Este era o gran mamífero dos
montes de Galicia.Un mamífero tímido, un mamífero
marabilloso. Unha magoa non poder telo sempre
en
Galicia. Preséntase esporádicamente na serra dos
Ancares, no Courel e montes aledaños, na área Rao-Navia de Suarna, Brexo, Lamas de
Campo-A Allonca, Casaio, A Veiga pero xa non é galego, é asturiano.
No 2020 vese no Invernadeiro en Ourense; unha
gran noticia. Neste ano tamén anduvo por A Veiga, hai señais xa que
comeu algunhas colmeas de mel, concretamente en Prada, a carón da
desaparecida Alberguería.
Últimos avistamentos: dende o ano
2006 visitou Robledo en Rubiá (Ourense), tamén Froxán no Courel; hai
pegadas nos Ancares, no couto da Labrada no río Lor e no invernadeiro;
en abril
de 2020 grábase un oso no Invernadeiro en Ourense, unha gran noticia. Ver tamén
unha investigación que se está a facer no oriente de Ourense. No 2021
hai boas noticias en Galicia, sobre todo no Courel e Valdeorras. Tamén
no 2022.
En Alemán: braünbar . En
Francés: Ours brun. En inglés:
brown bear. En eusk.:
artz
arrea. En catalán: Os bru. En
portugués oso
Fotografía do oso que aparece na EGU
(Enciclopedia Galega Universal)
Oso
(del lat. ursus), el gran señor de los
bosques, esta especie está cargada de mitología y expresa la
fortaleza de la especie. Aparece en muchos escudos de ciudades
españolas (por ejemplo Madrid). La palabra oso viene del latín y ha
variado bastante poco a pesar del tiempo transcurrido.
Javier Zabala, hablando del oso dice: " .....
De lo poco que se recuerda es que los antiguos vascos, o por lo
menos los suletinos, parece ser que se tenía así mismos por
descendientes de los osos. Estos, colocaban una garra de oso en la
puerta de casa para protegerla de las desgracias y los malos
espíritus (Aihartza 1993). La utilización de garras de oso como
profiláctico no es extraña, pues el uso de defensas de animales como
defensa simbólica es un hecho conocido, como por ejemplo las cuernas
de ciervo en antiguas murallas, o los colmillos de jabalí como
amuleto (Barandiarán 1072-1981). Respecto a considerarse
descendientes del oso, es cosa nada anómala ni en Europa ni en el
mundo, pues son muchos los pueblos que cuentan al oso como su
antepasado, desde gran parte de los Indios de Norte América (Wood
1990), a varios pueblos de Rusia, pasando por los arcadios. Quienes,
antes de que su Arcadia fuese la legendaria tierra de la felicidad,
creían descender del oso (la raíz arc- como arctos oso en griego o
art en gaélico), igual que los mirmidones descendían de las
hormigas, ...."
Enorme...pode medir 2,2 metros e
pesar ata 200 kg. O normal é entre 170 a 250 cm. de lonxitude.
A altura en cruz é de 90 a 110 cm.
E o peso máis normal entre 90 e 150 kg. O peso
medio está en 117 kg. os machos e 93 kg. as femias.
Pode vivir ata 25 anos.
As garras do oso son impresionantes. A
verdade é que o oso pola súa corpulencia e polas súa posible defensa
non tiña máis inimigos que o home e as súas limitacións.
Poden medir entre 95 a 105 mm. O andar
apoian todo o pé, as uñas non son retráctiles.
Nota: hai reseñas de osos de ata 350 kg.
Concretamente unha de 1.848 que o cazalo botou estos kg.
De tódolos xeitos os osos de España teñen as
patas máis oscuras que o resto do corpo, dícese que "teñen os
guantes e os calcetíns casi negros" unha forma moi gráfica de
describir os nosos osos.
Na fotografía poden verse perfectamente os
guantes e os calcetíns negros...
A cara é pardo-amarela, con flancos grises e
cuartos traseiros pardo-oscuros.
Os osos pequenos chámanse en Asturias
"Esbardos"
ou "escañetos", e normalmente presentan como un colar
moi claro que vai desaparecendo coa edade.
Por certo en Galicia, polo menos
pola zona de Cervantes os osos pequenos chámanlles orgaños.
Son Plantígrados, pódense erguer en
dúas patas. A súa velocidade máxima é de 50 km/h.
O seu corpo é de cor variable, dende
castaños ata negro.
Dicen que ten mala vista, pero oído e olfato
son fora de serie.
Os ollos son pequenos, esto chama bastante a
atención, as orellas son cortas e redondas. O que está claro é que ten un
nariz grande, uns poderosos colmillos e ademais é moi corpulento.
Pode vivir ata 20-25 anos en libertade,
ata 40 en cautividade.
Poden recorrer
nunha noite ata 100 km.
Estoume referindo o oso macho xa que a osa precisa menos territorio,
con catro km2 ten dabondo.
Son
solitarios e difíciles de ver. Menos mal...
Dicen que ten unha gran memoria, é capaz de recordar
onde foi tiroteado, onde hai abondosa comida e un longo etc.
Preferentemente gústanlle todo tipo de froitos
frescos e carnosos como poden ser as moras,
bellotas, en especial
as castañas, os arándanos e o madroño.
Os arándanos gústanlle
moito.
Tamén o madroño.
Gustábanlle, na edade media, os salmóns dos ríos galegos, seica
se puña as botas en tódala cunca do Sil e do Miño, incluso na Veiga
en Ourense, ou en Chandrexa. Pero repito , eso era na edade media. Logo
o home inventou as armas de fogo, os encoros, as minicentrais, a
contaminación , a degradación da capa de ozono, os insecticidas, os
puríns, a merda...e xa non comeron nunca máis salmóns , polo
menos en Galicia. Eso sí, lévano grabado no seu código xenético,
unha carne rosa, exquisita, cun sabor a marisco incríble, e moita
abundancia...eran tempos...
Tamén lle gusta o mel, por eso é temido por
algunhos apicultores non galegos...
Alvariza (descoñezo o autor da fotografía).
Na fotografía vese unha alvariza, que é un recinto para protexer
as colmenas do tempo e dos osos, en Galicia fanse en terreos encostados
que dan o nacente ou ben o mediodía para obte-lo máximo soleamento.
Hai moitos tipos o normal é que teñan entre 2 a 3 metros de altura.
No courel hai moitas alvarizas o que proba que
en tempos o oso foi abondoso, hoxe é unha pena. Na fotografía vense
perfectamente dúas, seica é de Súdrios.
A fotografía está sacada
deste link, onde se protesta polas desfeitas que se
están a producir no Courel, e así non vamos a ningún
lado.
Alvariza preto da serra do
Candán, no centro de Galicia, onde seguramente en tempos
tamén había osos.
Os osos tamén comen, si se da o caso, carroñas de
mamíferos.
Pero, sin lugar a dúbidas, o oso chámaselle
"carnívoro
arrepentido" por algo especial. O seu son os froitos...
O oso non ten moas carniceiras. A súa dentadura
está adaptada a comer un pouco de todo.
Vive (de momento) en Asturias, Cantabria e no Pirineo, menos mal.
Algúns morren no intento de pase a
Galicia, así o 29 de octubro do 2008 un camión matou un oso na A6 en
Trabaledo (León), trátase do 1º caso documentado de morte por atropelo.
Tratábase dun macho xovén. A verdade é que estas cousas nondeberan ocurrir. As conexións entre comarcas deberan
ser naturais.
O seu habitat é en zonas fragosas de carballos,
capudres , abelairas, freixos, faias e bidueiros. O ideal son sobre
1.000 a 1.400 metros onde o home o moleste pouco.
Os expertos dicen que
a súa población non supera os 80 ou 90 exemplares na Cordillera
Cantábrica. Nos Pirineos hai 8 osos actualmente, que se moven dun lado
para outro da fronteira entre Navarra e Lérida.
A gran ilusión sería unir as duas zonas.
Galicia non conta. Incríble.
Pode vivir en libertade sobre 25 anos.
Os osos cantábricos viven en áreas
pouco habitadas, con densidades de poboación mínimas, entre 6 a 12
persoas por km2.
Efectivamente, ese día, o 01-11-2004, morreu
Cannelle
(Canela),
a única osa autóctona dos pirineos, unha zona O Valle de Aspe, a
cabalo entre Francia e España. Seica foi en defensa propia según o
cazador que a matou, pero eso nono cree ninguén...
O feito é que Canela iba co seu fillo de dez meses
e foi atacada polos cans dos cazadores, fíxolle frente, e un cazador
pegoulle un tiro. O osezno pequeno escapou, pero a súa supervivencia
ten unha probabilidade mínima.
Realmente lamentable. Como se pode ir con cas a
unha zona de osos, incrible. Rematamos con todo...O feito sin dúbida é
un auténtico crimen...
“Una batida con perros en un sector donde la osa estaba
presente no tiene ninguna excusa”, opinan las asociaciones de protección
de los animales. A batida era de xabarín. O lugar Urdós.
Canela tiña 15 anos. Agora nos Pirineos soio
quedan machos...e catro femias non autóctonas, en total 15 osos. Nos
Pirineos quedan agora dous machos autóctonos o resto xa desapareceu:
Camille (sobre 21 años, un metro de altura a catro patas, e 2,80
metros cós brazos levantados) e Chocolat. O resto son eslovenos.
Dentro de pouco os osos autóctonos pasarán
a historia...
Facía uns días que morrera Papillón, un
oso autóctono de treinta años (morreu de vello 20/08/2004)...que
precisamente se apareaba con Canelle...
Outro día
triste.
Algúns morren no intento de
pase a Galicia, así o 29 de octubro do 2008 un camión matou un oso
na A6 en Trabaledo (León), trátase do 1º caso documentado de morte
por atropelo. Tratábase dun macho xovén. A verdade é que estas
cousas nondeberan ocurrir. As
conexións entre comarcas deberan ser
Chámase oseira o lugar onde pasa o
inverno, é decir, onde inverna o oso. Normalmente busca unha cova ou lugar
tranquilo e apartado, que prepara cuidadosamente con ramas, musgo, etc.
O invernar baixa a súa temperatura
corporal, producindo algo así como un sono, que as veces pode
interrumpirse. Para elo enróscanse no seu corpo dunha forma que permita
estar o máis quente posible. Non mexan nin defecan mentras están nestas
condicións.
A temperatura baixa a 31º C e os
latidos do corazón sobre 10 latidos por minuto; con esto consigue baixar
e aforrar moitísima enerxía, co que pode pasar meses sin comer e
semidormido.
Durante este período aliméntase da
súa propia capa de grasa acumulada durante o verán.
Normalmente pasan entre 1 a 3 meses
nestas condicións.
Cando chega a época de celo, os machos comenzan a marcar o seu
territorio no bosque. A máis de metro e medio do chan moitas árbores
mostran as señaís dos arañazos, mordiscos e descortezamentos, que os
osos utilizan para avisar ós outros machos de que ese territorio
xa ten dono. Tamén se frotan contra as cortezas, para deixar a seu
cheiro.
Os osos son os vertebrados coas menores tasas de natalidade do
mundo. As femias alcanzan a súa madurez sexual a unha edade entre 3 anos
e medio e 5 anos. Entre unha camada e outra transcurren tres anos, e
cada camada consta de unha a tres crías. Por eso é tan dificil a súa
reproducción e por eso están en peligro...entre outras cousas.
A osa vive nun territorio máximo de 4 km2 e o
oso é o que se desplaza. Cando a osa morre normalmente e unha filla
a que toma o relevo. Ver o video dos verdes de Asturias falando
sobre este tema.
Os osos son solitarios en todas as épocas do año excepto no
período de celo que ten lugar no verán.
Sensacional fotografía de José Luis Rodriguez,
para a revista Natura, nº 264 de xaneiro do 2006.
Durante a época do celo, os machos amplían o seu territorio
e dedícanse a vagabundear nun intento de localizar e controlar o estado
reproductivo das femias. Nesta época, varios machos poden chegar a
competir por unha compañeira, enzarzándose en pelexas moi fortes.
Unha vez que o macho atopa e conquista á osa, fórmase una efímera
parella que permanecerá xunta por un tempo, durante o cal ambos
consortes sestean xuntos, xogan e pelexan amistosamente, tamén
copulan varias veces...
Finalmente, sepáranse e retoman a súa vida solitaria.
Curioso:
Ó igual cós carnívoros, os osos pardos teñen no
pene un óso chamado báculo, con forma de bastón alargado, e que non está
conectado co resto do esqueleto e simplemente cunha función de prolongar
a cópula. O báculo crece continuamente durante a vida do oso, e o seu
tamaño (nos adultos alcanza 15 cm) o que da idea da vida da edade do
animal. Moitas culturas atribuen o báculo propiedades afrodisíacas, de
potencia e fertilidade; este óso tamén é apreciado na medicina
oriental.
Sensacional fotografía de José Luis Rodriguez,
para la revista Natura, nº 264 de xaneiro do 2006.
Neste misma revista escribe José Luis Rodriguez
cousas básicas sobre a supervivencia dos osos como por exemplo: unha boa
alimentación, parece que si non hai comida non hai copula, o cal é
lóxico. Fala tamén dos xogos e enfrentamentos previos e de que loga a
femia é a que cede. As copulas duran varios minutos e pode repetirse o
longo do día ata seis ou oito veces.
Estas copulas son básicas xa que a femia ovula no
momento da misma. O que se chama ovulación inducida, de forma que
é o propio acto da cópula o que fai que ovule a femia. Todo un prodixio
fisiolóxico.
O macho pode desplazarse moitos kilómetros para
estar coa femia (ata 32 kms. desplazouse fai uns anos un oso dende Riaño
ata a Pernía, e outro 52 km. ata León).
Moi curioso o artigo e sensacional as fotografías
da revista Natura.
A xestación comenza a finais de novembro ou principios de decembro
e dura de 8 a 10 semáns. As crías nacen en xaneiro ou febreiro, durante
a hibernación da mai.
As crías nacen casi calvas, pesando apenas 500 g, cegas e sin
dentes. Cando saen ó exterior están xa totalmente cubertas de pelo e
mostran un característico collar de pelo blanquecino que
desaparece co tempo.
Os tres meses e medio deixan de depender exclusivamente da leite
materna, podendo recibir outros tipos de alimentos. O destete definitivo
dase o ano de vida. O dessenrolo dos oseznos é rápido e abandonan a
osera a finais da primaveira. Estarán coa súa nai ata os 18 ó 22 meses
de vida, cando ésta xa os abandona. Eles seguirán xuntos máis ou menos
un ano
Xa non se vé en Galicia, eso sí, hai
"videos" moi bons...
Debera verse na primavera e no verán, xa que logo en
inverno, fai hibernación: esto quere decir que no inverno selecciona
unha boa guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos
mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un
pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de
vez en cando, e de seguido volven a dormir.
O día 15/05/2006 un oso destrozou varias colmeas
nos montes de Robledo en Rubiá (Ourense). Seica se trata dun oso xoven
en busca da femia. Teno claro en Galicia. ¡Pobre oso!.
O día 15/05/2006 grabóuse por primeira vez un oso
en Galicia, esta é unha fotografía do resultado:
Un oso, seica seguramente xoven de
dous anos, acercándose as colmeas as 9:30 pm do día 15/05/2006.
Por suposto está protexido xa que está catalogado
como animal en peligro de extinción.
A especie está protexida polo Real Decreto de
1980 e 1986, e aparece no convenio CITES e no de Berna no anexo II. Está
catalogada pola UICN como especie en perigo, e así aparece na lista
bermella dos Vertebrados Ibéricos (ICONA, 1986).
As causas apuntadas que poñen en perigo esta
especie son, entre outras, as seguintes:
O seu maior enemigo é o home. O furtivismo, a caza, o
veneno, colocado para os lobos e outros animais, fan que cada ano morran
osos.
O oso é un animal pacífico e marabilloso,
realmente non ten inimigos dentro dos mamíferos xa que é superior a
todos. Repito, o único inimigo é o home.
Según Guillermo Palomero, Presidente da Fundación
Oso Pardo, "O oso é a marca de calidade dunha zona. A especie
cantábrica é especial, xa que é un oso pardo xenéticamente
diferente, xa que no seu día quedou aillado completamente...".
Fala dun centenar de exemplares pola Cordillera cantábrica.
"O oso ten varios problemas, en primeiro
lugar a man do home, que sigue matando osos con trampas, en accidentes
de caza, etc. En segundo
lugar trátase dun animal esixente coa natureza, hai que cuidala para
que o oso viva. E logo o problema das pequenas poblacións de osos, a
súa reproducción é moi lenta, tarda en adquirir a madurez sexual.
Unha pequena población pode desaparecer enseguida."
Contra o oso tamén actuan de forma
seria os seguintes problemas:
O
rematar cós bosques autóctonos,
plantando árbores de fácil producción en busca de cartos rápidos.
As estacións de esquí e de montaña pola mesma razón.
O remate dos ríos en xeral, vertendo de todo...
Os encoros e as minicentrais.
As autovias sin facer corredores ou pasos para esta especie, en fin un
longo etc.
O oso hoxe en día teno moi, moi
dificil...
O oso é un gran amante das árbores. Realmente
deles saca a súa alimentación, aparte de que se sirve para deixar
rastros para otros osos.
Realmente vendo estas imáxenes no se entende
que os osos sexan obxecto de caza.
Os últimos exemplares galegos, foron cazados nos anos 1942 na
Pena Boullosa na Serra dos Ancares e en 1946 en Couceiros - Padrenda
preto de Pontebarxas na provincia de Ourense.
Efectivamente o último oso
matado en Galicia, foi na data do 17 de xunio de 1946, según
noticia aparecida no diario "Pueblo Gallego", foi no
lugar de Couceiros, Concello de Padrenda, na Provincia de
Ourense, onde un paisano Camilo Lloves González, enfrentouse a un gran
oso, cunha forquita como única arma. Axudoulle Rogelio, un
cativo de 14 anos -el Angelito - que cun apeiro de labranza
deixou fora de combate o oso, sendo rematado por un garda
civil do posto fronterizo de Ponte Barxas . ( Ata aquí a descripción
desta grande azaña...pobre oso...)
Dicen que o feito foi condecorado polo
gobernador de Ourense que daquelas era don Vicente Muñoz Calero.
A verdade sinto pena...do oso, seguro que si
o deixan ir non houbese pasado nada.
En Galicia os osos xa escaseaban no século XIX, pero víanse
algúns na Serra do Courel, en Cervantes, en Oseira, Val de Quiroga e na
Serra do Oribio. Del dí LÓPEZ SEOANES (1861) que era raro en San Andrés
de Illobe, onde foi abatido un exemplar no ano 1848, na Serra do Courel,
Burón, montañas de Cervantes, Vilalba e Cerezal, montes Urivios,
Convento de Oseira, Val de Quiroga, etc.
Seguramente desapareceu da Serra do Courel na segunda década 1910-1920.
No século XIX contaba con oito nucleos que serían o da Ulloa en San
Andrés de Illobre, o de Terra de Montes, na área de confluencia
das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense, o da Terra de Trives na
Serra de Queixa e San Mamede, o da Fonsagrada no límite de Asturias, o
grande nucleo do Cebreiro, na Serra dos Ancares e montes circundantes, o
da Terra do Courel e da Serra do mesmo nombre, o de Valdeorras nos
montes próximos, e o da terra do Bolo na Serra do Eixo, nos confíns con
León e Zamora.
Texto recollido do libro
"Atlas de vertebrados de Galicia" tomo I, colección do Patrimonio
ecolóxico realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural, esta
parte, sobre os mamíferos débese a Manuel Chouza Mata e Roxelia Cid
González.
Este censo é de 1995. O oso entraba esporádicamente nas serras dos
Ancares en Lugo.
------------------------------------------
O OSO VISITA GALICIA EN
MAIO DO 2006
O día 15/05/2006 un oso destrozou varios trobos nos
montes de Robledo en Rubiá (Ourense). Seica se trata dun oso xoven en
busca da femia.
O parecer o oso
fixo o mesmo en Quiroga uns días antes.
Teno claro en Galicia. ¡Pobre oso!.
Este mapa marca o camiño que seguiu o oso nas
provincias de Lugo e Ourense no mes de maio. Dende Campodola o 28 de
abril do 2006 e Paradaseca (6 de maio do 2006) en Quiroga a Robledo
de Lastra o 15 de maio do 2006.Voz de Galicia 28/05/2006.
Fotografía do video grabado por especialistas da
Fundación Oso Pardo en Robledo de Lastra, en Rubiá, Ourense.
Simplemente 58 segundos, as 9:30 da noite, o tempo que o oso tratou
de chegar as colmeas, pero tropezou co pastor eléctrico que estaba
colocado o efecto. Soio o intentou duas veces e logo perdeuse no
bosque. Voz de Galicia 28/05/2006.
Sin lugar a dúbidas: o primeiro video no que se graba un oso
en Galicia.
¡Enhoraboa os
especialistas da Fundación Oso Pardo!.
O Oso visita Ourense en abril de
2020, nada menos que temos un
video do oso no Invernadeiro.
Esto é o que conta
Laura Fernández no diario La Región de 01/01/2020
sobre este evento.
Con título: Las
camaras graban un oso pardo en O Invernadeiro
Estas imágenes serán
parte de dicha película que ahora se encuentra en fase
de desarrollo y para la que cuenta con financiación de
la Axencia Galega das Industrias Culturais
Un oso pardo se ha colado en el
Parque Natural do Invernadeiro, en el macizo central
ourensano, según el registro realizado por
las cámaras de la película "Montaña ou Morte",
producida por Felipe Lage para Zitun Films y
dirigidas por Pela del Álamo.
Las imágenes se corresponden con las
cámaras de fototrampeo que el equipo de producción
tiene, desde hace dos años, repartidas por este
espacio natural protegido propiedad de la Xunta de
Galicia para registrar fauna salvaje, contando para
ello con el asesoramiento de los agentes ambientales
de O Invernadeiro Ricardo Prieto Rocha y Tomás Pérez
Hernández.
Las grabaciones realizadas en
diferentes puntos, y que se incorporarán a la
película en fase de desarrollo, que cuenta con
financiación de la Axencia Galega das Industrias
Culturais (Agadic) y la colaboración do Servizo de
Conservación da Natureza de la Xunta en Ourense,
fueron calificadas como "sorprendentes" por Xosé
Benito Reza, ingeniero de montes que, entre 1995 y
1999, dirigió este parque natural ourensano.
"No hay constancia de que el oso pardo llegase nunca
hasta aquí, a este santuario de la fauna. Sí que
hubo jóvenes aventureros que, desde el norte (León y
Asturias), llegaron hasta el río Sil por Rubiá y
Valdeorras", relataba Reza, quien
dató a principios del siglo XX la presencia del
último ejemplar ourensano que resultó "abatido" en
Padrenda.
El ejemplar de O Invernadeiro, un
macho de entre tres y cinco años, es según Zeitun
Films el primero en ser grabado en la zona, y "o
primeiro que transita esta comarca nos últimos 150
anos". Según los agentes ambientales de O
Invernadeiro, el animal pudo pasar el invierno en el
parque procedente, según las primeras hipótesis, de
la zona de O Courel
A toponimia galega garda os nomes de Oseira,
Valdoso, río Ursaria, etc.
Alfonso XI no "Libro de la montería" da unha
detallada relación dos montes galegos habitados polos osos.
López Seoane fálanos dos "oseiros" do Courel que
con un coitelo e un cilindro de ferro enfrentábanse a corpo limpio con
este animal.
No folclore galego gárdanse ditos, contos e
lendas onde o urso é o protagonista.
Texto recollido do libro "Atlas de vertebrados
de Galicia" tomo I, colección do Patrimonio ecolóxico realizado
pola Sociedade Galega de Historia Natural, esta parte sobre os mamíferos
débese a Manuel Chouza Mata e Roxelia Cid González.
Esta era a distribución de osos en Galicia no século XIX. Fonte o
libro citado Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I.
Seica os arquólogos soio atopan ósos de oso no
Courel.
Ver este link.
Seguro que en Galicia volveremos a
ter Osos Pardos nas nosas serras. Segurísimo. ¿ Cando ?... No ano 2005 xa vai sendo hora...é posible.
Dende logo é posible, pero ... a nosa
Consellería de medio Ambiente anda moi despistada con esto e outras
moitas cousas.
No digamos hoxe, ano 2009
que xa nin existe...
Falase de que en breve (Voz de Galicia do 8 de maio
do 2005) haberá unha colonia estable de osos en Galicia. De verdade que
me gustaría, pero penso que é unha frase máis e polo tanto producto de
que as eleccións están o caer (xunio do 2005). En fin unha mentira máis
a que nos teñen acostumados nesta Consellería de Medio Ambiente que fai
moitas cousas para a Galería e pouco efectivas e o final sempre somos o
número un e pioneiros en todo...pero os osos están en Asturias e
Cantabria e nos asubíamos...
O tempo dirá...
O tempo xa falou e dixo que foi mentira o da
colonia estable que moitas outras cousas....
Esto non axuda:
Algúns morren no intento de
pase a Galicia, así o 29 de octubro do 2008 un camión matou un
oso na A6 en Trabaledo (León), trátase do 1º caso documentado de
morte por atropelo. Tratábase dun macho xovén. A verdade é que
estas cousas nondeberan ocurrir.
As conexións entre comarcas deberan ser doutro xeito.
Ver este texto de Xavier
Lombardero, que lle vexo moita razón sobre este tema:
El oso progresará en Galicia si crece más la población de
Asturias y León
Investigan si el macho atropellado en noviembre
llegó a la A-6 desorientado a causa de un envenenamiento
Xavier Lombardero
Fecha de publicación:
24/12/2008
La recolonización del
oriente gallego por el oso depende en buena medida del aumento de
ejemplares en Asturias y León. Y que las distintas comunidades
autónomas se coordinen para conservar el hábitat en corredores
naturales donde el flujo de osos aún es pequeño y frágil.
Organizaciones conservacionistas también opinan que, de no
incrementarse los medios técnicos y humanos para vigilar e
investigar la caza ilegal o el envenenamiento, la recolonización
osera será muy lenta.
En este sentido, aunque la
primera necropsia practicada al oso atropellado en noviembre en la
A-6, en Vega de Valcarce, no reveló nada sospechoso, se ha
solicitado un análisis toxicológico del animal, un macho joven de
unos tres años. Se teme que un proceso de envenenamiento hubiera
podido influir en la desorientación del oso, llevándolo a internarse
de forma extraña en la autovía. Aparentes problemas de coagulación
de su sangre apoyarían estas pesquisas. No sería el primer caso. Ya
en 1999 apareció gravemente envenenada y desorientada una joven osa
recogida en unos prados de Degaña, en la zona asturiana que limita
con Lugo. El profesor e investigador del CSIC Javier Naves confirma
que «un oso envenenado pierde muchas defensas, capacidades motoras y
sensoriales y, por tanto, de reacción y decisión». En Cervantes
apareció hace unos años otro gran oso muerto por envenenamiento y en
la montaña palentina han caído al menos tres en los últimos tiempos,
por el mismo motivo. «La Administración denuncia el veneno, pero con
la boca pequeña, porque luego no pone medios para vigilar y
controlar los libros de registro de fitosanitarios», dice Roberto
Hartasánchez, presidente de Fapas.
En opinión de Ernesto Díaz,
de la Plataforma para la Defensa de la Cordillera Cantábrica «urge
crear una patrulla especializada en venenos formada por funcionarios
de Medio Ambiente y debe haber un esfuerzo especial en la vigilancia
de la venta de fitosanitarios en áreas oseras, educando aldea por
aldea sobre su riesgo y la legislación sobre su uso ilegal». Cita
enclaves con escasa actividad humana para una pequeña red de lugares
para los osos: entre Piornedo y la Devesa de Vilarello (Os Ancares),
entre las devesas de Paderne y Rogueira (en O Courel) e incluso el
monte Oribio, entre Triacastela y Samos. «Es fundamental trabajar
con la población. La sociedad gallega tiene una idiosincrasia
totalmente diferente a la de Cantabria e incluso la de Asturias y
León. Hay que trabajar con los ganaderos y cazadores», añade Díaz.
Como contrapunto a sucesos
que afectan al oso en autovías o por la caza en los Pirineos, el
biólogo Guillermo Palomero destaca el episodio vivido días atrás en
Cantabria. Al pueblo de Caloca fue a parar un oso que venía corrido
por una cacería de jabalíes. Llegó a mediodía, delante del camión
del pescadero, trotando por una vía de bordes nevados y los vecinos
lo han celebrado y respetado. «No hay bellotas ni hayucos en
Palencia y el oso se ha metido ahí. Incluso se puede ver otra osa
con una cría rompiendo la nieve para buscar bellotas. Sube la gente
de Potes a disfrutarlo. Es la buena noticia navideña», dice
Palomero.
Notas sacada de la revista BIOlógica de maio do 2001.
Razóns para esperanza en España:
No Pirineo a un lado e outro viven como 12 osos. Na
maioría están neste lugar gracias os plans de reintroducción da
especie.
Os osos cantábricos son unos 85. Menos mal.
O malo é que están divididos en dúas poblacións, separadas sobre 30
kilómetros, con minas, autopistas, vias do tren e pistas de esquí polo
medio. En 1999 , 10 osas tuveron 17 oseznos, o nunca visto nos últimos
tempos. No 2000 volveuse a repetir a historia. A cousa non vai mal.
Na fotografía colmenas para os osos,
un bon sistema para manter os osos, xa que como é sabido gústanlle
moito a mel.
O oso empézase a sentir con orgullo
tanto en Asturias como en Cantabria e no Pirineo, o mal que fan é
minímo e as indennizacións son rápidas e eficaces. Enhoraboa.
Parque Natural de Somiedo, un dos
principais refuxios do oso en Asturias.
En Galicia seguimos sin ser sensibles
os osos. Non comprendo como non se fai algo.
A Consellería de Medio Ambiente (ata o
2005) está noutra onda, fai moi pouco ou nada pola fauna galega.Veremos estos que están hoxe si fan algo máis. Eu penso que sí...
Como están as cousas no 2019?: a
población de osos está formada por 380 exemplares
repartidos entre a Cordilleira Cantábrica e os Pirineos.
A primeira desta áreas está dividida en dúas subzonas:
occidental (280) e oriental (50), según datos da
Fundación Oso Pardo.
Pódese decir que está en fase de
expansión, según moitos entendidos, así o pode
xustificar os avistamentos en Galicia e tamén en Zamora
e León.
No mes de novembro do 2003, a revista "Naturaleza
salvaje" publica unha reportaxe "Tras las huellas de los
últimos ejemplares salvajes del norte", que firma Francisco
Márquez.
A fotografía está sacada o mediodía no Parque Natural
de Somiedo e mostra un oso, ¡que marabilla!.
A reportaxe trae outras fotografías que non me atrevo a
poñer sin permiso dos autores.
O texto dice ben as claras o que sinten os fotógrafos
cando teñen a oportunidade de facer estas fotografías.
Realmente como galego, amante da miña terra e por
suposto amante da fotografía sinto envexa...moita envexa.
Fai uns días a Academia Rusa informa
que os osos que viven no sur do extremo oriente ruso, contrariamente ao
que serían os seus hábitos, este inverno non caíron no profundo sono
e continuan percorrendo os bosques da rexión siberiana de Primorie.
Este fenómenos, o parecer, afecta
únicamente os machos, xa que as femias e os osiños continuan
hibernando. Nestos lugares alcánzanse temperaturas de 30º baixo cero,
e inda así o parecer os osos non descansan.
Algo está a ocurrir.
Os científicos rusos falan do cambio
climático que está a producir estos efectos...
Que haxa persoas que inda dubidan
deste cambio climático, dende logo, chama a atención, sobre todo os
osos...
Hai moitos contos sobre osos en Galicia, por regra
xeral os contos sobre os osos fan honor a este gran mamífero e fan
relación a nobleza deste gran animal. Otros
tamén fan honor a súa intelixencia.
Vexamos dous exemplos:
Sacado do libro "Contos galegos de tradición oral"
escrito por Camiño Noia:
"O oso e os dous amigos"
"Eran dous rapaces que andaban sempre xuntos e que eran moi
amigos. Un deles era moi forte, pero o outro non. Un día, foron de paseo
por un monte e alí aparecéuselles un oso. Os rapaces, que eran pequenos,
estaban cheos de medo e non sabían qué facer.
O máis forte subiu po unha árbore e quedou tranquilo, pero o
outro non deu subido e tirouse ó chan facéndose o morto.
O oso comezou a cheiralo e a dar voltas arredor del, tan preto
que parecía que lle falaba ó oído. Cando pasou o perigo e o oso marchou,
o que estaba na árbore dixo:
-¡Ai que mediño pasei!. Pensei que che ía facer dano, estaba
mesmo que parecía que che falase ó oído.
E dixolle o outro:
-Pois si, si que me falou.
-¿E que che dixo?
-Pois unha cousa moi bonita pero que a ti non che vai gustar.
-E a ver, ¿que che dixo?
-Pois díxome. No te fíes en la persona que si te
ve en un peligro te abandona.
Do libro "Contos de animais II" Xosé
Miranda fixo o texto deste conto, que a mín particularmente gústame
moito.
"O oso, o lobo e a raposa".
Nunha ocasión xuntáronso o oso, o lobo e a
raposa para ir roubar un cortizo de abellas. Así que o levaron, miraron
o mel que tiña e viron que non chegaba para os tres. Puxéronse a
discutir a ver quen comía o mel. A raposa, que é a máis astuta, propuxo:
- O que teña máis idade, como é ó que se lle
debe máis respecto, que coma o mel.
-De acordo -dixeron os outros.
Dixo inmediatamente o lobo:
-Eu nacín cando aquel penedo -siñalando un
antiquísimo.
-Daquela xa eu era moza -dixo a raposa.
E o oso, comprendendo que non podía dicir un
disparate maior, dixo:
-Pois eu nacín o ano do ourizo e, polo
tanto, quieto o cortizo.
Colleuno entre os brazos, marchou con el á
sombra dun rebolo e papoulle o mel ó cortizo, e a nós non nos deu porque
non quixo.
------------------------------------
Neste link tendes varios contos sensacionais sobre
os osos
La presencia de una hembra en la
frontera leonesa hace prever un aumento de ejemplares
- Al menos tres visitan
con frecuencia las montañas orientales
REDACCIÓN Y AGENCIAS •
SANTIAGO
29.11.2006
El 16 de junio de 1946, en
el lugar de Couceiros (Padrenda, Ourense), un vecino del lugar,
Camilo Lloves, se enfrentó a un gran oso armado con una
horquilla. Le ayudó en su hazaña Rogelio, un chaval de 14 años
que con su apero de labranza dejó fuera de combate al oso,
finalmente rematado por un guardia civil del puesto fronterizo
de Ponte Barxas. El oso de tan trágico final fue, según los
anales de El Pueblo Gallego, el último que se mató en Galicia, a
donde ahora tan sólo vienen de visita dos o tres ejemplares. En
mayo de este año, uno de ellos se deleitó de la miel de Quiroga
(Lugo), y unos días después fue grabado en los montes de
Robledo, en Rubiá (Ourense).
La Consellería de Medio
Ambiente y la Fundación Oso Pardo se han propuesto ahora que
Galicia vuelva a ser, en las sierras de Os Ancares y O Courel,
hábitat de una especie que ya escaseaba en el siglo XIX. Según
explicó ayer Guillermo Palomero, presidente de la fundación, hay
posibilidades de ello, porque mientras en Europa decrece el
número de ejemplares, en la cordillera cantábrica se ha pasado
de entre setenta y ochenta animales contabilizados hace diez
años a cerca de 130 ejemplares en la actualidad. En Galicia, no
existe una presencia fija, pero sí "visitas continuadas" de al
menos tres osos diferentes, lo que demuestra que "tienen un
hábitat de calidad" en las zonas fronterizas con Asturias y
Castilla-León.
Pero además, en la parte
leonesa se ha establecido una hembra, lo que "creará ambiente y
garantizará una presencia permanente" en una zona donde se está
trabajando bien en la conservación y mejora del hábitat, por lo
que "no habrá problema" para el incremento de la presencia de
osos, dijo Palomero.
El presidente de la
fundación, que ayer firmó un convenio de colaboración con el
conselleiro Manuel Vázquez, resaltó además que "el oso cohabita
muy bien con la población rural" y su presencia es una "marca de
calidad" del ecosistema, lo que puede aumentar la presencia de
turistas y atraer desarrollo y dinero. El oso es un animal,
insistió, "compatible con el turismo, la caza y la agricultura",
por lo que no crea "conflicto" y "se ve como un recurso más" de
las zonas en que tiene presencia.
Indicador de calidad
En el mismo sentido se
manifestó el titular de Medio Ambiente, quien subrayó que la
presencia del oso es un "indicador de calidad" medioambiental y
de avance en la búsqueda de un "equilibrio razonable" para la
biodiversidad. Vázquez consideró "fundamental" la zona de
montaña en el conjunto de la biodiversidad gallega y abogó
porque tanto Os Ancares como O Courel recuperen "el espacio que
merecen", pues se trata de unas zonas con las que "no se ha
hecho justicia".
El acuerdo firmado ayer
supone una renovación del rubricado por primera vez en 1997 en
el marco del Plan de Recuperación del Oso Pardo en la Cordillera
Cantábrica, que persigue la puesta en marcha de una serie de
medidas encaminadas a recuperar esta especie emblemática.
Descoñezo o autor da fotografías na que se ve
unha femia con tres oseznos.
A noticia é boísima, a población do osos
da cordilleira cantábrica pasa dos dous centenares, a cousa está
entre 195 e 210 osos. Nunha palabra parece que se superou o
mínimo para que sexa viable a corto plazo,.
Seguimos en peligro de extinción pero
menos.
O reto nos próximos anos está no estudio
de identificación dos pasillos entre comunidades, os chamados
corredores polos que os machos pasan de Oriente a ccidente, así
como a previsión de daños na apicuntura, na agricultura e na
ganadería.
Unha gran iniciativa asturiana "Frutos para el oso", do Fondo dos
Animais Salvaxes (FAPAS), remata de ser premiada como un dos mellores
proxectos de conservación da fauna do mundo.
O proxecto
está a levarse a cabo en Taverga (Asturias). O proxecto vai competir a
nivel mundial con outros e serán os internautas os que elixan cal é o
mellor.
Plantarán entre outras cousas mil frutais e
implatarán 150 colmeas de abellas.
Nota: os frutais que
plantan son mazairas, cerdeiras e un tipo de serbal.