. Ourense 2005.

Herba de Xan Xoan; flor a beira do río Barbaña (Ourense). Xuño 2007.

Saír.