Intelixencia dos cans.

Descoñezo o autor da fotografía

 

O normal é decir "O meu can é o máis listo", eso é verdade, pero hai que decir que moitos cans teñen unha intelixencia probada e o can de palleiro non iba ser menos.

O psicólogo e experto en investigación canina Stanley Coren da Universidade British Columbia afirma e sosten nos seus estudios, no libro The intelligence of Dogs que os cans teñen capacidade para resolver problemas complexos e no fondo é máis parecido o home e os primates do que se pensaba.

·As capacidades dos cans estan moi próximas as de un neno de dous anos e medio de edade".

Outros estudiosos como Pablo Teijeiro van más lonxe xa que fala de que algúns cans teñen a intelixencia de nenos de sete ou oito anos".

En calquera caso a raza é determinante e uns cans son máis intelixentes cos outros, según a raza a que pertenecen.

Hai tres tipos de intelixencia nos cans: a instintiva, a adaptativa (que é a capacidade de aprender do entorno para resolver problemas), e de traballo e obediencia (que sería a equivalente a aprendizase nos humans).

1.- Border collie

O típico pastor, vixiante experto e can de terapias varias. Un fenómeno. Ideal como compañeiro de senderismo, running ou acampada.

2.- Caniche

O típico can que aprende rápido e é capaz de facer moitos trucos. Para os nenos son os cans preferidos xa que son moi cariñosos.

3.-Pastor alemán.

É un dos cans preferidos pola súa beleza e tamaño. Can sensible e amigo dos amigos. Son propensos a sufrir enfermedades como a displasia de cadeira.

4.-Golden retrevier

Outro típico can, extraordinaria beleza, carácter bonachón, educado e amable. Lévase moi ben cós nenos e tamén con outros can. Especial en moitas terapias.

5.- Doberman pinscher.

Tranquilo e moi tolerante. É moi intelixente e rápido en actuar ante as órdenes dos preparadores. É moi activo e intelixente e debe facer moito exerxicio físico e mental. Sempre defenderá con todo a familia.

6.-Pastor chetland.

Can tirando a pequeno. Ten moito que ver con Borden Collie, é unha mezcla con cans mais pequenos. Moi intelixente e rápido. Convén facer moito exercicio con eles.

 

7.-Labrador

O Labrador conte con rasgos moi bons: é inteligente, é doado de adestrar e é un excelente compañeiro na familia. Necesitan practicar exercicio moderado porque, en caso contrario, o si se quedan soios, poden adoptar comportamentos destructivos. Can cazador.

O número un do mundo seica é o "border collie", seguidos do caniche e do pastor alemán. Arriba tendes o hit-Parade dos cans.

Onde está o noso can de palleiro?

Seguro que o día que a midan levan unha sorpresa...

O noso can de palleiro que lugar ocupará?.

-----------------------------------------------------------------------

O certo é que un can pode aprender o redor de 150 palabras incluidas señais e que algúns chegan as 250.

Nos números seica contan ata ata cinco como máximo, do cal dedúcese que para levar a economía doméstica non valen,  evidentemente.

Outra cousa curiosa da intelixencia dos cans é que durante o xogo poden enganar a conciencia os mismos cans ou o home todo por gañar evidentemente.

 

-----------------------------------------------------------

 

As súas características que máis destacan:

no Can de Palleiro

         

 

1.- O noso can para empezar xa xoga ó despiste coa cor. Ver si non os exemplares anteriores.

2.- Sabe polo menos 300 palabras, xa que o normal son 150, por  suposto do idioma do estado,  pero este sabe outras 150 de galego, seguro, xa que non anda coas caralladas do idioma que andan hoxe os políticos e outros e domina o que hai que dominar, por algo é galego.

3.- Conta ata 12 mínimo xa que controla perfectamente a explotación de vacas ata o 10, máis o dono e a dona.

4.- Controla perfectamente os xogos e as falcatruadas. Cando fai unha non aparece na casa  en dous días mínimo.

5.- Ten,  según Manuel Rivas,  a memoria dun cabalo.

6.- A sabedoría do raposo. (según Rivas)

7.- A serenidade da vaca (según Rivas)

8.- A sabiduría do seu mellor amigo, o galego fetén.  (según Rivas)

9.-  Non traicionará nunca o seu dono, polo que sexa... morrerá si é preciso.

10.-Ladra doutro xeito: dun modo escéptico...non fai guau, guau si non uau, uau... (según Rivas)

11.- O palleiro sempre anda o seu. É un anarquista a todas luces...

12.-É dos poucos que se poden levar a misa si fai falta, ver un partido de fútbol, ler o periódico e outras moitas cousas.  (según Rivas)

Ver máis cousas neste link.

 

 

Volver a menu