Trátase dun corte radical do río, por medio dun muro feito de cemento e hormigón. Xeralmente fanse para producción eléctrica ou regadio (os menos). Ata fecha supoñen un desastre para o río, xa que están feito sin mirar para nada a natureza e simplemente para gañar cartos.
Algunhos encoros galegos:
Encoro dos Peares no río Miño.
Incumple tódalas normativas para conservar o río. Non ten escalas para subir os peixes, supón un corte radical. Ata a onde se xunta co río Sil teño visto o río completamente seco.
Solta ademais moita grasilla que se ten acumulado nos coios río abaixo.
......
Encoro de Belesar no río Miño,
Sin dúbida o maior encoro do Miño.
Este encoro é un corte radical do río Miño, por suposto non cumple ninguna normativa ecolóxica, inda que nós anos nós que se fixo xa existían leis que se deberan aplicar e non aplicaron.
Foi inaugurado por Franco, polo tanto todo está dito...
......
Encoro de Frieira no río Miño.
Este encoro non deixa subir nin as anguías, nin os salmóns, nin as lampreas, nin os sábalos e un longo etc.
É unha auténtica desfeita para o río Miño. Ollo, desfeita que é posible arranxar, o encoro podía cumplir tódalas normas mínimas para poder subir os peixes migradores, é cuestión de cartos...
O ascensor que fixeron é o timo da estampita...
Realmente o dos encoros en Galicia é unha auténtica vergoña, en xeral. Trátase dunha explotación pura e dura sin mirar para nada o medio ambiente. ¿ Como se fan noutros paises ? .
Fan escalas para subir os peixes, gastando miles de millóns, como a escala do dibuxo da esquerda.
En Galicia tódolos encoros foron feitos mirando únicamente o bolsillo, pura e dura explotación dos nosos recursos, recibindo Galicia pouco á cambio.
A historia deste roubo a man armada inda está por escribir.
......
Ou simplemente construccións de encoros deste estilo, onde os peixes suben perfectamente de forma natural.
As turbinas tamén son especiais para que o indice de mortandade sexa mínimo.
En Galicia ¿ Como están feitos os encoros ?: cós pés.