RUTA: ó  TEIXADAL DE CASAIO

Bosque de teixos único en España. (12/11/2013)

Camiño do  Teixadal que se ve enfrente.  O Teixadal está orientado o norte e ten detrás nada menos que Pena Survia (2112 m), no centro, e Pena Negra (2123 m.) a dereita; detrás está Pena Trevinca  (2127 m.) . O Teixadal está a 1320 m. É o bosque de teixos maior de España.

  Como chegamos?: comentario

Características da Ruta.

Fotografías. 

A fotografía  é un teixo,  dos máis de 420 que hai no Teixadal. Unha árbore que pode ter miles de anos. O da fotografía pasa de 250 anos. Chámanlle "O embruxado" por algo será...

Nesta misma páxina web,  no apartado de árbores,  tendes un ficha adicada a esta árbore sensacional; a árbore da vida eterna..

 

salir.jpg (922 bytes)  Saír a vida nos ríos galegos                 salir.jpg (922 bytes) Saír a sendeiros           salir.jpg (922 bytes) Saír a teixo  

                     

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como chegamos. Comentario...

Mapa para chegar dende o Barco de Valdeorras (Ourense)  ó bosque do Teixadal de Casaio (Ourense).

Primeiramente hai que ir o Barco de Valdeorras e dende alí ata Sobradelo. Dependendo da ruta, por suposto, xa que o Teixadal pódese ir dende outros lugares como Ponferrada, neste caso, habería que ir a Sobradelo ou dende a Veiga (Ourense).

En Sobradelo coller a estrada que leva a Casaio e logo nese lugar facer a ruta que poño a continuación.

O Teixadal de Casaio é un bosque de teixos dunhas 2 Ha. En total hai por riba dos 420 teixos. No bosque por suposto hai outras árbores como carballos, cerquiños, pradairos, capudres (serbal dos cazadores), acivros, avelairas e algúns máis. ¡É unha pasada!...

O regato do Penedo atravesa o Teixadal de arriba abaixo, arriba son 1.400 m. Este río xúntase máis abaixo co regato de Castaño para logo formar o regato de  San Xil. Na zona hai moitos regatos; algúns no verán secan...

É un bosque único en Europa e está ben conservado,  sin dúbida polo dificil que é de chegar ata el.

O Teixadal é unha xoia botánica a nivel mundial, así queda dito polo diario O Sil de outubro de 2016. "O Teixadal é un espazo tan engaiolante como inaccesible. Precisamente esto permitiu a súa pervivencia ao longo de miles de anos"... dice Ángeles Rguez. nese traballo. É resulta que é totalmente certo. Según Olano Gurriarán autor do libro "El tejo  y el Teixadal de Casio" (2004-Dep. Ourense), "O que fai excepcinal ao Teixadal non é a súa extensión, nin o número de teixos, senón a antigüidade deste bosque, que se mantén inalterado nese lugar dende hai milleiros de anos"..."Aquí non funciona dende hai moitos anos a reprodución por sementes. O teixo ten sido capaz de reproducirse de forma natural polo método vexetativo do acodo a partir dalgunha das súas ramas". Efectivamente no bosque vense teixos que nacen de ramas caidas...

Eduarno Olano Gurriarán é autor do libro "El Tejo y el Teixadal de Casio", publicado pola Diputación de Ourense no ano 2004. O libro é un estudio pormenorizado e exhaustivo do bosque de Teixos do Teixadal. Ver datos do estudio que fixo nesta misma páxina web, no apartado de árbores e na ficha  dedicada o teixo.

Para rematar ese artigo dice Olano Gurriarán "O Teixadal continuará sendo, co seu singular ritmo vital e a súa atmósfera engailonte, o guardián máis lonxevo da flora autóctona galega e o avó dos bosques europeos"

Mapa onde aparece a ruta que fixemos entre varias que hai para chegar o Teixadal de Casaio.

A ruta parte da capilla de San Xil, a nova que se fixo en 1973, que está a 4 kms. de Casaio pola estrada OU-122 que sube o Hotel de Pena Trevinca. Hai que apartarse a dereita, é doado xa que aparte da capela hai un campo de fútbol.

Concretamente partimos do camiño que hai a dereita desta fotografía e que leva a primeira pizarreira.

Escollemos está ruta xa que supoña en parte andar 10 kms en 4x4 bordeando de forma non fácil dúas canteiras de pizarra, xa que estaban a traballar,  e logo pasar polas minas dos alemáns, minas de Valborraz, onde chegaron a traballar 1000 persoas na segunda guerra mundial, para extraer wolframio para as forzas alemáns. Subiremos o alto do Seixo para deixar o 4x4 xusto onde baixa o camiño a capilla antigua de San Xil.

Minas de Valborraz explotadas polos belgas na primeira guerra mundial (1913-1928) e logo polos alemáns (1937-1945) na segunda guerra mundial. Nela traballaron 461 presos políticos extraendo wolframio que logo os alemáns usaban para endurecer os materiais con que facían os tanques entre outros. Abríronse, varios empresarios da zona,  nos anos cincuenta (1954-1963) aproveitando a guerra de Corea. Logo quedaron abandonadas...

Na ruta de 10 km. en 4 x 4 houbo momentos malos, sobre todos os pasos polas dúas canteiras de pizarra e os pasos entre escombreiras. Logo hai un mal paso nas minas de Valborraz, o pasar o regato que leva ese nome nunha curva, e outro máis subindo o alto do Seixo...

Fotografía subindo o alto do Seixo 1.474 m, ó fondo as canteiras de pizarra que tuvemos que pasar. O alto do Seixo marca dous mundos, os das canteiras de Pizarras, eu penso que único no mundo, nestes lugares hai canteiras por todos os lados,  e ó da natureza pura e dura pero incrible co bosque do Teixadal e o valle do Foio Castaño e as alturas de Pena Trevinca, Pena Surbia e Pena Negra e outros. ¡Marabilloso e único!

Baixando o alto do Seixo, neste cruce deixamos o 4x4 ,  os carteis poñen a dereita baixando a capilla de San Xil, de frente O Teixadal e na dirección que traíamos as Minas de Valborraz. Dende este lugar hai 3 kms. o Teixadal.

A partires dese punto hai tres kms o Teixadal. Dous por bon camiño, ata a mina de ferro,  e 1 kms. de carreiro peligroso, xa que hai que ir con moita precaución.

Nesta fotografía vese o carreiro que hai que seguir. No medio a mina de ferro. A partires dese punto o carreiro en algúns pasos é peligroso

 

Bosque do Teixadal; unha imaxen para a vida...

"A terra pertence os seus donos, pero a paisaxe só é de quen sabe apreciala"

A frase é de Upton Sinclair.

Está claro que esta imaxen é miña...

 

Nota de xustiza: moitos datos desta ruta están tomados do PDF de Senderos Geonaturales do Instituto de Estudios Bercianos (Aula de Naturaleza y senderismo), que foron os que me deron a idea da ruta a facer.

O pdf está neste link.

salir.jpg (922 bytes) Volver.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características da Ruta.

Chegada o Teixadal. Observar o sendeiro a esquerda. ¡Impresionante!.

----------------------

Kms.total  ruta ida e volta: 26     Kms.        

En 4 x4:  20 km (ida e volta)         e      camiñando 6 km (ida e volta).     

Tempo estimado: con calma e vendo as cousas 5-6 horas.

Desnivel bruto: 70 metros.   

Dificultade: alta co 4x4, hai pasos moi malos,  o resto, andando,  a dificultade e baixa salvo o último km. que lle poño a nota de media-alta. É un sendeiro estreito e nalgúns momentos hai pasos de moita dificultade.

Avisos: No bosque hai que andar xuntos e saber orientarse, non é dificil perderse de vista. O bosque ten o río Penedo que ó atravesa. É pequeno 2 ha. ou sexa dous campos de fútbol pero e largo e estreito (180 m. largo x 100 m. ancho todo moi empinado). As árbores están bastante xuntas e hai que seguir os sendeiros feitos. A clave é o río Penedo, que dependendo da época do ano pode levar moita auga. Repito é fácil perderse.

O Teixadal. Ver as árbores bastante xuntas...

--------------------------------------

A situación do Teixadal de Casaio  é 43º 17´ 23.70 ¨  N            6º  45´ 52.80 ´´  O

Coordenadas en Google Earth  42.28991       -6.764666

En Google Maps

--------------------------------

Nesta fotografía vese o carreiro que hai que seguir. No medio a mina de ferro. Nese lugar hai un mal paso...

salir.jpg (922 bytes) Volver..