TEXTO DO INDIO SEATTLE

Chief Seattle. Xefe indio. 1854.

Ó PRESIDENTE DOS E.E.U.U.   

 //


grabado indio.

 

(Carta de Seattle, xefe da tribu Suwamish ó presidente dos Estados Unidos, Mr. Franklin Pierce, o ano 1855, como resposta a súa oferta de compra das tierras Suwamish.)

  Gran xefe Seattle. Autor do texto que sigue.

 indio2.jpg (1345 bytes)   O gran caudillo de Washington ordenou facernos saber que nos quere comprar as terras. O gran caudillo mandóunos tamén palabras de amistade e de boa voluntade. Apreciamos moito esta delicadeza xa que coñecemos a pouca falta que lle fai a nosa amistade. Queremos considerar o seu ofrecemento, pois sabemos que si non o fixéramos, poden vir os homes de pel blanca a tomarnos as terras coas  armas . Que o gran caudillo de Washington confíe na palabra do líder Seattle coa misma certidumbre que espera a volta das estacións. As miñas palabras son inmutables como estrelas.

Tendas indias.

 indio2.jpg (1345 bytes)    ¿Como podedes comprar ou vender o ceo ou a calor da terra? Faíxenos extrana esta idea. Non son nosos o frescor do aire nin os reflexos da auga. ¿Cómo podrían ser comprados? Decidirémolo máis adiante. Teríades que saber que o meu pueblo ten por sagrado cada curruncho desta terra. A folla resplandecente; a arenosa praia; a nebla dentro do bosque; o claro na arboleda e o zumbido do insecto son experiencias sagradas e memorias do meu pobo. A sabia que sube polas árbores leva lembranzas do home de pel roxa.

Gran xefe Seattle. Autor do texto que sigue.

 indio2.jpg (1345 bytes)     Os mortos do home de pel blanca esquecen a súa terra cando comenzan a viaxe en medio das estrelas. Os nosos nunca se afastan da tierra, que é a nai. Somos un anaco desta terra; estamos feitos dunha parte dela. A flor perfumada, o cervo, o cabalo, a águia maxestuosa: todos son nosos irmáns. As rocas dos cumes, o zume da herba fresca, a calor da pel do potro: todo perteñece a nosa familia.

As tumbas eran lugares sagrados para os indios.

 indio2.jpg (1345 bytes)     Por iso, cando o gran caudillo de Washington manda decirnos que nos quere comprar as terras é moitísimo o que nos pide. O gran caudillo quere darnos un lugar para que vivamos todos xuntos. El fará de pai e nos seremos os seus fillos. Temos que meditar o seu ofrecemento. Non é nada doado xa que as terras son sagradas. A auga dos nosos ríos e pantanos no é soio auga, sinon a sangue dos nosos antergos. Si vendemos as terras, faría falla que lembrárades que son sagradas e  teríades que aprender os vosos fillos que os reflexos misteriosos das augas claras dos lagos narran feitos da vida do meu pobo. O murmurio da auga é a voz do pai do meu pai.

 indio2.jpg (1345 bytes)     Os ríos son irmáns nosos, xa que nos libran da sede. Os ríos arrastran as nosas canoas e nos dan os seus peixes. Si vendemos a nosas terras, teríades que lembrar e aprender os vosos fillos que os ríos son irmáns nosos e tamén vosos. Teríades que trata-los co voso corazón.

South MacMillan rivers.

  indio2.jpg (1345 bytes)    Sabemos ben que o home de pel blanca non pode entender a nosa maneira de ser. Tanto lle importa un anaco de terra como outro, xa que é coma un extrano que chega de noite a arrincar da terra todo o que necesita. Non ve a terra como unha irmán, sinon máis ben como unha inimiga. Cando a fai súa, a menospreza e segue camiñando. Deixa atrás as sepulturas dos seus país e non parece que eso lle doia. Non lle doe desposeer a terra dos seus fillos. Esquece a tumba do seu pai e os dereitos dos seus fillos. Trata a mai terra e o irmán ceo como si foran cousas que se compran e se venden; como si fosen animais ou colares. A súa fame insaciable devorará a terra e detrás deixará un deserto.

Fotografía de Tim Flack. Gran Cañón.

 

  indio2.jpg (1345 bytes)    Non podo comprendelo. Nos somos dunha maneira de ser moi diferente. As vosas cidades fan dano os ollos do home de pel roxa. É posible que sexa porque o home de pel roxa é salvaxe e non pode entender as cousas. Non hai ningún lugar tranquilo nas cidades do home de pel blanca; ningún lugar onde se poida escoitar na primaveira o desplegue das follas, o movemento das ás dun insecto. Pode que me parezca a min xa que son un salvaxe e non comprendo ben as cousas. O ruido da cidade é un insulto pro oido. E eu pregunto: ¿qué tipo de vida ten o home cando non é capaz de escoitar o grito solitario dunha garza ou a discusión nocturna das rás ó redor dun charco? Son un home de pel roxa e nono podo entender. Os indios góstanos o lixeiro murmurio do vento fregando a cara do lago e o seu olor despois da choiva de mediodía, coa súa peculiar fragancia.

Descoñezo o autor desta gran fotografía.

 indio2.jpg (1345 bytes)     O home de pel roxa é coñecedor do valor inapreciable do aire xa que tódalas cousas respiran o seu alento: o animal, a árbore, o home. Pero parece que o home de pel blanca non sente o aire que respira. Como un home que fai días que agoniza, non é capaz de sentir a peste. Si vendemos as nosas terras, teríades que deixalas en paz e que continuasen sagradas para que fosen un lugar no que tamén o home de pel branca poidese saborear o vento endulzado polas flores das nosas praderas.

Desxcoñezo o autor desta fotografía sensacional.

 

 indio2.jpg (1345 bytes)     Queremos considerar a vosa oferta de comprarnos as terras. Si decidíramos aceptalo terei que poñer unha condición: que o home de pel blanca mire ós animais desta terra como irmáns.

Gran xefe Seattle. Autor do texto que sigue.

 indio2.jpg (1345 bytes)     Son salvaxe, pero coido que ten que ser así. Vín búfalos a miles pudríndose abandonados nas praderas; o home de pel blanca disparáballes dende un cabalo de lume sin paralo. Eu son salvaxe e non entendo porqué o cabalo de lume vale máis que o búfalo, xa que nos, matamos soio a  cambio da nosa vida. ¿Qué pode se-lo home sin animais? Si tódolos animais desaparecesen , o home tería que morrer con gran soedade de espíritu. Porque todo o que lles pasa ós animais, ben pronto lles pasa tamén ó home. Tódalas cousas estan ligadas entre sí.

 indio2.jpg (1345 bytes)     Faría falta que aprendésedes os vosos fillos que o chan que pisan son as cinzas dos abós. Respetarán a terra si lles decides que está chea da vida dos antergos. Fai falta que os vosos fillos o sepan, igual que os nosos, que a tierra é a mai de todos nós. Que calquer estrago causado á terra súfreno os fillos. O home que cuspe a terra, a sí mismo se está escupindo.

Gran xefe Seattle. Autor do texto que sigue.

  indio2.jpg (1345 bytes)    Dunha cousa estamos seguros: a terra non perteñece ó home; é o home o que perteñece á terra. O home non texe a rede que é a vida, soio  é un fillo. O sufrimento da terra convírtese á forza en sufrimento pra os seus fillos. Estamos seguros desto. Tódalas cousas estan ligadas como a sangue dunha misma familia.

Lago espexo. Unha marabilla do mundo.

 

indio2.jpg (1345 bytes)    Nin o home de pel blanca, que ten amistade con Deus e se pasea e lle fala, non pode evitar este destino noso común. É posible que sexa certo que somos irmáns. Xa o veremos. Sabemos unha cousa que o mellor descubrides máis adiante: que o noso Deus é o mesmo que o voso. Pensades que o mellor tendes poder por riba de  Él e o mesmo tempo querédelo ter sobre tódalas terras, pero non o podedes ter. O Deus de tódolos homes compadécese igual dos de pel blanca que dos de pel roxa. Esta terra é apreciada polo seu creador e estropeala sería una grave afrenda. Os homes de pel blanca tamén sucumbirán e seguramente antes que o resto das tribus. Si manchades a vosa cama, calquera noite morreredes sofocados polos vosos propios delitos. Pero veredes a luz cando chegue a hora final e comprenderedes que Deus levouvos a estas tierras e que permitiu o seu dominio e a a dominación do home de pel roxa con algún propósito especial. Este destino é en verdade un misterio, porque non podemos comprender que pasará cando os búfalos se extingan; cando os cabalos perdan a súa libertade; cando non quede ningún rincón do bosque sin o olor do home e cando por riba das verdes colinas a nosa  mirada atope por tódalas partes as telarañas de fíos de ferro que levan a vosa voz.

Desxcoñezo o autor desta fotografía sensacional.

indio2.jpg (1345 bytes)    ¿ Dónde está o bosque espeso?  Desapareceu. ¿Dónde está a águia?  Desapareceu. ¡Así remata a vida e empezamos a sobrevivir!  indio2.jpg (1345 bytes)

Aboa india con neno.

Tendas indias.

 

 

Gran xefe Seattle. Autor do texto que sigue.

 

 

    galicia.gif (2685 bytes) Volver