(O que sigue é un
pequeno resumen do libro "Viaje por los montes y chimeneas
de Galicia" de Jose María Castroviejo y
Álvaro Cunqueiro. Por suposto poño o
trozo por resumen histórico do tema, xa que hoxe non creo
que ninguén se dedique a caza do oso, que claramente está en
extinción... )
O título do capítulo chama
bastante a atención:
"Del oso
filosofante y gruñón, que aún mora en los Ancares"
..."Mi antiguo amigo don
Manuel Cedrón, que dió muerte hace años al último allí cazado,
entrando temerariamente a gatas en la cueva para obligarle a
salir, veía en su juventud, desde la solana de su pazo de
Castelo de Frades, retozar a los osos y a los oseznos -orgaños
en el montañés lenguaje de Cervantes- en los prados de la ladera
del monte vecino, a un tiro de escopeta"...
Neste libro deféndese o
cazador, cando se fala da extinción total do oso en Galicia. Os
autores inclínanse máis ben polos cebos envelenados postos para
os lobos, sobre todo con estricnina, como unha das causas principais de que non
teñamos osos.
Dicen os autores do libro que
o oso cázase con bos cans que o acorralan. Tamén noutro tipos de
batidas que aparece de improviso.
Conta o libro como se deu
morte en Couceiros, Padrenda, Ourense o derradeiro oso en
Galicia, o
17 de xuño do 1946. O relato está posto na ficha do oso, noutro
lugar. Seica o feito de matalo foi premiado polo gobernador
civil que de aquelas era Vicente Muñoz Calero.
Fala tamén o libro de trampas
con escopetas postas nas entrada a lugares con mel, nas
alvarizas, por certo
con non moi bon éxito, a maior parte das veces o oso saía
chamuscado pero nada máis. En fin mil artilugios para rematar con
ese noble e gran mamífero.
..."Digamos, finalmente,
que el oso, a cuya grasa se atribuyen grandes virtudes
medicinales, tiene fama de ser comestible y sabrosas chuletas.
No puedo opinar personalmente sobre el particular, ya que ni lo
he cazado ni catado en el plato. Tal vez su carne resulte
excesivamente medieval..."