As lendas do Pedregal de Irimia.

Pedregal de Irimia a tres kms. de Meira, na Serra de Meira, aquí nace o río Miño. Fotografía de Secundino Lorenzo, o que escribe,  que pisou por riba das pedras e escoitou a auga como manda a tradición. Setembro do 2013. Podedes velo neste video:

 

 

 

Onde agora se chama Pedregal de Irimia, en Meira, onde nace o río Miño, hai abundantes pedras de diferentes tamaños. Pisar aquelas pedras, choutando dunha a outra, mentres se atende ao ruxir da auga que fai camiño entre elas é un dos grandes praceres que todo bo galego debe experimentar, polo menos, unha vez na vida.

     Quen puso aquelas pedras?. Para algúns foron os paxaros ao servizo da vella bruxa segundo unha versión que aparece no libro "A flor da auga" e tamén  no libro  "Romanceiro do Pedregal de Irimia"; para outros foi o mismísimo demo quen as deixou alí segundo outra narración, para outros uns dragóns, en fin...

Vou poñer algunhas das versións, que eu sepa hai polo menos sete  versións: a da vella e os paxaros, outra versión  dos dragóns, as monedas de ouro e o diaño; outra da lenda  de Irimia e o nome do río Miño, a lenda dos pecadores ou de Gorgona, a medusa,   a lenda de Irimia e os frades, e a Lenda de Bernardo de Claraval. 

Todas estas lendas están no sensacional libro "Romanceiro do Pedregal de Irimia" -Lendas - de Xosé Otero Canto, cunha particularidade marabillosa as lendas forman un romanceiro. O libro é unha xoia total.

Vamos ver en resume algunha delas:

     

Lenda de Bernardo Claraval:

     En tempos moi antigos houbo naquel lugar un pequeno cenobio ocupado por frades cistercienses. O demo tíñalles envexa e dáballe voltas á maneira de destruírlles o edificio.

    Unha tarde de verán o ceo comenzou a escurecer anunciando unha treboada que se presentou decontado. Debeu ser horrible. No medio de aquel caos presentouse o demo cos seus secuaces, todos cangados con enormes pedras coa intención de chimpalas sobre o cenobio e derrubalo de vez.

       Mais cando os frades comenzaron a rezar, a treboada retirouse e no ceo apareceron grandes claros. Disque incluso se puido ver a figura de Bernardo de Claraval, e que esta presencia sería a que fixo recuar aos demos, quen, coas présas da fuxida abondonaron as pedras amoreadas no que hoxe chamamos o Pedregal.

       No antigo coro do Mosteiro de Meira había unha cadeira decorada cunha representación deste milagre.

Igrexa do Mosteiro Cisterciense de Meira a tres km. do Pedregal de Irimia. Fotografía Secundino Lorenzo

 

Lenda de Irimia e o nome do río:

Contan as lendas acerca do nacemento do Miño, que naquelas terras vivía unha vella meiga chamada Irimia que se levaba mal cos monxes do convento. Un día, mentres vixiaba o seu gando foron os monxes a cobrarlle os impostos que nunca pagaba, e ela para se defender comezou a tirarlles pedras para botalos das súas leiras, polo que os monxes decidiron quedar coas súas terras ricas en fontes para manter ao seu gando.A feiticeira botoulles un meigallo e cubriu o nacemento do Miño con pedras moi grandes ata o fondo da súa leira, para que non puideran ir á auga.

¿Nunca poderedes probar a primeira auga deste río porque é miño¿.

 É por iso que o Pedregal lle da nome o nacemento do Miño, no ¿Pedregal de Irimia?.

 

Lenda dos pecadores ou de Gorgora, a medusa:

 

Outra fala duns homes pecadentos convertidos en pedras e que agardan a redención das súas almas coas augas limpas que alí nacen.Unha lenda relacionada coa igrexa e en concreto coa imaxe de S. Bieito que no seu retábalo aparece a imaxe dun corvo cun anaco de pan no peteiro, di que san Bieito cumpría e facía cumprir unha regra moi estrita, polo que suscitaba certo rexeitamento entre a súa comunidade, polo que nunha ocasión servíronlle un bolo de pan envelenado. San Bieito adoitaba dar de comer no peitoril da ventá da súa cela a un corvo nos seu longos xaxúns. Ese día o corvo arrebatoulle o anaco de pan envelenado para que el non o comese salvándolle así a vida.

 

 

Nota 1: o texto anterior está sacado do libro "A flor de auga" de Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Xerais. Un libro do 2006 no que se recopilan lendas de Galicia que teñen relación coa auga. Merece a pena.

 

Posteriormente

Nota 2: Todas as lendas do Pedregal de Irimia, ata oito, están postas en romance no sensacional libro de Xosé Otero Canto.

Podedes ver a referencia deste libro e algunha delas neste link desta misma páxina.

 

 

 

Nota 3: tamén no 2015, vense de reeditar o libro de Manuel María "Cando o mar foi polo río", unha auténtica gozada de libro...

Pois ben un dos capítulos é:

Crónica na que se relata a auténtica historia do nacemento do río Miño".

Outra xoia auténtica.

Non descarto en poñer o texto completo xa que nel Manuel María pon en boca, nada menos que de Manuel Paderna , a crónica real do nacemento do Pai Miño.

 

                galicia.gif (2685 bytes)Volver a Pedregal de Irimia.

     galicia.gif (2685 bytes) Volver  lendas Miño.

   galicia.gif (2685 bytes) Volver lendas ríos