Ursus arctos. Oso. Oso pardo.

(O que sigue é un resumen do artígo  publicado polo Sil,  no seu número 298 de abril de 2021. Pola súa importancia poño o artigo completo.)

 

Este é o editorial de O Sil de abril de 2021.

O artigo está escrito por Ánxeles Rodríguez.

Respeto o texto escrito por Ánxeles Rodríguez, a quen felicito,  e simplemente fago un cambio para que se poda ler en internet na miña páxina web. Por suposto quedo a enteira disposición da autora para cambiar, borrar ou sustituir o texto que sigue. Este e o meu email para calquera notificación.

---------------o---------------

 

Plantación de árbores froiteiras e un dos pastores eléctricos repartidos para protexer os colmeares no marco do proxecto Life Oso Courel. Fotografías de Carlos C. Hervella.

 

Tras unha longa ausencia, o oso pardo está a regresar a lugares que ocupaba antigamente como Valdeorras ou a Serra do Courel. Nesta parte lucense rematará a finais de abril un programa Life iniciado no 2017 para previr posibles conflictos de convevencia con esta especie.

Ánxeles Rodríguez.

--------------------------

   Dende hai milleiros de anos a Galicia interior é zona oseira. Así o demostran os restos óseos recuperados en xacementos da Serra da Enciña de  Lastra (Rubíá) ou da Serra do Courel. E só nesta zona lucense está constatada a presenza tanto do oso das cavernas (Ursus spelaeus) como do oso pardo (Ursos arctos) durante o Pleistoceno Superior. Os seus fósiles expóñense conxuntamente no museo Xeolóxico de Quiroga. Mentres o das cavernas se extinguía, o oso pardo conseguía manterse e rexistrar unha poboación abundante, que, ao longo da historia, se iría vendo condicionada pola presencia humana. Tanto é así que chegou a rozar a desaparición  Hoxe segue incluído no Catálogo español e galego de especies ameazadas na categoría de "en perigo de extinción" pero dende finais do século XX estase a recuperar na Cordillera Cantábrica, con aumento importante do número de osas reproductoras nas áreas de presenza habitual, pero tamén con máis osos xoves que se dispersan cara outras zonas, favorecendo a conexión entre os núcleos reproductores e a expansión cara territorios nos que levaba ausente moitos anos como o sur da provincia de Lugo e Valdeorras.

   Estos avances son tamén froito de diversas accións galegas de conservación que se iniciaban a primeiros dos 90 nos Ancares e que hoxe continuan como proxectos como o Life Oso Courel "Actuacións para favorecer a expansión do oso pardo a novos territorios na Serra do Courel". Este programa europeo comezaba no 2017 en seis concellos (Quiroga, Folgoso, Pedrafita do Cebreiro, Samos e os Nogais) e está coordinado pola Fundación Oso Pardo, xunto coa Asociación Galega de Custodia de Territorio e da Xunta (como  beneficiarios asociados). Inicialmente tiña unha duración de tres anos, pero logrouse unha prórroga e continuará ata finais deste mes de abril. "O oso desapareceu do Courel hai máis de 150 anos. Na última década, con recuperación da poboación cantábrica, a especie vai retornando antigas zonas de distribución, e entre eses antigos feudos está O Courel, onde atopa un hábitat idóneo, cun terreo escarpado, con bastante refuxio e boas extensións de bosque. Vemos que ten unha presenza bastante continúa aquí e, polas análises  xenéticas dos seus excrementos, temos identificados un mínimo de tres individuos machos (con máis mobilidade que as femias), pero non descartamos que poida haber algún máis. O proxecto Lifge traballa en mellorar esa chegada e, sobre todo, en evitar posibles conflictos coa poboación local. Como xa hai moito que a especie desapareceu da zona, xéranse numerosas preguntas e inquedanzas na xente e trátase de explicarlle que a presenza do oswo é compatible coas actividades humanas, tal e como pode verse do outro lado da Corrdillera Cantábrica, onde, ademais, o oso é un factor  máis de desenvolvemento, un marchamo de calidade, xa que só vive en zonas moi escollidas no contexto ibérico e incluso europeo. Aquí tamén podería ser un pequen factor de desenvolvemento que axude a manter este territorio", resalta Óscar Rivas, técnico do Life Oso Courel.

Oso Pardo cantábrico. Fotografías de Carlos C. Hervella.

   Un dos ámbitos nos que ten posto o foco este programa dende o principio é a apicultura, "O oso ten predilección polas colmeas, tanto polo mel como polas larvas das abellas, entón en épocas do ano nas que non dispón doutros recursos alimenticios é frecuente que haxa ataques a colmeares que non están protexidos. De feito, este territorio está cheo de alvarizas, estructuras tradicionais levantadas antiguamente para defender as colmeas do Oso. Hoxe hai que buscar outros medios de protección e instálanse valados electrificados para que o animal non pase. Resultan bastante efectivo, evitando os ataques nun 90% dos casos. Nese senso, dende o programa traballouse no reparto de pastores eléctricos e dalgún material de protección para os apicultores", explica Rivas.

    O programa incluíu ademais plantacións de bosquete de enriquecemento, sobre todo de especies productoras de froito como cerdeiras ou maceiras, para axudar a xerar recursos tróficos no territorio, pequenas despensas naturais. Ao mesmo tempo, desenvolvéronse accións divulgativas e mesmo de carácter etnocultural, creando rutas e restaurando antiguas alvarizas abandonadas. "No Courel hai unha acumulación de alvarizas que non se coñece en ningunha outra parte da Cordillera Cantábrica. Son unha mostra de coexistencia coa especie dende antigo. Por iso pensamos que  dería unha boa idea mercar algunhas delas e restauralas. Mercamos tres e chegamos a acordos noutras dúas para poñelas en valor como un elemento cultural e de atracción turística, vinculándoas a unha ruta do oso e do mel, que deseñamos en torno á aldea de Seceda (Folgoso do Caurel) e que vai polo val do Lóuzara. O traxecto usa antiguos camiños, é como un anel circular arredor de Seceda, ero, á súa vez, ten varios bucles de distinta distancia que poden facerse nunha ou en distintas xornadas. Son como catro rutas nunha", comenta Rivas. O labor de acondicionamento da ruta xa rematou e deuse paso a señalización. Prevese que estea a punto en breve.

Restauración dunha das alvarizas da Serra do Courel. Fotografías de Carlos C. Hervella.

   Na súa parte final o proxecto Life Oso Courel contempla a realización dunha enquisa para saber como valora a veciñanza o regreso, pouco a pouco, do oso a esta terra lucense. "Trátase de anticiparse, de previr e solucionar  conflictos de convivencia entre as poboacións humanas e o oso. Con este estudode opinión queremos ver o impacto que tivo o proxecto no Courel, se realmente mellorou a opinión que podía ter a xente sobre o oso ou se aínda queda traballo por facer, ademais de coñecer a súa valoración do proxecto e das medidas existentes para compensaqr, por exemplo, os ataques os coleares", comentaa enxeneira de montes Beatriz Rodríguez Morales, encargada da enquisa, que empezaba a facerse en marzo. Vai dirixida á poboación en xeral, pero incide de forma especial no sector primario. "interésanos a opinión dos apicultores, gandeiros, cazadores, e da xente do sector de hostalarías e do turismo, para ver como lles influe na súa actividade que veña o oso", di a entrevistadora.

   Entre as ipinións recabadas está a de Julio Vázquez, apicultor de autoconsumo, cuxa explotación resultaba atacada hai tres anos polo oso, pero que aínda non cobrou a indemnización. "Se queremos que veña, ao mellor o problema non é do animal", asegura, "senón dos políticos. Eu acepto o oso e creo que collemos todos e temos que estar todos, tanto animais como persoas, pero ó que non vexo ben é que os pagos se retrasen tres anos, necesítase unha maior axilidade por que iso tamén inflúe en que a sociedade rexeite ao o oso e outras especies. Nese senso, axudaría moito que as indemnizacións fosen áxiles".

   Dous dos seis concellos deste Life, Quiroga e Folgoso do Courel, integran o Xeoparque Montañas do Courel, recoñecido pola Unesco no 2019 e do que tamén forma parte Ribas de Sil. Dende esta entidad a volta do oso vese como un factor moi positivo "porque esta vinculada a un ecosistema e a unha biodiversidade, polo tanto,  constitue un valor engadido para o xeoparque, un elemento diferenciador de cara a ese turismo de sostibilidade e de calidade polo que pretendemos apostar. De feito algúns xeoparques con oso usan a súa imaxen no logotipo",

=============================================================

Do 1 de setembro ao 15 de decembro facíase, á vez, un censo de oso pardo nas comunidades da Cordilleira Cantábrica. Galicia mostreou 43 cuadrículas: 34 en Lugo e 9 en Ourense.

 

 

indica o xerente do GDR Ribeira Sacra-Courel. Martin Alemparte, quen resalta a impronta patrimonial desta especie na zona. "Hoxe nos 3 concellos do xeoparque temos localizadas 255 alvarizas, un patrimonio tamén xeolóxicoi porque están feias conrochas de aquí como a cuarcita e a lousa. A estratexia do xeoparque é intentar vincular o noso patrimonio, non só xeolóxico, senón tamén histórico, cultural, natural e mesmo gastronómico, como zona produtora de mel. Todo ese legado quedou na zona e ten vixencia ata hoxe, coa volta do oso a estas montañas.

Alvarizas tradicionais en Casaio (Carballeda de Valdeorras). Fotografías de Carlos C. Hervella.

Tras máis de tres anos de andaina, o proxecto Life Oso Courel concluirá a finais de abril e, en xeral "a valoración é moi positiva. Pensamos que logramos o obxetivo básico de mellorar a percepción que a xente ten don oso e de solucionar conflictos que se poideran derivar da súa volta. Agora estamos pendentes da enquisa para comprobar se as nosas percepcións son reais ou non, en base á valoración da veciñanza". Sen embargo o proxecto vai máis aló no tempo. "Somos conscientes de que hai que seguir traballando no ámbita da conservación do oso. De feito, un dos apartados do  do Life é un plan de continuidade cunha serie de accións programadas para tranallar a longo prazo", indica este técnico. E máis tendo en conta que o  plantígrado segue expandíndose por zonas próximas como a provincia de Ourense. "Este Life foi unha primeira pedra xa que o oso está facendo incursións noutros territorios como Valdeorras, que tamén deberán ser atendidos", según Rivas.

   Hai unha zona potencial para o oso en Galicia, que excede Ancares e Courel, tanto na parte limítrofe con Asturias como coa provincia de Ourense, con puntos como o Macizo Central e Valdeorras, "cun habitat adecuado para esta especie. Pola ruta do Macizo Central ou polo Courell poden cruzar ata Valdeorras e chegar á Serra da Lastra  ou a Trevinca. Incluso se está vendo que entran por vias mais orientais cara a Cabrera e o ano pasado detectaron tamén osos na zona de Sanabria. Ademais foi a primeira vez en máis de cen anos en que se notou a súa presenza na zona de Montesinho (Portugal). Trátase de machos exploradores que son os primeiros que chegan, pasan unha tempada e marchan, non é unha población estable pero son o primeiro indicador de que, se isto segue así, irá volvendo con maior frecuencia, como pasou no Courel", sinala Óscar Rivas.

Pegada de oso pardo. Fotografías de Carlos C. Hervella.

Destrozos en Alvarizas causados polo oso nun colmear de Prada, non moi lonxe de Alberguería. Este nome, Alberguería, é un engadido do que escribe. Alberguería ten inda moito terreno preto de Prada. Fotografías de Carlos C. Hervella.

    Valdeorras é terra de osos dende tempos remotos, e así o confirman as súas alvarizas, especialmente nas zonas cercanas ao macizo de Trevinca, e nela mantívose a especie ata "o forte declive nas súas poboacións a principios do século XX", asegura o biólogo barquense Felipe Morales (autor do perfil @profesor-tejon en instagram). "Tal era a abundancia nos montes da comarca", que conta, "que ata se realizaban cacerías con arma branca axudados dunha armadura de ferro, presumiblemente antes da aparición das armas no século XV, e semdo unha práctica aínda frecuente durante o século XVI nos montes valdeorreses e do Courel".

    No século XIX aumentaba a súa persecución e comenzaba a ser tratado nalgúns casos como "fera dañina que debía ser cazada cando a necesidade o pedira" e "en 1914 o naturalista Federico Aragón da por extinta a especie en Galicia, sen embargo o oso seguía a estar presente en Trevinca, nos municipios de Carballeda e A Veiga, onde se deixaba ver de vez en cando", apunta este biólogo barquense. Poré,, a mediados do se´culo XX o plantígrado  desaparecía practicamente de Galicia. "Xa nos anos 1996 e 1999 Grande del Brío confirma a existencia de, como mínimo, 3 exemplares no Macizo de Trevinca,  demostrando así a presenza do úrsido en Valdeorras. Nesta mesma época, 1998 rexístrase un ataque nun colmear de Vilamarín de Valdeorreas. Con toda esta informacióne sendo animais tan tímidos, é difícil pensar que abundaran os nosos montes en algúns momentos, aínda que a s´`ua presenza se reducira a visitas esporádicas. Nos últimos anos esa presenza ten ido a máis e visitaron o municipio da Veiga, San Vicente, Correxais...", di Morales. Mostra dixo son os ataques a colmeares, especialmente notorios no 2020. "O ano pasado destrozou máis de cen colmeas en Valdeorras, en xonas con San Vicente, Casaio, na Veiga...", sinala Armando Rodríguez presidente da Asociación Valdeorresa de Apicultores.

 

Censo do oso pardo

    O oso pardo esta incluído no catálogo español e galego de especies ameazadas na categoría de "En perigo de extinción", así nos anexos II (especies para as que é preciso declarar zonas de protección) e IV (protección escrita) da Directiva Habitat. O pasado outono Galicia, que conta cun plan aprobado de recuperación do plantígrado, principiaba xunto con outras comunidades da Cordillera Cantábrica (Asturias, Cantabria e Castela e León), "por primeira  vez, un censo de oso pardo cantábrico de manera simultanea en todo a área de distribución da especie usando a mesma metodoloxía, o cal supón un gran reto, e ao mesmo tempo, un claro reflexo da actuación coordinada das administracións responsables da xestión desta especie e que require da colaboración de todos", indica a Consellería de Medio Ambente. O proxecto está a ser coordinado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica co asesoramento do Concello Superior de Investigacións Científicas e da Universidade Autónoma de Barcelona.

Antiguos restos de ósos do oso das cavernas e do oso pardo recuperados de xacementos da Serra do Courel, onde no Pleistoceno Superior coincidían ambas especies. Están expostos no Museo Xeolóxico de Quiroga.

 

 

   En setembro comezaban as prospeccións, dirixidas á toma de mostras non invasivas da especie (excremento e pelo) durante o período concreto comprendido entre o 1 de setembro e o 15 de decembro de 2020 "co fin de obter nunha primeira etapa, perfís xenéticos individuais de cada exemplar, baseados en utilización de polimorfismos de nucleótico simples (SNPs) e realizar unha estima poboacional: e, nunha segunda etapa, o grao de conectividade entre os núcleos da poboación e de parentesco entre os exemplares", segundo Medio Ambiente.

   Galicia mostreou 43 cuadrículas (34 na provincia de Lugo e 9 na de Ourense), Castela e León 239, Asturias 202 e Cantabria 69. "En cada cuadrícula (5 km. de lado) realizáronse trensectos de 5 km. en total que foron deseñados entre os axentes ambientais e o personal dos servicios de Patrimonio Natural de Lugo e Ourense, baixo a supervisión da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

   Só mediante as técnicas de individualización xenética de exemplares mediante SNP, destaca Medio Ambiente, "poderase ter un coñecemento preciso sobre cales son as características determinandetes de ocupación do territorio de todos os segmentos de población de oso pardo cantábrico (osos adultos reproductores, osas adultas reproductoras, osas con crías,osos subadultos divagantes osas subadultas ) e sobre cales son realmente patróns de ocupación do territorio dos individuos concretos pertenecentes a eses segmentos poboacionais. Este coñecemento servirá de referencia fundamental para a toma de decisións de xestión de poboación de oso no seu conxunto".

   A presencia crecente de oso pardo no territorio galego tamén se reflexa nas liñas de axudas para danos pola fauna salvaxe. Así a orden que a Consellería de Medio Ambiente convocaba en xaneiro incluía por vez primeira, xunto as liñas destinadas a prever os ataques causados polo lobo e xabaril, unha para o oso pardo. Ademais, o pasado 17 de marzo o DOG publicaba as primeiras axudas específicas para compensar os danos que provoca esta especie nas comunidades rurais, cunha  partida de 60.000 euros. "Os beneficiarios son as persoas titulares de explotacións gandeiros que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), así  como de colmeas que se poidan ver afectadas, e que deran traslado do dano a través do tfno. 012", indica a consellería.

O futuro

   As novas zonas de expansión do oso, como Valdeorras, son moi interesantes para a futura conservación da especie. "Que estea na comarca é un indicativo da saúde dos nosos montes, algo do que deberiamos estar orgullosos. Se seguimos facendo as cousas ben poderemos falar nun futuro da poboación oseira asentada en Valdeorras. É hora de educar para convivir e isto pasa, irremediablemente, pola compensación e pola implementación de medidas preventivas nas nosas explotacións (instalación de pastores eléctricos) que impian o acceso aos osos e para as que existen axudas. Debemos facer máis énfase nesa necesidade de protexer as explotacións, para promover a convivencia e evitar a percepción negativa do oso que poida haber nunha parte da poboación, remarca Felipe Morales.

   Dese asentamento do oso dependerá "o trato coordinado entre administracións e entidades de conservación. Medio Ambiente ten unhas competencias claras en conservación, e debe facer o seu traballo, pero actores como a Fundación Oso Pardo ou outras entidades de conservación temos tamén o noso e poden xurdir sinerxías moi positivas se somos capaces de entendernos ", di Óscar Rivas da Asociación Galega de Custodia do Territorio, que considera que o "plan galego de recuperación do oso está absoleto, no está adaptado a nova realidade e debería ser revisado e actualizado. Terían que manterse as axudas aos apicultures e intentar que non se degrade o habitat do oso, tendo en conta que agora en zonas como O Courel, e sobre todo na provincia de ourense, hai varios proxectos eólicos con bastante impacto".

    Aínda nos se acadou o que se considera unha poboación mínima viable para que deixe de ser unha especie en perigro de extinción, "pero mellorouse bastante. Triplícouse a poboación dende hai 30 anos e fálase de 350 osos pardos na Cordillera Cantábrica. Este é un proceso lento, pero sostido ao longo do tempo e no que foi moi importante a creación do Parque Natural de Somiedo, un de cuxos emblemas é o oso pardo. Isto supuxo unha demostración de que a conservación  pode ser un factor de desenvolvemento rural"., insiste Óscar Rivas. Hoxe o oso está nunha progresión positivaen Galicia e, nela, "hai que seguir traballando para que esa evolución siga así", conclúe.

 

Máis información en https://fundacionoso-pardo.org/

https://fundacionosopardo.org/proyecto-life-oso-courel/

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír a Oso Pardo         salir.jpg (922 bytes) Saír a Alberguería.