|
Nunca será
admitido o can de palleiro nos torneos onde se
exhiben peiteados á moda e con lazos de seda e veludo,
os ben alimentados
cans da jet-set canina. Nunca se lle dará entrada
ao can de palleiro nos círculos da aristocracia dos
cuzos, alí onde alternan as cadelas super-star e os cadelos con
máis fortuna. É, o can de palleiro, unha especie de
descamisado, de paria, de sans-coulotte, de lumpencan, de cero
á esquerda na xerarquía
social de canilandia.
Mais, a pesar
da desigualdade vixente, a pesar do inxusto
estado de cousas no universo canino, o can de palleiro
non é un ser
especialmente doído nin resentido. Vive máis ben á marxe do
mundanal barullo e observa a distancia, moi divertido, a feíra
das vaidades. Ten a memoria dun cabalo, a sabedoría do
raposo, a serenidade da vaca, e a filosofía do seu
mellor amigo,a do galego fetén. De todos aprende
o can de palleiro, non por
ambición senón por curiosidade e por afondar no sentido
e sensentido da caíña vida.
O galego está
moi orgulloso do seu palleiro e o animal séntese moi orgulloso
do bípede galego.
|
Cando van xuntos
pola bocarribeira do río Pequeño, mentres o luscofusco
fai xogos neónicos na pantalla celeste, o galego e o
can parecen unha
parella de colegas existencialistas na ponte de Saint-Germain.
Non se da entre eles a relación de amo e servo, senón
que se tratan como iguais. Nunca se viu a un galego fetén
darlle unha pancada ao seu can de palleiro porque sería
tanto pecado
como cuspir ao ceo. A lealdade do palleiro está tamén
fóra de calquera continxencia histórica. Non
traizoará a súa
amizade por un preparado vitamínico de importación
nin por un colar ortopédico.
O can de
palleiro non ladra coma os outros cans. Ladra
dun xeito escéptico. Cando se escoita ladrar un
can de palleiro, o caminante non se senté intimidado
por unha ameaza nin
cominado por unha advertencia. Por unha parte,
faino por responsabilidade e por educación. É o que o
caminante agarda
del e non quixera defraúdalo. Cando un can non
ladra na fronteira
do seu territorio, a xente rise del. O palleiro non
quere chamar a atención excesivamente e por iso ladra
sen estrondo, dun xeito melodioso e con moito acento. É
así que os cans
de palleiro galegos non din guau, guau, senón
uau, uau. Pero hai
unha segunda intención no seu discurso. Os palleiros,
ao ladraren,
afírmanse ontoloxicamente. O seu uau, uau, resoa no
val coma un eu, eu. Non se pronuncia contra ninguén
senón que
expresa a súa vontade existencial.
Outra cousa que
ten o can de palleiro é a súa absoluta
independencia no microcosmos da casa rural. O
palleiro anda ao
seu. Sempre. A vida dos cans con dono autoritario, xa
non digamos
os que viven ñas urbes, adoita estar moi regulada.
O paseo matinal
ou vespertino, catro carreiriñas de can, o xantar, as
visitas ao baño... Canto máis cotizada sexa a súa
raza, máis
controlado está o can de pedigrí. Raramente pode vivir
unha aventura por libre.
|
O palleiro,
pola contra é un anarquista total. Vai as mozas
de parroquia en parroquia, entra nos bares por
unha porta e sae pola outra, percorre todas as
propiedades coma un inspector do catastro,
cultiva as amizades e ponse ao tanto das
novidades. O palleiro sempre ten seguro o
teito, para algo é o can da casa, pero
tamén é certo que é o único que ten seguro.
A mantenza non entra nesa especie de contrato
natural que asinaron o galego fetén
e o can de palleiro. Se hai, dáselle. Se non, o
palleiro, con esa alma gaiteira, busca
algo que roer neutras latitudes.
O labrador
respecta totalmente a liberdade do can
depalleiro e so lle asigna un labor intelectual.
Aparentemente, o can de palleiro non vale para
nada, non ten unha utílidade
convencional. Nin é bo fareleiro, nin de
presa, nin de caza, nin
de carreiras, nin guía cegos, nin fai
monadas, nin vai de bonito nos brazos dunha
madame. Ao galego bípede nunca se lle
ocorrerá mandar un can de palleiro á
procura dun xornal a un
quiosco de prensa. Non porque o can non
saiba, que o can
sabe iso e o que lle boten, senón por
non ferir a súa dignidade. O que realmente lle
gusta ao can é acompañar ao galego a mercar o
xornal e comentar con el os sucesos.
—Viches esta
noticia? «Cerdo muerto en Carril por empacho de
hachís.»
—Uau -dirá o
can.
O can de
palleiro acompaña ao galego en todos os actos
sociais de certo relevo. Vai aos enterros,
as festas, e aos partidos de fútbol. En cada
situación, o can de palleiro sabe gardar
a debida compostura. Nos enterros, vai
coa cabeza gacha e
segué a comitiva con moito sentimento.
Non entra na misa e
fica na porta, porque o palleiro é máis
ben protestante. Ñas
festas e romaxes, participa ao seu xeito.
Gosta moito das habaneras, que acompaña co
rabo, das cumbias, que baila con rítmico
movemento de orellas. e dos fandangos, cunha
perna só.
|
Nos partidos de
fútbol, o palleiro introduce un factor
de
moderación. Todo o mundo ladra
menos el, que estima o
espectáculo e renega dos
fanatismos.
—Uau, uau,
uau -berra o público.
—Tranquilidade
-di o can de palleiro.
Non é axustada
á realidade a mensaxe dalgúns anuncios
publicitarios, en que aparece un can doído,
porque o neno
non lle fai caso e está todo o día
pegado ao televisor. Normalmente sucede
o contrario. Aos nenos gústanlles os
debuxos
animados, porque retratan cans.
Aos cans, e en particular ao can de
palleiro, gústalle toda a programación
porque aparecen
bípedes nas máis curiosas e
ridiculas situacións. Gústalle moito,
moitísimo, a televisión ao can de
palleiro. Os seus programas favoritos
son os telexornais, a información
meteorolóxica e as películas de
vaqueiros.
Senta o
palleiro diante do televisor e pon no
asunto os cinco sentidos. Cando hai un
disparo, encachina lixeiramente a
punta da orella dereita. Cando
hai unha escena de terror, pecha
os olios e mete o rabo entre as
pernas. Cando aparecen os facinerosos,
ladra. E cando os protagonistas, el e
ela, se dan tres ou
catro mordedelas e arrebolan na
cama, o palleiro move o rabo.
O can de palleiro é unha presenza
fundamental na paisaxe
galega. Agora vense moitos cans
grandes e malhumorados, que
gardan casas feas e teñen donos
sen misericordia. O can de
palleiro e o galego fetén
pasean pola bocarribeira, a esa hora en
que o fume das chemineas emite
ondas de nostalxia.
—Irnos vellos
-di o galego fetén,
mentres lía un cigarro.
O can de
palleiro asente en silencio e tose un
pouquiño.
Tamén el padece dos bronquios,
aínda que non fume.
|
Copiado
literalmente do libro citado de Manuel Rivas.
"Unha
espía no Reino de Galicia"
Xerais
Xullo
2004.
|
|
Texto
fundamental de complemento da ficha sobre O Can de Palleiro
Páxina www dedicada
A
vida nos ríos galegos
ná que o Can de Palleiro é un elemento primordial. |