COUTO DA LABRADA. RÍO LOR. LUGO
(Parte II-Fotografías abril do 2012)
"Dende o Cebreiro, o río Lor baixa namorando os ceos da montaña"...dí Eduardo Moreiras no seu libro "Primaveira no Lor". Nestas fotografías, o río Lor, aparte de namorar os ceos da montaña, namoran os ceos dos meus ollos e do meu amigo Julio Taboada Páxaro... (Secundino Lorenzo, autor da www).
O río Lor é, sin lugar a dúbidas, un dos mellores ríos de Lugo e polo tanto de Galicia, sirvan estas fotografías como mostra dun lugar que merece a pena, sexa pescando ou non.
Inda é un río limpo, cousa xa que empeza a ser rara nos ríos galegos.
Pulsando nas fotografías pódense ver a toda pantalla.
As fotografías son de uso libre, poden copiarse e utilizarse, basta citar o autor: Secundino Lorenzo. Ourense. Autor da www.
O "Lor-mozo" que é esta parte do río Lor, prende no peito a roseira dun corazón, e durme todas as noites cunha morea de estrelas na mau"...sigue a decir Eduardo Moreiras no sensacional libro "Primavera no Lor"...
Volvín o río Lor o día 12 de xuño de 2012 e xa era outra cousa, polo menos levaba auga. Estas son algunhas fotografías:
Baixando o refuxio. Vese a ponte colgante e o río Lor encaixado no canón. | Este é o refuxio. O camiño ten un desnivel moi grande e os coches baixan ben, o caso é subir logo. | Ten catro curvas de 360º e moito desnivel. |
Baixando o refuxio. Observar a curva... | Bosque de ribeira incrible. Hai de todo dende amieiros, castaños, etc. Por detrás pinos... | O río Lor na zona, con bastante máis auga. |
Río Lor marabilloso. Iba no seu punto. | Dende logo levaba máis auga que en abril. | Pozo. Nese lugar estreito hai polo menos catro metros de profundidade. |
Volvín o río Lor pero esta vez por riba da Labrada, o couto polo medio máis ou menos, na chamada "ruta do ouro e o ferro" que vai polo lugar, dende Salceda. Foi o día 19 de xuño. O río seguía un pouco alto e dende logo ese día parecía que non había troitas no río. O río marabilloso como sempre...