Angulas

 salir.jpg (922 bytes) Saír.        

As angulas son crías de anguías que teóricamente chegan tódolos anos, dende o Mar dos Sargazos a Europa e Africa. Desplázanse de noite e agrúpanse nas desembocaduras dos ríos que dan o Atlántico.

Pero cada vez hai menos, os ríos están cada día máis contaminados e inda por riba non cumplen o ciclo xa que non poden facer o remonte polos encoros. Ver uns datos  sobre a angula no río Miño.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.

 

 

 

 

 

 

 

O DESOVE DA ANGUÍA:

Foi o biólogo danés Johannes Schmidt a principios do século XX (despois de vinte anos, en 1922 chegou a estas conclusións sobre a anguía)  o que estudou a fondo o desove das anguías.

A cousa non era tan doada toda vez que este desove prodúcese no Mar dos Sargazos, nada menos.

Dende alí e máis ou menos en tres anos chegan os leptócefalos (punto 1 no dibuxo)  que así se chaman as pequenas larvas que se deixan arrastrar polas correntes do golfo, ata España e por suposto o resto de Europa e Africa. O entrar nos ríos chámanse angulas e xa miden sobre 7 cms e xa cambiaron moito, xa que pasaron de planas a cilíndricas, perderon os dentes e teñen unha sangue bermella en vez de incolora. Todo un cambio (pasos 2 e 3 do dibuxo).

As angulas comenzan a subir polos ríos e sufren outros cambios ata chegar a ser anguías. Normalmente as que suben convirtense en femias, mentras que os machos esperan que estas regresen para desplazarse o Mar dos Sargazos e volver a comenzar o ciclo (punto 5 do dibuxo).

Este peixe é un migrador incríble, entre o otoño e o inverno as anguias adultas abandonan o río, nas noites que non hai lúa,  " si poden e non morren nas hélices das turbinas dos encoros" e cunha velocidade aproximada de 30 Km o día chegan o mar e dentro do mar finalmente  o mar dos Sargazos ( no océano Atlántico centrooccidental) zona onde se reproducen.  Creese que cada femia pon, en augas relativamente quentes e ata 1000 metros de profundidade,  de 1 a 5 millóns de ovos de 1 a 3 mm de diametro. Despois os adultos morren e as larvas de 4- 5 mm comenzan a migrar gradualmente cara oriente, axudadas pola corriente do golfo primeiro, e logo pola corriente nor-atlántica,  para chegar as costas africanas e europeas 2 o 3 anos despois. 

Fotografía da pesca do meixón (angula) no río Miño. Foto sacada da TVG.

Nesto momento son as "angulas", chamadas meixóns en galego,  delgadas de unhos 50 mm de lonxitude. As angulas desplázanse sobre todo de moite e agrúpanse nas desembocaduras dos ríos e logo en novembro-decembro inician o remonte, máis tarde xa nun segundo inverno as angulas transformanse en anguías, sempre que logren pasar os encoros, minicentrais, etc. que dende logo nono consiguen.

Aspecto que teñen as angulas.

Os 4-10 anos transformanse en anguías adultas e volta a empezar o ciclo da vida.

Normalmente as anguías que suben transformanse en femias e os machos quedan nas desembocaduras dos ríos.

Este é un pequeno resumo do crecemento da anguía en función dos meses. O dibuxo está sacado dun caderno de campo de Félix R. de la Fuente.

Este mapa é un esquema tamén sacado do libro anterior onde se ve que nacen no Mar dos Sargazos, non moi lonxe do Caribe e en 36 meses chegan a Galicia. Desgraciadamente non somos capaces de deixarlle facer este ciclo. A anguía dentro duns anos estárá únicamente nos libros.

Toda unha historia.

----0----

O que sigue está sacada do diario A Voz de Galicia do día 16/01/2005:

 

José Alvárez Gayoso un dos últimos pescadores de angulas do río Miño. José é da Parroquia de Amorín, preto de Tui

Este pescador fala de medio siglo indo a pesca da angula, o río Miño era un auténtico maná.

"Antes vivíamos no río, collíanse lubinas de ata 5 kg, e ata 8 ou 9 kg de angulas nunha noite"

"Hoxe hai noites de coller un kilo, pero moitas de coller 50 gr. e as veces nin a primeira"

"A escasez da angula é a existencia de encoros que cortan o ciclo reproductor, impidindo que o animal logre remontar o río para desovar"

O feito é que hoxe apenas hai angula e a pouca que hai xa se cotiza a 1000 € o kg. Por certo no 2007 xa están a 1300 € o kg.

O paso que vamos no río Miño entre os encoros e a contaminación a angula está desaparecendo.

Por suposto canto máis escasea, máis perseguida y máis cara. Franceses e chinos son os principais clientes.

Datos engadidos en marzo do 2008:

O titular é claro "La angula del Miño llega a su ocaso tras diez de lenta agonía", domingo 23 de marzo do 2008. A Voz de Galicia.

En resumen non hai angula, a pouca que hai non sube, a desembocadura do río Miño apenas ten un metro de profundidade (fai uns anos tiñan 5 metros e as especies migratorias entraban no río, hoxe cada vez entran menos) hai que dragala, pero o peor é que se pesca ilegalmente, por exemplo coa "captura con tela" que está prohibida en España polo regulamento de pesca e que se está a estudiar a supresión tamén en Portugal.

En fin: as malas condicións do río Miño, tamén dos mares,  a pesca ilegal tanto de angula como de anguía, o baixón dos exemplares, a subida galopante de precios (que se multiplicaron por 2000 coa entrada nipona no mercado da angula. A Angula chegou a pagarse entre 400 € e 650€ o kg.  fai tres anos) e un longo etc.,  fan que hoxe a angula esté na UVI.

Os datos tenden a cero: hoxe soio o 20% das embarcacións (sobre 220 galegas e outras tantas lusas)  que se dedicaban a esta pesca actuan. A media en seis días de traballo está situada entre un e tres kg. por embarcación neses días. Xa se fala de para biolóxicos, dragados e demais. Realmente non haberá outro remedio si queremos salvar a esta especie...

O Concello de Tui que fai uns anos organizaba a festa da angula hoxe xa cambiou a festa da angula pola festa da anguía, pero xa está pensando que a festa será da Gula. Así están as cousas.

Outras curiosidades:

A angula estuvo este nadal a 1300 € o kg. nun mercado de Bilbao.

A fotografía seica é de Alfredo Aldai.

 

Ampliación 2009.

As angulas baixaron de precio este ano a pesar de que cada vez hai menos, e cantidade de problemas que van aparecendo. Sobre 600 €.

Ver este link da Voz de Galicia que fala do precio da angula no ano 2009.

Hai grandes problemas por exemplo no río Miño, resumindo un pouco: a contaminación por suposto, pero o maior problema é o encoro de Frieira que fai anos influe sobre o caudal do Miño e non limpa como fgai anos; a acumulación de lodos da desembocadura están a convertir ese tramo nun lago e polo tanto as angulas non suben como debera. Vaise cara a extinción.

Ver este link de xaneiro do 2009. Se habla del dragado de la barra entre outras cousas.

Volver.