|
Nome
científico:

Salmo salar (
Linnaeus 1758)
Taxonomía:
| Clase |
Actinopterygii |
| Orden |
Salmoniformes |
| Familia |
Salmonidae |
| Xénero |
Salmo |
| Especie |
Salmo salar |
Os Actinopterygii son peixes con aletas
radiadas. 
Subir a características.
|
|
Nome galego:

Salmón pescado no río Miño en
Forcadela. Peso 16,800 kg.
Salmón
Subir a características.
|
|
Nome castelán:

Salmón atlántico.
|
|
O principio, o nacer, chámanse
pintos
e teñen manchas roxas ( ver máis abaixo).

Pinto. Fotografía de J.C. Muñoz, sacada do
libro "Atlas de los ríos salmoneros de la P. Ibérica"

Nesta fotografía o pinto é o de arriba,
o de abaixo é unha troita. Observar as
diferencias na cola, na boca entre outras.
Pinto-troita
diferencias
Cando baixan e se van o mar, teñen xa unha manchas
negras e xa comenzaron a pratear, neste caso chámanse
esguíns.

Esguín de salmón.
Cando volven do mar, xa maduros, chámanse
salmóns.

Cando despois de desovar volven o mar arrastrados pola corrente neste caso chámanse
zancados.
Soio un 2% volve en Galicia.
Subir a características.
|
|
Dimensións:

Salmóns do río Miño. Un dos
ríos máis salmoneiros do mundo fai poucos anos (sobre 30 anos).
Dende 1975 a 1985 pescáronse
no Miño 11.584 de forma oficial. Ou sexa con guía. Nesta relación
non figuran os pescados por Portugal (sempre pola zona de
caminha os pescadores portugueses pescaron salmóns, por suposto
con rede), nin os non censados.
Pode medir máis dun metro e pesar máis de 15 kg. De
feito colléronso salmóns no río Miño de 26 kg.
En canto a súa vida, atopáronse salmóns de 13
anos. Polo tanto seguro que podían vivir máis. o normal é que un salmón
reproductor teña entre 4 a 6 anos.

Mario en Ribadavia no ano 1968 con tres
salmóns novos...
Subir a características.
|
|
Identificación:

É plateado con pintas negras polo lombo, a mandibula é
especial e nos machos está moi curbada. Precisamente os machos
distínguense das femias por ese detalle, aparte de ter a cabeza máis
afiada e ser mais grandes.

Salmón macho. Observar a mandíbula inferior.

O salmón ten dentes nas mandíbulas, dentes
na lingua e dentes no paladar nun oso que se chama vómer, según
moitos naturalistas este oso é o que distingue perfectamente os
salmónidos. Todos os dentes están curbados hacia atrás de tal
maneira que como amarren unha presa e casi imposible que a solten.

Neste dibuxo vese unha cabeza de salmón,
nela está situado o vómer que no salmón é como o dibuxo que aparece
abaixo a esquerda ou sexa dous dentes dispostos trasversalmente
e sete o longo dun eixo lonxitudinal.

Observar nesta fotografía, dun
salmón pescado polo meu amigo Hilario no río Cares o
11/07/2011, a disposición dos dentes que lle quedan no
vomer, faltan algúns; a loita foi moi grande e non me
estrana.
No libro "Bases teóricas para un curso de vixilancia ambiental en
materia de Pesca Fluvial", editado por AGAIA
(Asociación galega de investigadores da auga), Estación
hidrobiolóxica "Encoro do Con". Escrito por
F. Cobo e R. Vieira-Lanero como
coordinadores, aparece unha clasificación dos peixes
existentes en Galicia de onde está sacado o dibuxo do vómer
que aparece na figura anterior.
Nesa clave considérase básicos para
identificar o salmón: o vómer e o feito de que as manchas
operculares sexan moi escasas, normalmente menos de tres, e
o maxilar superior non alcanza a liña vertical
imaxinaria trazada por detrás do ollo (liña postocular).

É inconfundible, é precioso. O
malo é que en Galicia xa casi non existe.
O da fotografía que é un salmón do río Miño,
medía 80 cms.
O salmón ten a cabeza máis pequena que a troita.
Realmente non supera nunca a sexta parte do corpo.
As escamas son moi pequenas, a liña lateral ten
entre 120 a 130 escamas.

Este é un salmón macho, observar as
mandíbulas.

Observar nesta imaxen real de
salmón a mandíbula inferior.
O dorso é gris con irisacións verdeazuladas. A
barriga é blanca. As pintas son negras, o que pasa que no desove
algunhas convirtense en bermellas.
O pescador convén que distinga o pinto
(salmón o nacer) da troita, tamén o esguín de salmón (xa máis grande
e tranformado para emigrar o mar) da troita e do reo e finalmente o
salmón da troita e do reo que é máis doado.
Penso que o máis dificil é distinguir o
pinto da troita, polo menos eso foi o que me pasou a mín nos
primeiros anos.
Pinto-troita
diferencias
Ver un video da BBC:
Videos sensacionais, neste caso
os salmóns remontando unha presa e subindo polo río para desovar.
Espero que a BBC non cambie o link o detectar a súa copia. Esta
copia está feita con motivos simplemente de aprendizaxe non con
fines lucrativos.

Subir a características.
|
|
A súa población vai en picado, un declive total.

En Galicia moito peor que no resto do estado, peor que en
Asturias e peor que en Cantabria.
A nivel do estado pasamos dos 6.000 salmóns na década dos 60
( 1960-1970) os 1.900 da década dos 90 ( 1990-2000).
As repoboacións que se fan non foron
moi efectivas.
Estamos falando dunha ESPECIE EN PELIGRO DE EXTINCIÓN EN
ESPAÑA, en GALICIA ESTÁ NA UVI.
Ata aquí datos dende 1997 ó
2005. Parece ser que
están cambiando as cousas. Xa regresan, nun 85% en algúns ríos
femias reproductoras que remontan os dous anos a maioría, e nos
meses de marzo e abril. Son sin duda os exemplares máis grandes.
Os machos suben en xullo.
Sobre o inverno ten lugar a posta de ovos e a
fecundación que fai nun 60% o macho que sigue a femia e no resto
machos xóvens. Seica
a variabilidade xenética é moi satisfactoria en Galicia según
estudios realizados recentemente e publicados na Voz de Galicia. En
Galicia os estudios son de Paloma Morán.
Por certo indica Paloma Morán que non se debera
pescar salmón nestes meses de marzo e abril para permitir as femias o
remonte e logo a cría.
Enhoraboa e a seguir así.
Subir a características. |
|
Alimentación:

O salmón aliméntase pouco, xa que nos
ríos cando ven a desovar, apenas come nada, de tódolos xeitos pode comer
de todo: insectos, miocas, peixes, ras, troitas, etc.

Pero, repito, máis ben
mata, cando sube a desovar.
Por suposto no mar aliméntase a fondo
concretamente de krill: crustáceos, pequenos peixes, gambiñas, etc.
Os que suben no mes de abril chámanse
abrileños.
O salmón ten distintos nomes según a súa etapa
da vida.
Subir a características.
|
|
Habitat:
O salmón é moi esixente co habitat
e moi esixente coa auga do río.
Vive nos grandes ríos ata os encoros. Dende logo, si poden, suben
ata os regatos onde naceron. É curioso que en tempos collíanse salmóns
en Villablino, no río Sil, na zona de Ponferrada. Hoxe Fenosa primeiro, e
logo Iberdrola e Endesa, non deixan subir o salmón, que cada día hai menos e que
se queda no río Miño en Frieira, onde, últimamente xa non se ven.

Eu vin salmóns no río Maquiáns (afluente do Avia en
Ribadavia) no ano 1968.
Tempos aqueles.
O progreso (o que se entende en Galicia por
progreso) escoña todo, sobre todo si as cousas se
fan mirando soio o bolsillo... Non hai dereito a que empresas
que facturan millóns de euros, a conta dos ríos galegos, non fagan o imposible
por manter as especies que habitaban neles ...¡¡¡
realmente resulta ata inmoral...e dende logo non cumplen as leis nin
as cumpliron cando fixeron os encoros, que xa existían.!!. De vergoña.
En canto o estado actual ou
habitat do salmón en Galicia, ou sexa o estado das concas actuais,
hai un traballo que aparece no Atlas de los ríos salmoneros de la
Península Ibérica que nos dice como están actualmente
estas concas seguindo o criterio IBMWP que está comentado nesta
misma páxina web e é o que se utiliza actualmente:

Observar que a conca do Miño está sin
determinar, o resto está en boas condicións salvo o tramo do Umia.
O salmón esixe unha calidade da auga bastante
grande dende o PH ata a conductividade, así en Galicia os PH son
máis baixos que no norte, ou sexa máis ácidos que nas concas
orientais.
A conductividade da auga que está en relación
as sales disoltas que contén a auga, sempre en función da natureza
ácida ou básica do sustrato xeolóxico da conca. Esto condiciona de
forma seria a productividade do río.

Así, ver os gráficos, en Galicia
os ríos teñen baixa conductividade e polo tanto son menos
productivos, aparte son máis fácilmente contaminables. Tamén o PH é
menor, máis ácidos como xa está dito.
Variacións neses parámetros anteriores poden
facer que o río non sexa apto para o salmón.
Outro factor a ter en conta na calidade da
auga sempre son as augas residuais urbanas. Normalmente mídese
pola densidade de población por Km2, observar no outro gráfico que
as concas máis pobladas son as nosas con máis de 120 habitantes/km2.
Outro factor é a actividade gandeira que se
mide en cantidade de esterco por hm3 de aportación da conca. Aquí
tamén nos ganan no norte. Esta carga é maior en Asturias e Cantabria
que en Galicia e a communidade vasca. Estos dous factores
levan a unha maior contaminación da auga.
É aceptable no ion amonio valores inferiores 1
mg/l e no DBO5 o valor límite é de 3,5 mg/l.

Outro punto a medir son as concentración
de ion amonio na auga e a demanda de osixeno DBO5
Nota: son consciente de que os datos
anteriores presupoñen uns coñecementos que non teñen moitos rapaces
que utilizan estas fichas pero os gráficos son interesantísimos para
determinadas edades dos rapaces onde si é posible analizalos
partindo simplemente da normalidade. Os demais o realmente
importante é:
Saber que a auga do río
debe cumplir unhas normas e que os salmóns son moi
esixentes. Cuidemos polo tanto esas augas.
Tamén é básica a
temperatura da auga.
Outro parámetro importante é a temperatura.
Pode ser determinante, por eso non se entende esas talas
indiscriminadas de moitos Concellos. A verdade é que os
conñecementos en xeral son nulos. O talar a temperatura aumenta e
pode ser mortal de vecesidade. Hoxe as temperaturas nas concas
salmoeiras mídense en tempo real polo menos nas confederación Miño-sil
e na Cantábrica. O umbral crítico está nos 25ª en algunhas as veces
superase.En Galicia a conca do Miño supera as veces os 21,5º.
Nos días da reproducción a temperatura é básica (ver reproducción) e
a temperatura idónea está sobre os 11º.
Outro factor a ter en conta é a IBMWP xa
comentado.
Inimigos do salmón.
O maior inimigo do salmón é o home,
esto non hai dúbida ningunha. Logo según sexa adulto ou non ten
inimigos varios.
O ovo, o pinto e o esguín teñen
todo tipo de depredadores dende o mismo salmón pasando por todo tipo
de peixes que habitan o río, algúnhas aves como o picapeixa o merlo
rieiro, os cormoráns, as garzas e dende logo moitos mamíferos como a
lontra, o auganeiro os visóns, etc. De adulto ten poucos inimigos
salvo o xa dito o home.

Escada de peixes.
O decir que o home é o inimigo
nº un dos salmón non é por que sí. A historia está para vela e sacar
conclusión, o salmón tiña no século XIX unha gran porcentaxe dos
ríos libres para frezar e reproducirse, hoxe en España nas concas
todas soio dispón dun 32% como totalmente utilizables.
Os datos son que nun total das
32 concas salmoneiras con 28.000 km de río, soio o 32% ou sexa 9000
km están ceibes para o salmón. o resto ou sexa o 68% son trampas
insalvables para o salmón en forma de presas, muiños, azudes e
grandes presas moitas... En moitos ríos hai escadas salmoeiras e
outros artiluxios que sirven para que suba o salmón, pero nas presas
e minicentrais os esguín de salmóns morren a maioría: entre 5
e un 20% en turbinas tipo Kaplan, entre 30 e 70% tipo Francis e un
100% nas tipo Pelton. Un desastre.
Algunas aclaraciones:

Embalse e esquema tipico de
xeneración. No punto 4 en onde están as turbinas. O
salmón que subiu polas escadas como baixa?.
Lóxicamente polas turbinas e ahí é onde morren.
|
 |
 |
 |
| Estas sopn as turbinas Kaplan, nesta a mortandad dos
esquín está entre o 5 e o 20% |
Neste tipo de turbinas, turbinas Francis,
morre entre un 30 a un 70% da fauna. |
Neste tipo de turbinas, as turbinas Pelton,
nos encoros e minicentrais morre o 100% da fauna. |
Sigue sendo o home outro inimigo claro na
contaminación dos ríos. o salmón é moi esixente e si o río non
reune unhas condicións básicas o salmón non entrará na conca.
Así de fácil. Quen contamina os ríos? o home. Está claro...
Subir a características.
|
|
Veses nos meses:

Abril a Agosto. Os de abril chámanse abrileños.
Hoxe sábese que primeiro suben as femias sobre marzo,
abril. Que por certo son as maiores. Logo no mes de xullo suben os
machos. A Galicia hoxe están chegando,
maioritariamente, as femias nun 70%, que regresan prácticamente o mismo
río. Ver de tódolos xeitos
este apartado
cos datos exacto do que se pode ver según os meses.
Subir a características.
|
|
Interés:

Especial. Debera estar protexido e deberan tomarse
medidas "serias" para recuperar o salmón como se está a
facer en Alemania ou Francia. Este último ano en Asturias ( 3.000
millóns para sanear o Nalón e o río Caudal que pasa xa a proba do
mirlo...en Galicia os ríos pasan a proba das minicentrais e encoros...unha aquí
e outra alí e así tódolos días do ano. Unha auténtica desfeita dos
nosos ríos que a Xunta de Galicia e Medio Ambiente permite...
Hai que ter en conta que o
salmón é unha especie clave para medir o cumplimento dos obxetivos
medioambientais da Directiva Marco del Agua (Directiva 2000/60/CE),
que é a máxima disposición europea. A recuperación e
conservación das súas poblacións será o indicador do bon estado
ecolóxico dos ríos propugnados na directiva.
Valor enerxético:
O salmón é un alimento de
primeiro orden: aparte de vitaminas A e D, ten un altísimo contenido
en ácido omega 3. As súas proteinas son especiais.
O salmón de río, o seu
sabor non o esquecerei na miña vida. Transcurría o ano 1970 e
probeino en Crecente, en Pontevedra preto de Arbo, aquel día había
ido de pesca da troita cuns compañeiros do IES de Ribadavia. A hora
de comer tiñamos as troitas que pescamos e un cabrito que habíamos
encargado ó dono do bar. Aquel día o cociñeiro recibira un salmón do
Miño e o dono preguntou si alguén quería unha roda, por exemplo a
romana... Naturalmente probeino. O seu sabor inda me lembro hoxe:
era peixe pero sabía a marisco, sensacional. Despois de esta
experiencia soio decir que o salmón de piscifactoría, inda recoñecendo o seu valor enerxético, non ten nada que ver có anterior.
Subir a características.
|
|
Importancia:

Dende o punto de vista comercial o salmón é o
peixe máis importante de Europa e un dos máis codiciados a nivel
mundial. A súa carne é exquisita xa que se alimenta de gambas,
camaróns, etc.
Podo certificar que o seu sabor é fora de serie, probeino no ano
1969 en Crecente (o salmón era do río Miño) , simplemente unha roda
de salmón á romana. Nono esquecería na miña vida. Por certo non
volvín a probar o salmón. O de piscifactoría non ten nada que ver...

Salmóns do río Miño, Ribadavia 1968. Mario
O salmón comercial non me gusta...non
ten nada que ver có auténtico. É como a troita de río e a de
piscifactoría ( ou como o galo comercial e o criado libre na casa con millo e
berzas,
non ten nada que ver, creo que nos entendemos...)
En Galicia os nosos gobernantes deberan mirar máis por este peixe
e cuidar os nosos ríos e recuperar o salmón, pero con políticas
científicas e non chapuzadas como están a facerse actualmente
(1990-2005).
É inconcebible que a Consellería de Medio
Ambiente esté a recuperar o salmón no Lerez e permita a Fenosa cubrir
de Minicentrais o mismo río...non ten nin pés nin cabeza a
súa política. Hai que ter
en conta que o salmón é unha especie clave para medir o cumplimento
dos obxetivos medioambientais da Directiva Marco del Agua (Directiva
2000/60/CE), que é a máxima disposición europea. A recuperación e
conservación das súas poblacións será o indicador do bon estado
ecolóxico dos ríos propugnados na directiva.
Subir a características. |
|
Reproducción:
De forma esquemática o salmón nace no río
(a femia pon ovos que fecundan os machos e o que se chama freza
do salmón), os ovos dan lugar os alevíns vesiculados (que se
alimentan dunha bolsa de alimentos propia), logo convírtense en
pintos (entre 6 e 12 cms.), que son como troitas pequenas
e finalmente en esquín (que son máis blancos e maiores ata 18
cms.) e que van o mar (aquí prodúcese unha transformación
tamén moi grande na súa vida para adaptarse a un medio
completamente distinto de agua salada) e viven varios anos
para regresar o río onde naceron e volver a comenzar o ciclo de
reproducción coa posta dos ovos e a incubación...

Neste esquema de Manuel Sosa, sacado do libro "Atlas de
los ríos salmoneros de la Península Ibérica", vese perfectamente
o ciclo vital do salmón, dende que se produce a freza no río
onde esta o macho (o da mandíbula sainte e grande ) e a femia,
pasando polos ovos embrionados, os alevíns vesiculados, o pinto,
o esguín e volta o mar, de onde no seu momento volverán o río a
frezar.
Os exemplares de maior tamaño
(que veñen do mar), comenzan a remontar os
ríos no inverno, os máis pequenos en primaveira. Durante o ascenso e
antes da freza o salmón non se alimenta e consume a grasa acumulada no
mar. A freza ten lugar en Otoño, inverno.

Nesta imaxen
vemos unha cabeza de salmón macho nos momentos do
desove, nese momento son moi expresivos as
tonalidades da súa librea e o cambio, que se llama
dimorfismo, da mandíbula inferior.
Hoxe, no ano 2007, sábese que
as femias regresan os dous anos e suben no mes de marzo, abril. Os
machos fano en xullo e a posta fana no inverno, polo menos en
Galicia.

Salmóns desovando. Sempre buscan
leitos de coios e pouca corrente. O ideal regatos que cumplan esas
condicións.
Hoxe non teñen onde facer esta freza, no río Miño o salmón non
pasa de Frieira. Penoso. É probable que algún remonte regatos do baixo
Miño, como o Tea, o Deva, e poida facer a freza, teño as miñas
dúbidas.
Algúns desovan no propio Miño que está continuamente a baixar e
subir, os ovos quedan o descuberto e póñense as botas os paxaros e
outros animais...
Penoso.

A golpes de cola e en fondos pedregosos e arenosos con augas moi
limpas a femia escava unha depresión de 3 metros de longo por 10-15 cms
de profundidade na que deposita de 5.000 a 22.000 ovos entre 5-7 cms que
recubre logo a macho coa fecundación. As veces que fecunda non é o
macho que ven do mar, o forte, as veces os son chamados "vironeiros"
os que cando se descuida o macho forte, fecundan os ovos.

Impresionante imaxen de Paul Nicklen/National
Geographic Colleccion. Nela vense na freza dous machos e unha femia.
Observar o primeiro macho a súa mandíbula e os cores da súa librea.
1Impresionantes!.
Os salmóns a pesares de poñer
moitos ovos, que son grandes e en lugares escollidos a fecundidade é
baixa, de feito calcúlase que fan falla entre 3.000 a 5.000 ovos
para que un salmón retorne adulto o río. Hai algúns datos, por
exemplo en Galicia no Ulla a supervivencia de ovo embrionado a
esguín oscila entre o 0,5 a 3,5%, e a tasa de esguin que saindo o
mar volven oscila entre o 1% e o 2%.

Ovos de salmón perdidos. O salmón femia pon
varias tandas de ovos que o macho vai fecundando. Miles deles
pérdense, como os da fotografía.

Ovos embrionados e algún alevín vesiculado.
Fotografía de Ordoño sacada do Atlas de los ríos
salmoneros de la península Ibérica.
As larvas eclosionan o cabo de
70-200 días, dependendo da temperatura da auga xa que teñen que acumular
unhos grados día determinados (días multiplicados pola temperatura
da auga).

O nacer os pequenos salmóns
traen consigo un saco vitelino do que se alimentan durante 45 días.
Unha vez que perden este saco saen os esguín que xa se alimentas de
pequenos insectos, etc.
Video da BBC:
Videos sensacionais, neste caso os pequenos
salmóns vense cos seus sacos vitelinos en pleno río. Espero que a
BBC non cambie o link o detectar a súa copia. Esta copia está feita
con motivos simplemente de aprendizaxe non con fines lucrativos.

Os xovenes (pintos) permanecen entre 1-5 anos en augas doces e na
primavera descenden cara a mar (esguín), quédanse na zona do litoral un pouco de
tempo e logo vanse hacia augas peláxinas onde viven entre 1 e 6 anos,
para volver finalmente o río onde naceron.

Pequeno esguín.

Pinto. Pequeno salmón.
O lector deste trozo deduzca a odisea que pode ter hoxe un salmón
en Galicia, prácticamente chegará a conclusión de que é unha especie
en extinción, non pode remontar, non pode desovar, si o ciclo é de 10
anos, xa non veñen salmóns a Galicia ¿por qué? xa
desapareceron...o encoro de Frieira leva moitos anos construido e
de ahí non pasan... Outros ríos pásalle o mesmo...hai
intentos de cria e solta, pero non é o mesmo...a política ten que
ser outra...mentras tanto os cartos que veñen de Europa, moitos
deles , gástanse en chorradas (ascensor de Frieira)...
Unha magoa...
Hoxe hai medios para evitar esta desfeita...o que non hai é
vontade para facelo...
------------------------------------------
Ampliación sobre as rutas migratorias do salmón.

Fonte do dibuxo "Atlas de los ríos salmoneros e
la Peninsula Ibérica", o que lle engadín unha flecha dos salmóns a
Galicia, xa que parece que únicamente van os ríos asturianos e
cántabros.
Os salmóns nacen nos ríos e viven no mar durante un tempo para
regresar o mismo río onde nacen. O mecanismo que permite os salmóns
orientarse no mar e retornar exactamente o río onde naceu inda hoxe
non son de todo coñecidos. Este fenómeno que se chama en inglés
homing seica se debe a unha aprendizaxe que fan os
salmóns nos primeiros anos de vida, outros autores falan dun código
xenético especial que teñen os salmóns e que vai guiar os mesmos as
veces máis de 10.000 kms nunha viaxe que os leva ata Islandia,
groenlandia e Labrador en busca de augas con moita comida.

Aquí está unha tabla de salmóns que entran nos ríos da
Peninsula Ibérica en cada unha das concas tendo en conta tres
parámetros, os kg. o peso e o que se chama o winter-inverno no mar,
ou sexa o tempo que pasou no mar.
Na tabla anterior que é unha das moitas que trae o sensacional
libro "Atlas de los ríos salmoneros de la península Ibérica" ten
moitas curiosidades e misterior; en primeiro lugar observar a talla
e o peso dos salmón despois dun ano no mar, pensar en que saen con
esquín cunha lonxitude de 15 cms e uns 40 g. de peso e xa
entran por término medio, en Galicia por exemplo, con 61 ,7 cms e un
peso de 2,32 kg..
O que motiva o regreso é dende logo o impulso sexual uns son
añais (1 sw) e os outros son multiinverno, os que pasan 3 ou 4
invernos no mar poden botar tallas superiores o metros e pesos
de 14 ou máis kg. Nótase que no mar hai comidad dabondo e aparte de
nadar, o que fan e encherse a comer.
Os primeiros en chegar son os máis poderosos e xeralmente aqueles
que pasaron xa tres ou máis anos no mar, xeralmente femias.
A súa vida no
río vela neste apartado.
Video da BBC:
Videos sensacionais, neste caso os salmóns
remontando unha presa e logo desovando de forma incrible. Espero que
a BBC non cambie o link o detectar a súa copia. Esta copia está
feita con motivos simplemente de aprendizaxe non con fines
lucrativos.
 |
|
Este é o ciclo do salmón o remontar os ríos:
|

O salmón entra normalmente nos ríos
galegos e asturianos dende finais de xaneiro
ata os primeiros días de agosto, inda que
tamén en octubro e novembro pódese ver
algún. En marzo ou abril, e inda en maio, os
salmóns dos nosos ríos tenden a permanecer
en pozos de augas profundas onde a corrente
apenas se nota, neste tempo non lle gustan
os rápidos. En canto a temperatura sube
apreciablemente, móvense en busca de augas
osixenadas. Os machos remontantes que
estuveron solamente un ano no mar non miden
máis de 50-65 cm. e o seu peso oscila de 1.5
a 3 kg. As femias botan unha talla mínima de
70-80 cm. e un peso de 4 a 6 kg., sempre por
suposto con máis edade que os machos.
Os de maior tamaño, que son os menos,
soben polos ríos dende febreiro ata
abril. Dende este mes ata xunio chegan os
salmóns mais pequenos, e ata agosto a
última entrada masiva de salmóns, os máis
pequenos, xa que algúns soio pasaron no mar
un ano. A entrada en Galicia é primeiro no
río Miño e logo nos restantes. En Asturias a
entrada de salmóns vai primeiro no río Eo,
sendo o río Cares e o Sella os máis tardíos.
Hacia finais do outono xa se ven subir os
primeros salmóns grandes no río Eo e no río
Narcea.

No mes de abril prodúcese unha das
maiores entradas con salmóns pequenos
chamados abrileños. Tras os abrileños,
chegan os mayucos (nome en Asturias). Dentro
dos ríos o salmón leva unha velocidade
constante na subida, saltando ben os
ostáculos, sobre todo salmones grandes que
saen fora da agua en saltos prodixiosos que
poden superar 2 m. É ben coñecida a
habilidade que poseen para salvar as escadas
e as fervenzas naturais durante o seu
ascenso. Si a profundidade da auga é
grande ó pé das fervenzas e o caudal é moi
abundante, os salmóns superan desniveis
incríbles, nadando contra corriente polo
interior do forte chorro de auga.
Os primeiros suben despacio, pero os de
verán son máis rápidos. Dícese que un salmón
pode alcanzar velocidades de 30 km/h.
Xeralmente véselles reposar en
lugares onde a auga ten escasa corrente ou
existe un pozo con auga profunda. Tamén se
deteñen sobre unha rocha, apoiándose nela
coas súas aletas ventrais. Durante o
ascenso, gran parte das grasas de reserva
son transformadas en enerxía e o resto
vainas utilizar, chegado o outono, para a
formación dos productos sexuais. Ademais a
súa carne vólvese bermella e a súa piel máis
áspera. É curioso que os mismos lugares
sirven ano tras ano como parada ós
salmóns que suben río arriba. A pleamar é
casi sempre aproveitada para a entrada no
río e tamén parece que a choiva incita a que
os salmóns suban. O desove prodúcese dende
decembro ata mediados de xaneiro e
precisamente cada salmón volve a
reproducirse ó mismo río onde naceu. A vida
do salmón pode reconstruirse estudiando os
anelos de crecimiento marcados sobre as
escamas. Os anos de crecemento lento nos
ríos, o desenrolo no mar e a freza, deixan
sobre elas unha huella que pode ser
interpretada sin grande dificultade.
(Ata aquí unha copia
traducida o galego de expertos falando do
salmón nos ríos.
Está sacada deste link) |
|
Subir a características. |
|
|
Protección:

Tende a desaparecer dos ríos. En Galicia non había ningunha
política para conservar este peixe, as poucas iniciativas que había eran
folklóricas ( a semán do salmón na Estrada ou no Eo , comilonas de
políticos) e de cara a galería e nada efectivas.
(Esta ficha comenzouse no ano 1997)
En Galicia o salmón está a desaparecer, non se
fai nada por el, ou o pouco que se fai é de cara as eleccións ou pura
demagoxia, así no río Lérez, fanse experimentos para conseguir máis
salmóns e non se dí nada contra as catro minicentrais que Fenosa ten
previstas e que invalidan ese traballo.
En Frieira fai anos que non sube o salmón e agora
no 2001 fálase de meter un ascensor. Parece un chiste. Realmente foi un
chiste auténtico. Un engaña bobos "ex-cátedra" dixeron, dende logo
hai que ter cara...
Unha auténtica política descabellada e protexendo
únicamente as empresas eléctricas en contra de esta e de outras
especies.
Demencial.
---------------------------------------------------------
ATLAS Y LIBRO
ROJO DE LOS PECES CONTINENTALES DE ESPAÑA. ( Doadrio I.
Ministerio de Medio ambiente y CSIC. Madrid 2001)
Categoria mundial UICN : No catalogada.
Categoría para España : EN A1bd .
En
peligro de extinción nos últimos anos.
Xustificación dos criterios:
básanse no
índice de capturas nos ríos que descenderon de moi brusca,
2.600 anuais entre 1991-1998 a 1000 anuais entre 1997 e 1998.
No mar pasaron de pescar 10.000 toneladas a
2.000. Un desastre.
Figura como vulnerable no "libro rojo de los
Vertebrados de España 1992".
--------------------------------------------------------------------------------------------
As cousas levan cambiando uns anos
e parece que xa van por bon camiño. Esperemos que siga...
Hai que ter en conta que o salmón é
unha especie clave para medir o cumplimento dos obxetivos
medioambientais da Directiva Marco del Agua (Directiva 2000/60/CE), que
é a máxima disposición europea. A recuperación e conservación das
súas poblacións será o indicador do bon estado ecolóxico dos ríos
propugnados na directiva.
Subir a características.
|
|
Curiosidades:

O salmón é o rei dos ríos galegos,
un curioso rei:
.- É un peixe emblemático, loitador, astuto. Era o rei
dos peixes de río e digo era...por algo. Non é fácil
de pescar. Os grandes encoros e a contaminación están a rematar con esta especie en
Galicia. Mentras en Francia e Alemania tiran presas si fai falta para
manteñer o salmón, en Galicia cada día facemos unha minicentral e
unha presa máis. Ríos vírxes de encoros como o Umia, nos que se podría
recuperar o salmón, pois veña unha gran central, dicen que para paliar as enchentas, mentira
tras mentira, o encoro é para producir electricidade, as enchentas Deus
colla confesados os compañeiros galegos de Caldas de Reis, serán moito
peores...si non arreglan doutro xeito o tema.
A verdade é que os nosos gobernantes,
polo menos dende 1997-2005 non teñen perdón,
pasarán a historia como os "Depredadores do
medio ambiente", si a cousa non cambia radicalmente...
O malo é que a
xente esquece estas cousas ou non está enterada ou dalle igual... Non loita pola
natureza...unha magoa.
.-O salmón nace no río, vive no mar e volve o río a desovar. É
o que se chama un ser anádromo.
.-Pode salvar alturas superiores os tres metros e
lonxitudes de 5m. .-A
súa carne é rosada xa que no mar come moitisimo crustáceo, gambas,
etc.
.-A existencia de salmón nun
río denota que as augas están limpas e en condicións.
.-É un bocado exquisito e non ten nada que ver co
salmón de piscifactoría. (Certificado polo que escribe que o tomou
no pobo de crecente, o salmón era do Miño. Xa choveu)
.-A súa pesca con cana dicen que é incrible, Hai
compañeiros que o certifican.
.-Pode alcanzar distancias no desove incribles,
máis de douscentos kms. si o deixaran. Nos libros está que desovaban
algún por riba de Ponferrada no Sil, entrando por suposto por
Camiña. .-En Galicia
fálase dun salmón pescado no río Miño de 26 kg.
.-Analizando unha escama de salmón pode saberse
toda a súa vida dende os anos que botou no río o nacer, os anos que
botou no mar, etc. Todo.
Subir a características.
|
|
O salmón e Francisco Franco:

Efectivamente é unha curiosidade para
os que temos unha edade determinada.
Para esa xente, na que estou, eu recollín,
recentemente, da Voz de Galicia unha artigo moi curioso sobre os
salmóns que pescaba Franco.
Por
certo dicen que non era una gran pescador, pero dende logo pescaba.
O único amaño era que vedaban o río ( Ulla, Eume ou Mandeo) quince
días antes. Ademáis iba pescar cun experto que lle decía onde estaban
os salmóns. A verdade é que tiña moita información, demasiada...
Algún dirá..así calquera...efectivamente, dicen que así tamén llos puñan a
Felipe II e pescaba...pero bueno... Curiosa historia.
Subir a características.
|
|
Problemas do salmón en Galicia:

Reproduzco exactamente un artículo
sobre este tema de WWWF/Adena, interesantísimo:
"Cuando en los ríos españoles vivimos la temporada con el mayor número de capturas de los últimos años, un informe presentado
en Madrid por WWF/Adena nos recuerda que el salmón ha desaparecido de 309 ríos en este siglo, y que el 90% de las
poblaciones en buen estado se concentra en tan solo cuatro países.
El informe titulado "Estado del salmón atlántico silvestre, una evaluación por ríos", explica que de los 2.005 ríos que históricamente
acogían a la especie en ambas orillas del Atlántico, los peces silvestres han desaparecido en Alemania, Suiza, Holanda, Bélgica, la
Republica Checa y Eslovaquia.
La especie se encuentra al borde de la extinción en Estonia, Portugal, Polonia, Estados Unidos y algunas zonas de Canadá. Cerca
del 90% de las poblaciones sanas conocidas se concentran en tan solo cuatro países: Noruega, Irlanda, Islandia y Escocia. En el
resto del área de distribución, el 85% de las poblaciones se encuentra en las categorías de vulnerable, amenazada o critica.
De acuerdo con el equipo redactor del informe, dirigido por Henning Roed de WWF/Noruega,
las cinco amenazas principales
para estas poblaciones son: sobrepesca, que reduce las poblaciones por debajo del nivel crítico;
presas y otros obstáculos construidos por el hombre que impiden las migraciones de los salmones;
proyectos de ingeniería fluvial que degradan el biotopo y
alteran los procesos ecológicos naturales; contaminación de la industria y la
agricultura; y acuicultura de salmón, que tiene como
efecto la erosión del patrimonio genético de la especie por cruzamiento con los especimenes escapados de las piscifactorías que diseminan también enfermedades.
La captura comercial en el mar y el impacto de los salmones procedente de la cría industrial en las poblaciones silvestres son
algunos de los asuntos que se discutirán por los países miembros de NASCO. Bill Taylor, Presidente de ASF, dijo: "El problema
de las pesquerías marítimas es la imposibilidad de gestionarlas, ya que las redes no discriminan y, por tanto, matan tanto a
salmones de los ríos con poblaciones amenazadas como aquellos otros procedentes de poblaciones florecientes. Resulta imprescindible terminar con la pesca marítima del salmón atlántico".
El estudio advierte que si no se aplican medidas preventivas fuertes, continuará la ya catastrófica disminución de las capturas de
salmones silvestres. Los investigadores hallaron que las capturas de salmón en todo el Atlántico Norte cayeron mas del 80% entre
1970 y el fin del siglo XX, y se encuentran actualmente en el nivel mas bajo conocido en la historia. Los salmones silvestres han
resultado completamente eliminados de la mayor parte de su área de distribución original y se encuentran pendientes de un hilo en
otras muchas zonas.
César Rodríguez Ruiz, de AEMS-Ríos con Vida y asesor científico de WWF/Adena, resumió la situación en nuestro país en
cuatro ideas fundamentales: "El retroceso del salmón en España durante los últimos 30 años resulta alarmante y viene despertando
una creciente preocupación social; no será posible salvar nuestras poblaciones si siguen gestionándose exclusivamente para su
captura, ha de ponerse en practica una gestión para su conservación".
Basándose en este informe WWF/Adena y la Atlantic Salmon Federation (ASF) instarán a los países participantes en la
Conferencia de la NASCO, que tendrá lugar en Galicia entre los días 4 y 8 de junio, a que den pasos vitales para asegurar la
supervivencia del salmón, incluyendo una moratoria de ciertos tipos de pesquerías y mejor gestión de cuencas."
Subir a características.
|
|
O salmón no río Miño:

Ver máis abaixo as estadísticas dos
últimos anos de pesca do salmón en Galicia. ( De 10.000 salmóns en
1920 pasouse a 20 en 1998 e hoxe no 2000 non se levan pescado nin 5
salmóns. No 2001, 161 salmóns se pescaron en todo o ano. Penoso.
Para chorar...E para pedir
responsabilidades...¿ Quen son os culpables ?. Eu dende logo teño moi
claro quen non fixo nada por eles.

Estas fotografías eran habituais en
todo o río Miño. Neste caso son de Ribadavia do ano 1968 e
na fotografía está Mario con tres salmóns delgados pero
grandes e típicos. Estos salmóns nese ano 1968 subian polo
río Avia. Eu persoalmente cheguei a ver un salmón no río
Maquiás, un regatiño que desemboca no Avia na Veronza en
Ribadavia. Ho xe rematouse con esta riqueza dunha forma
lamentable.
O encoro de Frieira no río Miño, que
nunca se debeu facer, rematou con esta riqueza, tamén coa
anguía e está a rematar coas lampreas.
Ver
unha fotografía do Salmón do Miño.
Ver outras fotografías xa
históricas
dos salmóns do río Miño.
Subir a características.
|
|
Ver a
estadística dos últimos anos en Galicia:
Datos de
Salmóns guiados:
|
Río |
75 |
76 |
77 |
78 |
79 |
80 |
81 |
82 |
83 |
84 |
85 |
|
EO |
610 |
612 |
308 |
750 |
502 |
1215 |
180 |
187 |
489 |
343 |
286 |
|
MASMA |
122 |
127 |
44 |
44 |
54 |
70 |
27 |
19 |
12 |
35 |
41 |
|
ORO |
5 |
5 |
14 |
16 |
7 |
20 |
9 |
9 |
3 |
4 |
1 |
|
LANDRO |
6 |
5 |
14 |
12 |
10 |
32 |
7 |
2 |
10 |
15 |
12 |
|
SOR |
0 |
6 |
3 |
3 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
6 |
2 |
|
MANDEO |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
TAMBRE |
2 |
0 |
1 |
0 |
1 |
2 |
10 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
ULLA |
105 |
263 |
88 |
296 |
24 |
543 |
256 |
104 |
104 |
180 |
175 |
|
UMIA |
1 |
1 |
0 |
1 |
0 |
1 |
1 |
0 |
0 |
0 |
3 |
|
LEREZ |
78 |
81 |
23 |
52 |
3 |
39 |
16 |
3 |
0 |
11 |
3 |
|
VERDUGO |
5 |
5 |
0 |
0 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
3 |
0 |
|
MIÑO |
301 |
296 |
74 |
329 |
30 |
142 |
113 |
43 |
36 |
106 |
57 |
|
OTROS |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
TOTALES |
1235 |
1403 |
569 |
1503 |
638 |
2067 |
619 |
367 |
654 |
703 |
580 |
Continuación:
|
Río |
86 |
87 |
88 |
89 |
90 |
91 |
92 |
93 |
94 |
95 |
96 |
97 |
98 |
|
EO |
702 |
300 |
183 |
24 |
8 |
94 |
40 |
27 |
16 |
20 |
26 |
16 |
12 |
|
MASMA |
105 |
48 |
40 |
28 |
25 |
84 |
32 |
24 |
22 |
5 |
14 |
3 |
2 |
|
ORO |
8 |
14 |
1 |
0 |
0 |
0 |
3 |
0 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
LANDRO |
18 |
22 |
1 |
0 |
0 |
0 |
3 |
12 |
7 |
0 |
1 |
0 |
2 |
|
SOR |
0 |
1 |
1 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
MANDEO |
33 |
14 |
15 |
0 |
15 |
11 |
9 |
2 |
12 |
0 |
3 |
3 |
4. |
|
TAMBRE |
11 |
5 |
4 |
0 |
1 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
ULLA |
256 |
56 |
62 |
13 |
13 |
33 |
21 |
1 |
4 |
1 |
2 |
1 |
0 |
|
UMIA |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
LEREZ |
6 |
2 |
6 |
2 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
VERDUGO |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
MIÑO |
105 |
22 |
62 |
20 |
57 |
29 |
38 |
3 |
17 |
12 |
19 |
8 |
0 |
|
OTROS |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
3 |
1 |
4 |
0 |
0 |
0 |
0 |
0 |
|
TOTALES |
1246 |
485 |
375 |
87 |
121 |
254 |
147 |
73 |
80 |
38 |
65 |
31 |
20 |
| Años |
nº Salmóns |
Río Miño |
| 1998 |
20 |
0 |
| 1999 |
61 |
1 |
| 2000 |
58 |
1 |
| 2001 |
161 |
1 |
| 2002 |
77 |
0 |
| 2003 |
164 |
2 |
| 2004 |
171 |
5 |
| 2005 |
302 |
3 |
| 2006 |
343 |
17 |
| 2007 |
283 |
15 |
Datos oficiais de Salmóns dende 1949:


------------------------------------

Dos anos gloriosos da pesca do salmón que
reflexan as tablas e a fotografía (Ximonde 1955)
pasamos a un auténtico desastre.
De 2067 salmóns guiados
no ano 1980 , pasamos a 164 no 2003 por poñer un exemplo.

1º salmón do Eo na tempoada 2005. 4,8 kg de peso e foi
pescado a miñoca.
¿Qué pasa en Galicia que
o salmón está de capa caida e cada vez peor?.

Salmón collido no río Masma, botou 9 kg.
Destos salmóns collíanse moitos nos ríos
galegos. Hoxe están a pasar a historia
da pesca en Galicia. |
Moitas son as causas de que o
salmón en Galicia vaia totalmente para baixo, pero para
mín en particular coincido cun artigo da revista Danica
(ano 1999) no seu análisis. Cada vez hai menos tramos de
ríos para subir o salmón a desovar, faltan escadas
salmoeiras nas presas principais: Miño, Ulla, Tambre,
etc.
As empresas
hidroeléctricas, sobre todo Fenosa, foron e siguen sendo
un auténtico desastre para o salmón en Galicia.
Non houbo vou política cós ríos
galegos nestos últimos anos, moitas cousas para a
galería e poucos resultados.
Ver o artigo citado. |
Últimas estadísticas
2006.

Capturas de Salmón en Galicia.
Estadísticas 2007.
| Río |
Nº de
capturas |
| Eo |
194 |
| Masma |
17 |
| Mandeo |
5 |
| Ulla |
40 |
| Lérez |
12 |
| Miño |
15 |
| Total |
283 |
Datos sacados de este link.
Vadeando.com,
ALGUNAS
ESTADÍSTICAS DEL SALMÓN EN GALICIA

PRESENCIA DEL SALMÓN
ACTUAL EN GALICIA. AÑO 2011

EVOLUCIÓN DE CAPTURAS EN
GALICIA 1980-2011
|
A pesca
de Salmón en Asturias desde 1998 a 2006.Salmóns
guiados:
| RÍO |
1.998 |
1.999 |
2.000 |
2.001 |
2.002 |
2.003 |
2.004 |
2.005 |
2.006 |
2007 |
| NARCEA |
360 |
394 |
642 |
1.144 |
604 |
219 |
441 |
823 |
704 |
634 |
| SELLA |
259 |
447 |
440 |
753 |
563 |
628 |
803 |
1100 |
455 |
610 |
| CARES |
174 |
183 |
413 |
549 |
320 |
331 |
366 |
410 |
393 |
345 |
| ESVA |
66 |
63 |
102 |
197 |
115 |
31 |
51 |
75 |
172 |
115 |
| EO |
12 |
54 |
43 |
135 |
129 |
62 |
65 |
236 |
234 |
194 |
| NALÓN |
- |
- |
- |
- |
- |
54 |
20 |
78 |
122 |
23 |
| NAVIA |
1 |
- |
1 |
1 |
5 |
1 |
1 |
7 |
11 |
15 |
| PORCÍA |
4 |
1 |
18 |
VEDADO |
VEDADO |
VEDADO |
4 |
10 |
|
-- |
| TOTAL |
867 |
1.142 |
1.659 |
2.788 |
1.736 |
1.326 |
1.786 |
2.748 |
2.695 |
1.936 |
Observar o crecemento desta pesca, nos últimos
anos. Parece que a política seguida en Asturias deu resultado.
|
 |
Na fotografía salmón collido
no Narcea no 2002, botou
13,4 kg.
O aumento de capturas en
Asturias está sendo espectacular dende 1998.
É certo que Asturias ten
menos ríos salmoneiros e menos presas eléctricas que
Galicia.
O primeiro argumento é
unha tontería, pero a menos ríos salmoneiros pódese centrar
máis o traballo recuperación, e o das presas é básico.
De tódolos xeitos
enhoraboa Asturias. ¡Envexa sana!
|
Salmón pescado polo
meu amigo Hilario nos ríos asturianos no ano 2006. ¡Enhoraboa!.
Subir a características.
|
|
A investigación
sobre o Salmón en Galicia

Salmón macho.
Dende fai uns anos (seis anos últimos)
están a facerse en Galicia investigacións sobre a xenética do
salmóns e ademais repoboando os ríos sempre de acordo a estas
investigacións.
Seica si se evita que os salmóns sexan da misma
familia ó cruzalos mellórase moitísimo a calidade do
salmón en canto a resistencia as enfermedades e outras cousas.
Ver este link.
Recentemente vín un programa adicado o
centro de Lourizán onde a Xunta ten un grupo de investigación
dedicado a conseguir salmóns en determinadas condicións para
repoboar distintos ríos de Galicia como o Lerez, Ulla, Tambre, etc.
Na reportaxe que vín na TVGA vín moitísima
profesionalidade e penso que as cousas estanse a facer con bons
resultados.

Ver tamén este link
Resultan básicas varias investigacións sobre o
salmón polo que hai que aunar esforzos e estudios sobre os
mismos: fixar de forma científica os salmóns que se poden
autorizar a pesca en cada conca o chamado TAC sin poñer en
peligro a población. Fixar tamén o obxetivo de reproducción por
cada conca e finalmente a mellora xeral do habitat do salmón.
O reto é enorme e xente en Galicia hai
preparada para elo, pero a Administración estará interesada no
tema?, Chegaremos a tempo de salvar o salmón atlántico?
Dende logo nestos anos estanse facendo
moitas cousas.
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Recentemente físoxe esta investigación:
-------------------------------------------------------------------------------------------------
Teño constancia dos seguintes traballos
nestos ríos da conca salmoeira galega nestos anos:
Río Tea:
Con bos resultados estase a
repoboar. Estes traballos están axudando o río Miño
augas arriba da desembocadura do río Tea.
Río Verdugo:
Estudios de poblacións de xuvenís
de salmóns.
Río Lérez:
O que se fixo no Lérez
últimamente é o acondicionamente tanto da presa
de Bora como a de Monteporreiro, casi no límite
das mareas. Así pasouse de 3 kms a 20 Kms e
ademais repobouse a zona con salmóns autóctonos.
En Bora púsoxe unha
estación de captura e estase a comprobar que
dende 1997 a tendencia é crecente, con máis de
100 salmóns controlados nestes anos. A
proporción de salmóns repoboados é de 60%, e as
súas características foron o principio unha
sobreabundancia de añales, para pasar
actualmente a salmóns de dous invernos no mar.
As repoboación son
constantes, neste ano en novembro foron 15.000
alevíns
Os traballos de repoboación
de salmón no Lérez comezaron nos anos 90 do
pasado século, realizándose melloras na
accesibilidade, labores de redución da
mortalidade e repoboacións propiamente ditas.
Entre 1997 e 2009 soltáronse un total de 850.000
xuvenís de salmón neste río. Todos marcados,
para facer unha valoración do proceso e calcular
a taxa de recaptura.
Transladáronse desde a
estación de Bora á piscifactoría de Carballedo
160 adultos de salmón (95 femias e 65 machos),
recapturándose ata o de agora algo máis de 300
exemplares. A taxa de recaptura varía entre 1 e
2 adultos recapturados por cada 1.000 xuvenís
soltados.
Río Umia:
Estudios de poblacións de xuvenís
de salmóns.
Río Ulla:
A posta en funcionamente
da estación ictiolóxica de Ximonde no ano 1993
permite coñecer a evolución da población nos
últimos anos. Coa entrada en funcionamente dunha
nova escada en Couso, augas abaixo de Ximonde,
triplicáronse o numero de salmóns capturados na
estación. Dedúcese que si ben a presa de Couso
non representaba un obstáculo insalvable, si
impedía o retraso de moitos salmóns.
Seica esta mellora da
accesibilidade non foi ben acollida polos
pescadores, xa que parece afectuo drásticamente
as capturas do que ata entón era o mellor couto
de salmón do Ulla. Pero a medio e longo 'plaza a
medida, creen os entendidos, será positiva.
Río Tambre:
Gracias a poñer en
funcionamente un capturadero o pé da presa
Barrie de la Maza, sabemos que no Tambre suben
os salmóns por exemplo máis 60 no 2005.. Do
análisis xenético destes salmóns sábese que
proceden do río Ulla, feito confirmado pola
lectura das micromarcas
Grande do Porto:
Estudio sobre poboacións
de xuvenís.
Mandeo:
Estudio sobre poboación de
xuvenis.
Mera:
Estudio sobre poboación de
xuvenís.
Sor:
Estudio sobre poboación de
xuvenís.
Landro:
Estudio sobre poboación de
xuvenis.
É un río salmoeiro
de moderada capacidade potencial.
Históricamente nunca deu moitos salmóns:
32 en 1980. Seguramente como
consecuencia dun obstáculo no curso
baixo con máis de 8 m. de altura, o
chamado Salto do Can, cuia escada de
peixes nunca debeu ser operativa
quedando os salmóns moi expostos na
parte baixa do río. Hoxe está arranxado
este paso para que poidan subir.
Estudio sobre
poboación de xuvenís.
A partir do
ano 2000 e a raíz de facer escadas
que superaron o tramo final parece
que hai indicios de xuvenís.
A especie está
vedada dende 1996, a espera de que
os índices de poblacións sexan de
niveis aceptables.
Masma:
Estudio sobre poboación
de xuvenís.
Eo:
Estudios sobre poboación
de xuvenis.
Subir a características. |