COUTO DA LABRADA. RÍO LOR. LUGO

(Parte I-Fotografías do 2003)

"Dende o Cebreiro,  o río Lor baixa namorando os ceos da montaña"...dí Eduardo Moreiras no seu libro  "Primaveira no Lor". Nestas fotografías, o río Lor,  aparte de namorar os ceos da montaña,   namoran os ceos dos meus ollos e do meu amigo Julio Taboada Páxaro... (Secundino Lorenzo, autor da www).

 

Río Lor. Couto da Labrada.

Presa con cachón. 

Río Lor. Couto da Labrada. 

Outra imaxen.

Río Lor. Couto da Labrada.

A pe de presa. 

Río Lor. Couto da Labrada. 

O couto por riba do pobo de Barxa.

Río Lor. Couto da Labrada. 

Cachón.

Río Lor. Couto da Labrada.

O río levaba moito tiro. 

Río Lor. Couto da Labrada. 

O río Lor é  verde. Tódolos ríos son dunha cor.

Río Lor. Couto da Labrada. 

Río verde. Ponte.

Río Lor. Couto da Labrada.

Por debaixo da presa. 

Río Lor. Couto da Labrada. 

Rápidos.

Río Lor. Couto da Labrada. 

Pobo abandonado.

Río Lor. Couto da Labrada.

Río verde. 

Bosque de galería. Río Lor. Amieiros. Río Lor. Couto da Labrada. Bosque de galería. Río Lor.

O río Lor é, sin lugar a dúbidas, un dos mellores ríos de Lugo e polo tanto de Galicia, sirvan estas fotografías como mostra dun  lugar singularmente bonito. Galicia é distinta. Os ríos son auténticas xoias que debemos conservar por riba de todo.

Pulsando nas fotografías pódense ver a toda pantalla. Ocupan moito, entre 100 e 200 kb. pero merece a pena disfrutar.

As fotografías son de uso libre, poden copiarse e utilizarse, basta citar o autor: Secundino Lorenzo. Ourense. Autor da www.

"...O Lor-home, cando encontra o Sil ao pé de Auga Levada, onde se cumpre a fusión suprema, non sabe o que é isa forza asoballante que tanto ten de morte coma de xénesis, pois ainda é mozo e os choplos do freixeiro cantan as primicias do amor na primaveira. Xurde, entón, dos cumes ispidos, unha labarada de paixón e pureza....". Eduardo Moreiras, Primavera no Lor.

Ir a parte II (fotografías abril do 2012)

 

Podedes ver uns videos moi interesantes sobre o couto da Labrada do Lor e tamén en Froxans, espectaculares. Autor Pablo Casanova:

Barxa e laxeiras:    https://youtu.be/ejxqJ1CqVpY

https://youtu.be/TKc0bLdMw4k

https://youtu.be/abaL_6UMsP4    este de Ponte Froxán

                                            salir.jpg (922 bytes) Volver