As combinacións son
moitas. Pódese empezar por Fontemiña, facer unha pequena ruta nas
mismas fontes, observar a chegada do río Miño e como a auga da Lagoa
vai a este río. Logo desplazarse a Meira e facer a ruta
Meira-Pedregal. (6 kms. ida e volta)
Si a ruta se quere facer
dende Fonmiñá habera que sumar 3 ou 6 kms dependendo onde se
deixe o coche.
No 2020 empezou a
construirse un sendeiro que unirá o Pedregal de Irimia e
Fuenmiñá, é cuestión de preguntar ao Concello si xa está listo
listo. Tfno. 982330192 ou mandarun email a
consultas@concellodemeira.com
Kms.total ruta
ida e volta: 12
Kms.
Dificultade:
media-baixa.
Señalización: non ten
perda.
A situación de
Fonmiñá é 43º 13´ 30.83 ¨ N
7º 19´ 13.33 ´´ O
Google Earth
43.22523-7.320369
--o--
A situación do
Pedregal de Irimia é 45º 12´ 46.96´´ N
7º 15´ 43.57 ´´O
Google Earth
43.213044-7.262102
A ruta ten moitas
posibilidades, persoalmente eu visitaría Fonmiñá, faría un
recorrido polo parque e recorrería uns kms polo río Miño, que
chega o Parque dende o Pedregal de Irimia e dende Meira.
Logo desplazaríame a
Meira onde faría a ruta de ida e volta o Pedregal de Irimia, 6
kms, e logo disfrutaría do pobo de Meira con dúas visitas
obligadas unha a Igrexa mosteiro de Santa María de Meira, orden
de Cister século XII e outra a área recreativa "Profesor Río
Barja", moi coidada e interesante.
Ver unhas mostras:

Parque de Fonmiñá.
Interesante recorrelo, ver como nace a auga , e moita, nesta
lagoa. Ver como chega o río Miño a este parque e facer unha
pequena ruta que está indicada. este Parque de Fonmiñá está a
458 m. de altitude.

Pedregal de Irimia.
Non é doado andar entre as pedras pero merece a pena, con
cuidado, oir como nace o noso pai río Miño. É unha sensación
única. O Pedregal de Irimia está a 700 m. de altitude.

Meira é un pobo
precioso da provincia de Lugo. Este mosteiro cisterciense, do
que se conserva a igrexa é do século XII.

O rio Miño na área
recreativa "Profesor Río Barja" no centro de Meira. Marabillosa.