RUTA DO NACEMENTO DO RÍO MIÑO
Meira (Lugo).
Traballo realizado por
Secundino Lorenzo

Esta
fotografía é de Fonmiñá , onde se decía que
nacía o río Miño. Hoxe sabemos que nace no Pedregal de Irimia.

A fotografía é do Pedregal de Irimia, situado na Serra de Meira
(Lugo). Este
Pedregal ten a forma de embudo, é unha colada de bloques de tipo
periglaciar, dunhos 700 m. de longo costa abaixo, e
todo é unha gran fonte que ao final é o nacente do río Miño.

De todas as fontes que abastecen
ao río Miño, que son moitas, como Fonmiñá,
Porto da Pena, Rego de Feás, e outras, o Pedregal de Irimia é a
de altitude máis destacada 695 msnm. ; por eso é, de forma
trivial, o nacemento do Pai
Miño. Está os pés do Pico do Forno de Martín (892 msnm) en
Meira (Lugo).

Moi pouquiña auga levaba
ese día (setembro do 2013) o río Miño
Como chegamos?: comentario
Características da Ruta.
Fotografías.
Lendas do Pedregal de Irimia.
Romanceiro do Pedregal de Irimia.  
Video lembranza da visita.
En
romance as lendas de Fonmiñá.  
Música
para a troita do río Miño.
Pontes dende o Pedregal a Fonmiñá.
Proxecto: C.
Interp. Alto Miño
17/02/22
Sigue a loita Pedregal Irimia-Fonmiña. 2025  
Sair a río Miño
Salir al río Miño
Saír ríos galegos
Saír sendeiros
Como chegamos. Comentario...

Mapa para
chegar dende Lugo ou dende Nadela. Hai que sair a A6,
autovia que vai a Coruña, en Nadela xa está o acceso, e despois d e 8
kms. coller a dereita a
N-640 que leva directamente a Meira. Dende a autovía son
30 kms. aproximadamente.
Antes de Meira a tres kms., mapa
seguinte, si se quere ir a Fonmiñá coller a LU-120 e a 250 m., a dereita
na rotonda, na Lu-122 a 300 m. atopades
Fonmiñá onde se decía que nacía o río Miño.

Neste mapa vese como se chega pola
N-640 a un cruce onde a esquerda vaise a 250 m. a una rotonda, e seguindo de frente pola Lu-122 (que leva A Pastoriza) a 300 metros
está Fonmiña. Ollo pola esquerda vaise a Villalba, que sería a
LU-120.

Detalle da Lagoa de Fonmiñá. Aquí
no 2022 está previsto facer un Centro de Interpretación do Alto Miño.
Si
seguimos de frente e non collemos a Lu-120, vamos pola N-640 o pouco, 2 km., chegamos a Meira.

As combinacións son
moitas. Pódese empezar por Fontemiña, facer unha pequena ruta nas
mismas fontes, observar a chegada do río Miño e como a auga da Lagoa
vai a este río. Logo desplazarse a Meira e facer a ruta
Meira-Pedregal de Irimia. (4 kms. entre Meira e Fonmiñá, este ano
inda non estaba feito o sendeiro previsto).
Si a ruta se quere facer
dende Fonmiñá habera que sumar 3 km. de sendeiro entre Fonmiñá
e Meira.
No 2020 empezou a
construirse un sendeiro que unirá o Pedregal de Irimia e
Fonmiñá, é cuestión de preguntar ao Concello si xa está listo
listo. Tfno. 982330192 ou mandar un email a
consultas@concellodemeira.com

Esta ruta, partindo
da praza maior de Meira e collendo por Enfermería son 4 kms. por
estrada, o desnivel pasa de 426 m. a 626 m, ten polo tanto unha
subida interesante. A ruta faixe por estradas. Está señalizada.
En Meira hai unha
iglesia románica marabillosa e, ademais, un paseo fluvial no río Miño moi
curioso.
Volver.
Características da Ruta.
----------------------
Kms.total ruta
ida e volta: 14
Kms.
Dificultade:
media-baixa.
Señalización: non ten
perda.
A situación de
Fonmiñá é 43º 13´ 30.83 ¨ N
7º 19´ 13.33 ´´ O
Google Earth
43.22523-7.320369
--o--
A situación do
Pedregal de Irimia é 45º 12´ 46.96´´ N
7º 15´ 43.57 ´´O
Google Earth
43.213044-7.262102
A ruta ten moitas
posibilidades, persoalmente eu visitaría Fonmiñá, faría un
recorrido polo parque de Fonmiña, merece a pena, hai
moito que ver, marabilloso. Aquí podedes andar uns kms. para
abaixo e logo regresar. Por suposto tamén facer a ruta dende
Fonmiñá a Meira que son 4 km, a carón do río. Nos despois
da visita a Fonmiñá fomos ata Meira y dende alí en
automovil ata o Pedregal de Irimia xa que non estaba feito o
sendeiro. Son entre Meira e o Pedregal por estrada 3 km.
Vimos
a fondo o Pedregal de Irimia, marabilloso, e logo
regresamos a disfrutar do pobo de Meira con dúas visitas
obligadas unha a Igrexa mosteiro de Santa María de Meira, orden
de Cister século XII e outra a área recreativa "Profesor Río
Barja", moi coidada e interesante.
Ver unhas mostras
de ese día:

Parque de Fonmiñá.
Interesante recorrelo, ver como nace a auga , e moita, nesta
lagoa. Ver como chega o río Miño a este parque e facer unha
pequena ruta que está indicada. Este Parque de Fonmiñá está a
458 m. de altitude.

Pedregal de Irimia.
Non é doado andar entre as pedras pero merece a pena, con
cuidado, oir como nace o noso pai río Miño. É unha sensación
única. O Pedregal de Irimia está a 700 m. de altitude.

Meira é un pobo
precioso da provincia de Lugo. Este mosteiro cisterciense,
Sta. María de Meira, do
que se conserva a igrexa, é do século XII.

O rio Miño na área
recreativa "Profesor Río Barja" no centro de Meira. Marabilloso.
--------------------------------
Noticia de febreiro de
2022: está previsto neste ano facer en Fonmiñá o Centro
de Información do Alto Miño (con todo completo fauna, flora,
etc.), completar o sendeiro entre Fonmiñá e o
Pedregal de irimia ; facer tamén un Centro de Información
do Pedregal en el Pedregal de irimia. (soio con
información hídrica e xeolóxica) ¡Maravilloso!.
Volver.
Volver.
|