O ANGUIEIRO FOTOGRAFÍAS ANO 2000

Pequena historia fotográfica dun día feliz para COTO DO FRADE (organizador do evento) e moi triste para o MEDIO AMBIENTE GALEGO: 29-08-2000

Coto do Frade, asociación ecoloxista de Ribadavia, que todos estos anos dende 1995 ten montado a recollida das anguías do encoro de Frieira, no río Miño. " O anguieiro ".

Este ano 2000 montou un acto simbólico para explicar en que consiste "o anguieiro": o remonte das anguías, buscando a vida. Buscando rematar o seu ciclo de vida.

Púdose comprobar como morren as anguías o non poder  subi-lo encoro de Frieira no río Miño.

 Eso é o que nos mostrou Coto do Frade.

........

No acto reivindícase, lóxicamente, que se poñan "escadas anguieiras", escadas para as anguías, que permitan subir perfectamente ós centos de miles de anguías que o intentan e morren no intento.

Lugar de reunión Frieira. Hora 12 da mañan. Día 29 de agosto do 2000.

Día de sol maravilloso.

Moitos amigos preocupados pola natureza.

........

Aproveitase o acto para reinvicar un NON ROTUNDO AS MINICENTRAIS DO RÍO OUTEIRO, BRULL, CERVES, FAREIXA, CORTELLA, ARNOIA e un largo etc.

Non as minicentrais en Galicia. ¡¡ Xa está ben de esnafrar os ríos galegos!!!.

¡¡ Por uns ríos con vida !!.

........

"Encoro de Frieria, último encoro de Fenosa no río Miño"

Un desastre para este río.

Propietario: FENOSA.

Pódese decir que dende Belesar o río Miño non é galego, é de Fenosa o seu dono.

Lugar de reunión: encoro de Frieira no río Miño , último encoro do río Miño antes de chegar ó mar.

Encoro que está marcando a desaparición do : salmón, reo, anguía, sábalo, saboga e un longo etc.

O encoro é da empresa  FENOSA, como todos os do río Miño. (O río é de Fenosa en vez de ser dos galegos). Fenosa non fai nada pola labor de recuperación destas especies.

Incumple totalmente as leis de pesca e soio fai actuacións pachangueiras tratando de gasta-lo mínimo posible e vendendo, a opinión pública, o favor e a bandeira  dun ecoloxismo e da conservación do Medio Ambiente galego.

........

"Río Miño en Frieira".

Esta fotografía é a miña gratitude a un río o que lle debo moitos momentos felices...

Río Miño por debaixo do encoro de Frieira.

Inda un río marabilloso, a foto é do 29-09-2000.

Pero cada vez máis esquilmado e con menos vida.

As subidas e baixadas continuas deste encoro están rematando con este río para sempre.

Ademáis fálase do encoro do Sela. 15 km. más abaixo. De momento có non de Medio Ambiente de España. Pero ollo, pode facerse. Seria outra barbaridade, e unha auténtica canallada para o pouco que queda deste río, pai de tódolos ríos galegos...pobriño.

........

Moitísima xente este día no encoro de Frieira.

Adega, Coto do Frade, Coordinadora do Umia, Coordinadora antiencoro do Ulla, Coordinadora do Lérez, moita, moitísima xente mentalizada có problema da anguía e cos anguieiros.

........

Membros da Coordinadora antiencoro do río Umia.

Sensacional Coordinadora que está loitando por non deixar facer un  encoro que destrozará a comarca do Salnés. Un encoro con fincas expropiadas ilegalmente. Unha burla os direitos dos galegos.

Nono conseguirán.

Dende esta folla www un saúdo, o noso apoio e ánimo.

Un exemplo de loita a seguir en Galicia en defensa do mellor que temos : os nosos ríos.

........

Día 29 de agosto do 2000.

Membros de Coto do Frade baixan á parte inferior das compuertas, alí onde hai un fio de auga e tratan de rescatar algunhas anguías.

 

.......

Día 29 de agosto do 2000.

Membros de Coto do Frade baixan á parte inferior das compuertas, alí onde hai un fio de auga e tratan de rescatar algunhas anguías.

 

.......
Día 29 de agosto do 2000.

Membros de Coto do Frade baixan á parte inferior das compuertas, alí onde hai un fio de auga e tratan de rescatar algunhas angías.

Nono  conseguirán onde lles autoriza Medio Ambiente e Fenosa. Nese sitio non hai anguías. É unha trampa.

Si que as hai en outra comporta onde non están autorizados, pero baixan igual...

.......

O labor non é doado e hai que tomar moitas precaucións.

Fenosa e Medio Ambiente puso todo tipo de trabas ese día 29-09-2000. Non lles interesa o tema. Fenosa non quere gastar cartos e Medio Ambiente soio quere sair na foto.

O compadreo é total, e incluso os de medio Ambiente poñen mala cara pola faena feita por Coto do Frade.

Fenosa deixa baixar a unha compuerta que non ten nin unha anguía.

Lamentable. ¿ País bananero !!

..............
Fotografía de Santi M. Amil.
Xose Manuel Rodriguez Juste , Portavoz de Coto do Frade dice :" fai apenas uns días que nós e outros compañeiros de toda Galicia vímonos na obriga, un ano máis, de desprendernos amarrados con cordas ata o fondo do encoro de Frieria para axudar manualmente a que as anguías poideran superar os obstáculos artificiais e seguir o seu camiño río arriba para madurar en auga doce "

Un ano máis .

Xa está ben.

..............

 

Instrumento co que se recolle a anguila da corriente.

Trátase dunha caixa aberta por uno dos lados e cunha redecilla capaz de que non pase  a anguía e de que filtre a auga.

.......

Pequeno caldeiro de anguías, sobre 2 kg. que se colleron ese día, a base de baixar, con grave peligro, a outra comporta non autorizada. Fun testigo.

Víose as claras que tanto Medio Ambiente como Fenosa non estaban pola labor.

Vergonzoso.

.......

O resultado das anguías que non se recollen e que logran subir ata as comportas do encoro é a morte. Morren secas. As anguías quedan secas e ó cabo dunhos días morren.

Esto é o que lle pasa ás anguías no encoro de Frieira no río Miño. As anguías queren seguir río arriba as concas fluviais e vivir en augas limpas, non en encoros eutrofizados.

Pero o encoro de Frieira é unha máquina de matar. Un escollo insalvable.

E Medio Ambiente galego con el Sr. Del Álamo ó frente caladiños... ¡¡ este ano 2000 seica non houbo foto...Sr. Del Älamo !!.

Vergonzoso.

.......

Camión frigorífico onde trasladan as anguías. Teóricamente para botalas en ríos da comunidade para que sigan o seu ciclo biolóxico.

Non foi posible sacar fotografías do seu interior, o chofer, un empleado de Medio Ambiente non estaba pola labor, un home de poucas palabras...

A verdade é  que Medio Ambiente neste asunto da una impresión penosa.

Saír