Minicentral hidroeléctrica

   Unha minicentral hidroeléctrica feita nun río é un corte radical dos ríos de pouco caudal ( xeralmente no mellor lugar do río, na cabeceira), por medio dun muro, feito de cemento e formigón.  Por suposto tamén se fan en río de máis caudal.

Fanse para producir electricidade (ata 5 MW). 

Este é un esquema dunha minicentral:

1.- Represa. Xeralmente corta

2.-Represa ou Azud ou muro (é un corte radical do río). As escadas de peixes son unha mentira ou un engano.

3.-Canal de alimentación. As veces aberto. Neste caso é unha arma de matar.

4.-Comporta de descarga. Non sirve para nada

5.-Cámara de agua.  6.-Rejilla 7.-Tubería

8.-Central  9.-Desagüe  10.-Arroio (caudal ecolóxico xeralmente nefasto. 11.-Liña de electricidade.

Ver un exemplo clásico (é un desastre para o río Limia, pero en xeral son peores):

MINICENTRAL DO RÍO LIMIA EN OURENSE.

Minicentral do río Limia en PonteLinares.

Ver como ven o río, a tope.

Ver como queda por debaixo.

A minicentral é un muro que rompe co río, e colle a auga para levala por un canal varios kilómetros.

..

 

Ver o pequeno fío de auga : chámase caudal ecolóxico, é obligatorio deixalo. Eu no meu traballo chámolle caudal da morte, xa que non permite vivir nin as rás, moito menos as troitas. ( 10% do caudal medio). Neste caso tamén actua, o parecer, de escada de peixes (eu engadiría voadores xa que dudo da súa utilidade).

.

 

Ver o canal o que antes mencionaba e que chupa o río.

O canal pode ter tres, catro ou cinco kilómetros.

A auga colle forza (polo desnivel) para logo na central mover unha turbina e producir electricidade.

.

 

Ver a misma minicentral.

Deben ter unha escada para poder subir os peixes migradores como a troita a anguía, etc.

Esta ten unha escada a dous metros do río. Sin dúbida as troitas do Limia son voadoras.

Esto é una vergonza auténtica.

Claro que os donos dirán que a escada é o canaliño da foto dous, están de coña, por ahí non suben nin as ras.

.

 

Logo despois de ir polo canal desde un altiño a auga baixa ata esta central onde están as turbinas, para producir electricidade. Na fotografía está central ten duas turbinas. É unha mina de facer cartos.

O río está contiunuamente subindo e baixando.

Unha desfeita.

O río Limia nesa zona non volveu a ser un río bon. É unha magoa.

Ata fecha supoñen un desastre para o río, xa que están feitas sin mirar para nada a natureza e simplemente para gañar cartos. (Os estudios medioambientais e de impacto que fan son tercermundistas e non teñen en conta nada, arrasan co que hai de mala maneira). Son un auténtico atentado a natureza, inda por riba a Xunta (polo menos nos 16 anos de goberno do P.P.)  fainas legais a base de admitir documentación de impactos ambientais impresentables e carentes de documentación científica. En ningún caso nestes impactos vin un estudio serio dos invertebrados do río, por poñer un exemplo. As alegacións non lle fan nin caso...

Non se explica... salvo que medien  millóns polo medio, que é o que pasa.

Todas as minicentrais que se pretenden facer en Galicia suporán por baixo do 5% da nosa producción autóctona, calquera ( e digo calquera) que lea estas liñas pensará que estropear 300 ríos para conseguir esa porcentaxe é pensar cos pés. Eu diría é pensar có bolsillo a conta da auga que é de todos os galegos.

O meu consello é que escollas unha soia e que lle fagas unha visita, verás que ningunha, pero ningunha cumple a LEI DE PESCA FLUVIAL e que son unha auténtica vergoña. Por certo si visitas algunha, ten cuidado, xa morreron persoas en Galicia, xa que están a abrir e pechar continuamente, e peligroso por debaixo das turbinas, xa que pode subir moito o caudal do río:

Unha desfeita do río

Minicentral de Ponte-Linares no río Limia.

Esta minicentral ten un impacto no río Limia incríble. A escada de peixes non é operativa e supón un corte radical nun río histórico.

O caudal ecolóxico que deixa ( inda que sexa legal) soio permite vivir as ras, e para eso mal....

........

Unha desfeita do río.

Minicentral do río Deva en Ourense.

Esta minicentral supón para o río Deva en Quintela de Leirado (Ourense) un corte radical no río. Incumple tódalas normas existentes e soio produce por debaixo dela, morte no río. Centos das especies tratadas neste traballo non aparecen por debaixo desta minicentral. Non ten escadas e o caudal ecolóxico que deixa é unha vergoña.

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Cerves en Ourense.

Esta minicentral supón para o río Cerves en Melón ( Ourense) un corte radical no río. 

Cando se fixo matou con cemento toda vida río abaixo. Non houbo multas. Hoxe en xaneiro  do 2.001 inda non traballa a tope. Por certo fixérona doble do que estaba previsto.

Non debeu facerse nunca. O lugar, as Pozas de Melón, Penavaqueira, etc. podía perfectamente ser declarado parque natural. Do mellor da provincia.

 

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Barbantiño.

Esta minicentral fixérano mal. O día que a probaron mataron tódalas troitas do río en moitos kilómetros, curiosamente estaba eu no lugar e puden sacar algunha fotografía. Logo limpiaron os fondos outro día e volveron a matar centos de troitas.

Non hai quen poida cos donos, deben ser os amos dos ríos galegos.

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Tuño. Hai tres, esta é a primeira.

Esta minicentral supón para o río Tuño a sua morte auténtica.

O día que a visitei o caudal ecolóxico era mortuorio.

Por debaixo da minicentral según os veciños que coñecían o río, este non volveu a ser río.

 

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Edo. Castro Caldelas.

Esta minicentral non respeta absolutamente nada. O normal é que manteña o río seco.

Un auténtico desastre.

Non ten escadas nin nada que se lle pareza.

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Arnoia. A Peneda.

Esta minicentral era das poucas que podría salvarse, si por debaixo non fixeran outra minicentral aberrante. Hoxe tamén por encima fixeron outra.

De tódolos xeitos non tiña caudal ecolóxico nin ten escadas. 

Últimamente puseron una especie de caudal ecológico tercermundista. 

Fan o que lles da a gana. Son os amos. Seica se vai ampliar.

 

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Arnoia. A Peneda nova.

Esta minicentral está feita recentemente. Prácticamente un km. río arriba da anterior. En pouco máis de cinco kms. xa hai tres minicentrtales, eu diría macrocentrais para este río.

Chupa literalmente o río Arnoia nese lugar.

Abriu pistas en lugares de sobreiras, acereiros e outras árbores incribles.

Non ten sentido ningún nun canón do río Arnoia que é do mellor que temos en Galicia.

   

Unha desfeita do río

Minicentral do río Cernado en Ourense.

Esta minicentral supón para o río Cernado a desaparición do mapa. A partir de esta minicentral o río non existe.

Por certo é de Iberdrola que presume de ecoloxista.

Enfrente hai un túnel que chupa o río.

¡¡ Camiñante mexa aquí!. decía Celso Emilio Ferreiro.

Esta era das peores na provincia.
 

........

Unha desfeita do río

Minicentral do río Cadós.

Esta minicentral supón para o río Cadós a morte como río e como couto de pesca.

Está en construcción en xaneiro do 2001 pero queima absolutamente o río.

Non se entende como se pode facer esto, salvo que unten o bolsillo.

Está feito no medio do couto de pesca de troitas do río Cadós. Por certo un río moi pequeno.

 

   

A única que se salvaba un pouco.

Minicentral do Rexo, no río Arnoia en Allariz.

É das poucas que está feita con un pouco de cabeza e mirando para o río.

Ten algúns defectos como que o canal non esté cuberto, xa que é peligroso, pero en xeral, non estropea moito o río, xa que colle a auga lateralmente nunha presa.

Sirviu de exemplo a outras que se fixeron no río Arnoia, ademais feita por un partido onde as bases loitaban en contra delas. Cousas...

Hoxe está pechada precisamente por o tema do canal, que era un arma de matar...

   

Unha desfeita do río

Minicentral de Rubillóns, no río Arnoia na Merca.

Por debaixo de Allariz. De feito o azud está en terreos do Concello de Allariz. O resto está na Merca.

Supón un corte radical do río nunha zona marabillosa e que estaba considerada área natural do Arnoia. Foi inaugurada recentemente. A súa construcción foi moi polémica xa que botaron ó canle do río de todo, pedras, etc.

Visiteina fai uns días (2012) e vín que o deterioro do río é descomunal, non sei como foi autorizada, non respetaron nada...O río en catro kms. está cheo de pedras e peligroso nas beiras con terrapléns impresentables. É zona libre de pesca da troita sen morte, vivir para ver...Repito impresentable.

 

   

Unha desfeita do río

Minicentral de Requeixo en Manzaneda.

 

Supón un corte total do río.

Está feita cos pés.

Por debaixo da minicentral a morte.

Si queres saber máis sobre este tema visita esta dirección, onde podes facer incluso visitas virtuais a esta minicentral e outras, para comprobar e ver que me quedo moi corto nas miñas apreciacións.

Si queres saber a opinión dos nosos científicos da Universidade de Santiago, por suposto totalmente en contra, visita este link.

Si queres saber a opinión dun especialista , Enxeneiro da Consellería de medio Ambiente en Ourense, lee o artículo "Alguns aspectos da política ambiental galega", é toda unha crítica sobre o que representa unha minicentral, pero contada dende dentro, da Consellería de M. Ambiente,  por un especialista.

Galicia, os galegos que entendemos algo de ríos ou que estamos a cotío a carón deles,  non queremos minicentrais, nonas precisamos.

Galicia non quere que desfagan os nosos ríos, dez empresas, que o único que queren é encher o bolsillo, con un ben que é de todos. Inda por riba están subvencionadas. Incrible.

Visita unha minicentral calquera, analiza como está feita, mira por debaixo da minicentral como está a vida dos seres vivos, mira as estradas que abriron, algunhas arrasando castros celtas, camiños veciñais, etc. , pregunta os paisanos como era antes o río, e verás que as minicentrais en Galicia son un auténtico roubo os galegos, do mellor que temos, os nosos ríos.

A cambio que temos, a luz máis barata?. Teñen mellor luz nos pobos?. Non por suposto. Pero eso si, algunhos ata tuveron pulpada (chamo pulpada a comer o polbo) por deixar facer a minicentral...país...

E siguen...

Nota importante: gracias a moita xente que levamos loitado dende 1995 en contra destes edefesios,  o Parlamento Galego, boletín do 19 de agosto do ano 2006 aprobou unha lei  que pon moi dificil a esta xente facer minicentrais nos ríos galegos. Esperemos os resultados. De momento están a facerse as minicentrais que o goberno Fraga deixou aprobadas no seu último mandato. Por certo no último mes aprobáronse máis que nos últimos dous anos do seu mandato. Realmente hai cousas difíciles de entender.

No 2012 hai moitos expedientes pendentes pero non sei si se farán. A lei aprobada penso que non sirviu de moito, pero eso é unha opinión discutible...

salir.jpg (922 bytes) Saír a Dicionario.                               salir.jpg (922 bytes) Saír a Minicentrais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

FOTOGRAFÍA DO 11-11-1998. RÍO BARBANTIÑO.

Curiosamente ese día (día festivo, día de San Martín patrono de Ourense, día dos magostos) xunto con dez amigos fixen unha visita á  Fervenza do Barbantiño e atopeime  este panorama. Pecharan a minicentral e deixaron o río deste xeito moribundo.  Pronto o resolveron pero o asesinato do río estaba feito.

Estos desmáns son típicos e a pura casualidade permite detectalos. De todas formas as denuncias non surten efectos xa que o denunciar neste país é engorroso e carísimo. Probas como esta en situ deberan ser definitivas simplemente chamando á Policia Autónoma. Pero non é así. Lamentable.

Por certo, inda por riba, de vez en cuando recibía ameazas dalgunha xente. Incrible.