OS  RÍOGALEGOS  SON  MUSICA

A música que vai sonar ou está sonando é da Banda de Música Municipal de Celanova. Leva o título de  "A troita"

Dirixida por José Zaldo García.

O pasodoble está composto por José Zaldo García é grabado no DVD "Bandas de Música e gaitas da Provincia de Ourense" editado por "La Voz de Galicia" que se vende có diario dos sábados.

 

Fotografía dunha troita sacada polo autor da web nada menos que a tres kms. do nacemento do río Miño. Por debaixo de Fonmiñá. 20/10/2013. A ela vai adicado o pasadoble de José Zaldo.

Concretamente augas abaixo deste lugar que hai unha ponte dende onde saquei a fotografía anterior. Río Miño por debaixo de Fonmiña.

Outra imaxen do lugar. O río Miño aquí xa leva as augas do Pedregal e de Fonmiñá.

O pasodoble que sona é unha composición do director da Banda Municipal de Celanova  José Zaldo García como xa está dito.

Dentro da composición hai un trociño onde a banda interpreta aquelo que dí:

Polo río abaixo vai

unha troita de pé

corre que te corre

quen a poidera coller

quen a poidera coller

que a poidera pillar

polo río abaixo vai

unha troita pro mar.

Eso e o que dice a canción popular.

Por suposto que eu sei quen podería pillar esa troita,  o meu amigo Páxaro (Julio Taboada) que me acompañou a ver o nacemento do noso río Pai, o gran río Miño. Para el vai adicada este anaco da miña páxina "A vida dos ríos galegos"...

Espero que lle guste...

Río Miño en Meira. Prácticamente no nacemento.

Dice un letreiro que "O pai de Galicia é o río Miño e a nai Meira" algo de razón teñen. Dende aquí decirlles que me gustou como teñen todo, o Pedregal, o río có Parque en Meira, Fonmiñá, pero ollo o pai hai que tratalo mellor, limpalo de vez en cando e decirlle a xente que teña coidado cós puríns e outras cousas. O pai Miño é moi importante...

Río Miño no Parque "Profesor Río Barja" de Meira.

Aquí si que nace o río Miño, no Pedregal de Irimia, a poucos kms. de Meira que se ve o fondo. O de plantar a beira eucaliptos non ten nome...

Outra vista do Pedregal de Iria onde nace o noso río Miño. Arriba os molinillos na Serra de Meira e moito eucalipto, moitísimo...

 

Aclarar que poño imáxes do río Miño,  co pasodoble "A troita",  simplemente xa que eu asocio a troita os ríos e o falar de ríos, sempre penso no gran río de Galicia,  o río Miño,  onde precisamente pesquei a miña primeira troita aló por Francelos en Ribadavia en 1968; cando o río Miño era río naquel lugar, hoxe é un encoro de Fenosa...

As imaxes anteriores son así un tributo a troita do río Miño, hoxe ameazada de morte, pola contaminación e os encoros...

galicia.gif (2685 bytes) Volver Ríos-Música                 Volver ó río Miño