É un peixe que subía polo río Miño e Ulla entre outros. Dicen que chegaba ata Ourense. Hoxe non lle deixa subir Fenosa. Dende o encoro de Frieira xa non sube a desovar.
Acada 40 cms. e un peso de 2 kg sendo as femias maiores. Son características as súas manchas polo lombo, unha mancha negra, e de 4 a 9 difuminadas.
Arman moita troula o desovar. Está desaparecendo, desgraciadamente. Os encoros non lle gustan. Tamén se chama Zamborca.



|
SABOGA |
|
A Saboga prácticamente xa non existe en Galicia, pásalle o mesmo que o sábalo, está limitado a parte baixa do Miño, ata Frieira, algún no Umia e algún no Ulla na parte baixa. Unha pena. Os encoros mal feitos son a principal causa de desaparición desta especie en Galicia. Fenosa, empresa hidroeléctrica que explota o encoro de Frieira, Castrelo de Miño e outros, e que presume de ecoloxista, debera estar gastando algúns dos que gaña en acondicionar as suas presas para que estas especies salvaran o encoro e sobreviviran. Por lei debera facelo. ¿ Por qué nono fai ? . Seguro que é máis cómodo pagar unha cantidade ridícula...de multa... Pero que non presuma de ecoloxista...que eso é unha burla os galegos...que coñecemos e amamos a nosa terra. Progreso mal entendido... |

A sabela ou zamborca: características
|
|
|
|
| Nome científico | Nome galego | Nome castelán |
| Dimensións | identificación | Diferencias sable-sabela |
| Alimentación | Habitat | Distribución en Galicia. |
| Desove | Ver outros dibuxos. | Interés |
| Protección | Ameazas |
|
![]()
| Nome científico |
Alosa fallax (Lacépède, 1803) . Clase: actinogterygii Orden: Clupeiformes Familia: Clupeidae.
|
||||
| Nome galego |
Sabela. Zamborca. Saboga En Portugal chámanlle savelha.
|
||||
| Nome castelán |
Saboga, Alosa.
|
||||
| Dimensións |
Pode bota ata 70 cms os 7-8 anos. O normal son 35-40 cms con un peso de 1 kg. inda que pode botar ata 3 kg.
|
||||
| Identificación: |
Especie autóctona. Dorso azúl verdoso, azúl crisaceo ou azúl celeste, flancos e ventre de color branco platexado ( as veces con reflexos dourados), 1 mancha negra na marxen superior da fisura branquial ( seguida as veces por 4-12 manchas do mismo cor), a aleta anal ten 20-24 radios ( menos que o sábel) , a dorsal 17-20 , etc...sigue a descripción... Realmente as descripcións de Silvio Bruno e Stefano Maugeri son incríbles do detalle que dan...merece a pena velas.
Pódese confundir o Sable e a sabela.
|
||||
| Alimentación: |
Aliméntase sobre todo de crustáceos pelágicos planctónicos o mismo que o sábel.
|
||||
| Habitats: |
Na fotografía unha zamborca. A fotografía é de Pedro Luaña, o que lle dou as gracias. Viven na mar e soben a desovar os ríos, son o que se chaman anádromos. En Galicia soio se ven algúns na zona baixa do río Miño, no Umia, no Ulla e no Navia. Bueno, é un decir, no Umia dende que fixeron o encoro no creo que chegue moi arriba... No Miño únicamente ata o encoro de Frieira. Penoso.
|
||||
| Desove: |
A freza ten lugar de febreiro a xuño, en xeral está precedida dun remonte colectivo de reproductores , sempre pola noite, os adultos revelan a súa presencia gracias a axitacións moi visibles na auga. Os ovos, deposítanse sobre o fondo e logo a deriva. Eclosionan o cabo de 4-5 días. Os novos unha vez que alcanzan unha lonxitude de 10-15 cms, abandonan as augas doces entre os meses de agosto e octubro e permanecen no mar ata alcanzar 30-40 cms. A continuación suben e volve a comenzar o ciclo.
|
||||
| Vese nos meses: |
Na fotografía unha zamborca. A fotografía é de Pedro Luaña, o que lle dou as gracias. Na primaveira e no verán víanse a centos, dicen, na zona de Barbantes e incluso en Ourense. Eu na miña vida vín ningunha.
|
||||
| Interés: |
A súa carne é de pouca calidade, según Eliseo Alonso, a súa carne e pouco apetecible. Ademais o feito de que penetren no río Miño é porque o sable vai a menos. Hai outra xente que non está dacordo có anterior, xustifica plenamente a súa pesca dende o punto de vista deportivo, xa que turra e se defende moitísimo e incluso no plato.
|
||||
| Protección: |
Ninguna. Está abandonado a súa sorte. Eu penso que e un peixe totalmente descoñecido polo galegos. Os encoros está clarísimo que desgracian esta especie. Cando se fan estudios de impacto ambiental non se ten en conta, pois xa ben...o que se pode estropear nun río cun encoro ou cunha minicentral... Claro que o progreso...a enerxía... Pois ben señores o progreso non está reñido coa conservación das especies...hai que gastar os cartos...hai que ser máis respetuoso co mundo...
A nivel da UICN está considerada como non catalogada. Para España é de categoría VU 2cd, ou sexa vulnerable.
|
||||
| Datos oficiais. Ministerio de Medio Ambiente de España. 2001: |
Categoria mundial UICN : non catalogada. Categoria para España :VU . Vulnerable ( o u sexa non está en período crítico neste momento, pero vaino estar no futuro si seguimos así...). Está no libro vermello dos vertebrados de España 1992.
Na fotografía unha zamborca. A fotografía é de Pedro Luaña, o que lle dou as gracias. AMEAZAS. A principal ameaza é a sobrepesca sobre todo en Galicia. Tamén a contaminación de estuarios, a construcción de presas, extracción de gravas e outras canalizacións. MEDIDAS DE CONSERVACIÓN. A depuración das augas residuais e a creación de pasos nas presas, adecuados para a especie, son imprescindibles. ACCIONES PARA A SÚA RECUPERACIÓN EN ESPAÑA. Ningunha, sí noutros paises europeos onde se fixeron escalas e ascensores para que emigre esta especie. Fonte: Atlas y libro rojo de los peces continentales de España. Ignacio Doadrio ( editor). Consejo Superior de Investigaciones Científicas.CSIC. Ministerio de Medio Ambiente. Madrid 2001.
|
![]()