XACIA      ou       XACIO

Xacia, según o dicionario de Xerais,  é un ser mitolóxico de figura humana, que habita nos pozos máis profundos dos ríos.

Según Anxo Moure no libro "A xacia Luviñas" dice que "...as xacias son mulleres peixe de auga doce e gústalles que os ríos estean limpos..."

Os xacios son evidentemente homes peixe de auga doce e tamén lles gusta que os ríos estén limpos.

 

-buahhhhh!

Dibuxo da Xacia Luviñas. Dibuxo de Cristina Ouro. Páxina 9 do libriño citado.

 

Unha xacia triste,  xa que "...alguén ensuciara o río, alguén queimara o bosque..." conta Anxo Moure no seu conto marabilloso...

Os encoros en Galicia rematan con moitos destos pozos e polo tanto con familias enteiras destos seres mitolóxicos que poden ser xacias ou xacios. Son as señoras dos ríos según Afonso Eiré, no libro "Belesar, o orgullo de España", onde fala da súa desaparición, no encoro de Belesar:

...¡Pobre de que se enamoraba delas!. ¡Pobres delas si se namoraban dun mortal!: os seus fillos acabarían afogados, irremisiblemente, no río, por non ser de ningún mundo...

No libro "Seres galegos das augas". Mitoloxía comparada, Xoan Xosé Teijeiro Rey trata o tema das xacias e xacios.

Así, este texto está sacado dese libro:

Ramón Castro López , autor dun libro saído do prelo en 1929,  que fala acerca da historia de Vilar de Ortelle (Pantón), dinos que algúns vellos  acreditan ter testimuños da existencia  de homes peixe no porto de Xermande, aló no río Miño. Mais non da mais datos deles agás seren entes anfibios semellantes os xacios, que de feito moran as augas do río.

As mulleres xacias a miudo son moi fermosas, posuindo tamén  tesouros nos pozos que habitan. No se refiren casos  sem embargo, de xentes que os tivesen atopado...

Hai moitos casos de parellas de humáns con xacias e xacios pero todas remataron mal... De momento...

Pola miña banda non se me ten dado que coincida cunha xacia ou xacio en ningún dos ríos que teño visitado, que non son poucos,  pero non descarto que calquera día teña un encontro con calquera delas ou deles...O mozo da esquerda non atopa soio unha, son nada menos que sete...

Non lles teño medo, por suposto, e sei que en calquera dos encontros, si hubera lugar, recibirei unha caricia na cara en agradecemento a miña labor en prol dos ríos de Galicia. Estou seguro...

Esto queda explicado moi ben por Anxo Moure no libriño que poño a continuación.

 

Recomendo este pequeno libro titulado "A xacia Luviñas" , de Anxo Moure.

Anxo Moure un home que leva loitando polos ríos toda a vida en Galicia...

Anxo Moure dice que " ...Este é un contiño que nos aloumiña e que tamén nos serve para dar cariciñas..."  é resulta que é certo.

Marabilloso libro cheo de tenrura e marabilloso no texto e nos dibuxos de Cristina Ouro.

Voume quedar cos consellos básicos:

"...os ríos tendes que escoitar cantar, as árbores tedes que abrazar, e moitas cariciñas tendes que dar..."

Un libro cheo de encanto e agarimo.

¡Enhoraboa Anxo unha vez máis!.

Está publicado por Sotelo Blanco Edicións, S.L. 2013.

Contraportada do libro  "A xacia Luviñas" de Anxo Moure, con ilustracións de Cristina Ouro.

Precioso...

Nota: nesta páxina web xa fago unha referencia a Anxo Moure no apartado de "Os ríos son loitas"

Sair