A escadas non son máis que os pasos para peixes de tipo artesas ou depósitos sucesivos de tabiques vertentes. Son polo tanto compartimentos, que cun caudal xa estudiado e unhas dimensións mínimas, permiten subir nos ríos galegos as troitas e os salmóns, entre outros peixes migradores.
O lector debe saber que as escadas son obligatorias en todos os encoros e minicentrais galegas, xa o eran na lexislación de 1950, na que se decía claramente que os encoros tiñan que deixar subir as especies migratorias, pero esa lei non se cumplía, é ahora no 2002 tampouco. Por suposto no 2010, cando reviso este texto, siguen sin cumplirse as normas, tanto por Endesa, Iberdrola como a antigua Fenosa...
Ver un exemplo de escada que se lle pode chamar así, e outros exemplos de escadas que soio lles podo chamar de ESCADAS DE CACHONDEO:
ESCADA MODELO ECOLÓXICA - 1.
Efectivamente trátase dunha escada, na minicentral do río Pedro en Lubián (Zamora), unha escada que non cumple exactamente as condicións mínimas, pero dende logo pode subir algunha troita polo reclamo do caudal e o ancho do mesmo.
..........
ESCADA MODELO MEDIO AMBIENTE OURENSANO. Tamén chamada "TOMADURA DE PELO" Efectivamente trátase dunha escada, na Presa do río Limia en PonteLinares que abonda moito nas minicentrais de Ourense, unha escada mínima que en realidade é o caudal ecolóxico tamén insignificante. Os donos dicen que é unha escada e realmente é unha tomadura de pelo. Non cumple nada de nada.
.........
ESCADA MODELO CUENTO - CHINO.
Efectivamente trátase dunha escada, na Presa do Deva en Quintela de leirado (Ourense), que é imposible utilizala, aparte de estar chea de pedras e maleza, non da ó río, non ten corrente e inda por riba na súa terminación hai 2 metros ó río; ver fotografía seguinte.
Non cumple ningunha norma.
É da Empresa San Miguel de Ourense.
.........
ESCADA MODELO CUENTO - CHINO. Complemento da escada anterior do río Deva en Quintela de Leirado. Hai dous metros dende o río a unha escada rota, chea de pedras e que non funcionou nunca.
Por certo minicentral inaugurada por Fraga (enamorado das minicentrais galegas) e Vitorino Nuñez polos anos 1990.
Minicentral que deixou o río Deva escarallado totalmente.
.........
ESCADA MODELO CUENTO SUPER - CHINO.
Efectivamente trátase dunha escada, na Presa de Gudín en Xinzo (Ourense), inaugurada recentemente a que chamo cuento super-chino. Realmente é imposible que suba absolutamente nada por ela. é un adorno impresentable.
.........
ESCADA MODELO TROITA VOADORA. Efectivamente trátase dunha escada, na Presa do Cenza, de máis de 30 metros de altura.
Non ten escada nin nada parecido, pero o día da inauguración dixeron os políticos da zona que as troitas subirían (entre eles o Alcalde, daquelas Sr. Ventura), esquecéronse de decir que voando. Por eso eu chamo a esa escada con este nome. Non ten nin auga.
Trátase dunha indecencia, pola época na que se fixo esta presa, principio dos noventa...
...............
ESCADA MODELO "FAGO O QUE ME PETA" Modelo exclusivo dás empresas: FENOSA, IBERDROLA e ENDESA e algunhas outras.
Efectivamente os grandes encoros galegos, a ningún se lles puso escadas, incluidos os encoros do Miño como Frieira ou Castrelo, cortanto a migración de todo tipo de peixes: troitas, salmóns, sabalos, anguías, sabogas, Lampreas etc. Realmente non se entende que unhas empresas privadas se lles permitirá facer estos roubos ilegais...
Ver un dibuxo de escala Ecoloxíca - 2. Nesta escada ademáis da subida das especies migratorias está prevista a baixada de alevíns.
En Galicia unha porcentaxe moi grande vanse as turbinas e morren troceados o baixar.
AS ESCADAS NA LEXISLACIÓN GALEGA.
Regulamento de pesca fluvial. Xunta de Galicia.
|
Anexo VII : Parámetros máximos para o deseño de pasos para peixe de tipo artesas ou depósitos sucesivos de tabiques vertentes.
|