Taxus baccata.

Teixo. (Tejo)

 

O teixo  non o teño visto á beira dos ríos galegos pero, eso sí, non moi lonxe. Dende logo gusta moito dos lúgares húmidos.  Na fotografía vese un teixo na Ferrería,  a carón do río da Edreira e do río Torneiros en Chandrexa de Queixa, Ourense.  (1.100 m. de altitude).

En Ourense hai un bosque de Teixos sensacional,  o Teixadal de Casaio, un bosque único; xa tendes fotos da miña visita... Tamén no Xurés e no Courel  hai teixos. Por suposto hai teixos en moitos cemiterios galegos, por eso da vida eterna...

O teixo é hoxe raro en Galicia, pero en tempos non o foi. Hai moitos nomes como Teixeira, Teixido, Teixedo, etc. que  demostran que en tempos había moitos. A provincia de Lugo leva a palma, seguramente polo tipo de suelo,  en moitos lugares calcáreo...

Características.

salir.jpg (922 bytes) Saír.                 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Características do Teixo:

 

 

 

Nome científico.

NOME CIENTÍFICO:

Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005.

Teixo no Teixadal de Casaio. Fotografía de Secundino Lorenzo

 

Taxus baccata L.

Clase: Tasopsida

Orde:  Taxales

Familia:  Taxáceae.

Género: Taxus

Especie: Taxus baccata

Nota: taxus, que é o nome latino do teixo, derivada de ordenado en filas, como así é a ordenación das súas follas en dúas filas ou en grego taxikos:  veleno, que podría ser xa que o teixo é veleno puro. Todo é veleno agás a envoltura da semente ou arilo. Baccata é baga, ven do latín baccatum, pola apariencia do seu froito.

Na fotografía vense estos conceptos: o ordenamento en filas e as bagas do froito, que por certo é a única parte do teixo que non é velenosa; ollo a semente si é velenosa...

Volver a características

 

 

 

 

 

Nome galego

NOME GALEGO:

Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005.

Teixo, teixeira, teixeiro, teixoeira, árbore druídica, etc.

Fotografía do teixo sacada polo autor da web no Courel na Devesa de Paderne.

Volver a características

 

 

 

 

 

Nome castelán

NOME CASTELÁN:

Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005.

Tejo, tejón, taxo.

 

Outros nomes. Idiomas:

Dibuxo do teixo.

Astur: teixu.   Euskadi: agin . Catalán: teix .  Inglés: yew .  Alemán: eibe. Portugués: teixeira. Francés: if commun.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Dimensións

DIMENSIÓNS:

Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005.

O teixo é un arbusto que pode chegar ata os 15 metros de altura.

A copa é ancha e densa. Eu diría que distinta.

Poden vivir moitos anos, no Teixadal de Casaio en Ourense fálase como moito de 500 anos, pero hai datos de teixos con moitos máis anos.

Seica hai un en Escocia, en Foringall,  que ten sobre 3.000 anos. A árbore máis vella do planeta non é esta, é un piñeiro que ten máis de 4.768 e que habita as white Mountains de California.

 

Teixo. Fotografía de Carlos G. Hervella.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Identificación:

Identificación:

Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005.

En Galicia hai moitos teixos nos cimeterios. A vida eterna...

O teixo non é dificil de identificar:

O teixo é unha árbore única: a súa copa amplia, ramas horizontais e moi numerosas no interior e forma piramidal é moi característica.

O teixo é unha árbore pequena, realmente. O normal son catro ou cinco metros.

As súas follas perennes dun verde forte, en dúas filas. Follas longas e estreitas, son fáciles de distinguir.

As follas do teixo. Fotografía do autor da web. O Courel.

Outra fotografía das follas:

Teixadal de Casaio. Autor da web. Observar as follas. Por certo é feminino este teixo.

O seu tronco tirando a vermello tamén é moi característico. Tamén se desprende en tiras, bastante irregulares.

 

Interiormente ten moitas ramas algunhas horizontais.

A fotografía está sacada do lin de Jardin-Mundani.es.

O froito so se produce nos pés femininos. É globoso como se pode ver na fotografía. A semilla que vai dentro é de cor negro e a envoltura que se ve é un arilo (envoltura en forma de copa)  de cor vermella.

Outra fotografía, sacada no Teixadal de Casaio:

 

Por certo toda a planta é tóxica excepto o arilo vermello.

 

Na lámina da esquerda vense detalles do teixo moi importantes: como por exemplo,  as follas lineais e aplanadas, cun ápice moi aguda.

Tamén o froito e a semente que leva dentro,  de cor escura.

 Tamén se ven as flores femininas e masculinas.

É curioso que estas flores nacen en árbores distintos, sendo o mismo teixo. Ou sexa hai teixos que botan flores femininas e teixos que as botan masculinas.

 

Neste dibuxo tomado  do libro Guía das árbores de Galicia de Henrique Niño Godoy e  Carlos Silvar, vense as flores macho e femia así como o aspecto destas ramas.

As femininas son solitarias, verdes. As masculinas non, están situadas nas axilas das follas. Son amarelas.

Flores masculinas. Parecen pequenos clavos. Son amarelas. Descoñezo o autor da fotografía.

Flores femininas. Fotografía de Dennis Steveson. Observar que son solitarias e verdes.

Sobre o aspecto do teixo situado nun bosque, visto en conxunto con outras árbores,  é curioso xa que o teixo distínguese sexa a época do ano que sexa, marca o verdor do bosque, un verdor distinto. Na fotografía que sigue é primavera, pero na seguinte é  outono e o teixo segue a dar un verde oscuro incrible.

Fotografía sacada en primavera. Teixadal de Casaio. Libro de Eduardo Olano Gurriarán, El Tejo y el Teixadal de Casaio. Observar os verdes profundos dos teixos, mezclados por suposto con outras árbores.

Misma zona no outono, os teixos siguen a dar un verde único neste caso un pouco máis oscuro. Fotografía sacada do mismo lugar que a anterior.

Libro de Eduardo Olano Gurriarán, El Tejo y el Teixadal de Casaio

Libro de Eduardo Olano.

Fotografía da miña visita o Teixadal.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

Habitats:

 

HABITAT: 

Fotografía sacada do libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio Ourense" de Eduardo Olano Gurriarán. Na fotografía precisamente o Teixadal de Casaio (19.974 m2, osea casi dúas hectáreas)

Ver outra fotografía, máis ampliada,  do Teixadal.

O teixo habita en bosques mixtos, barrancos como a da fotografía, que sexan sombrizos, en zonas altas de montaña (entre 500 e 1.750 metros é o ideal). Soporta moi ben o frío, pero mal as xiadas.

Preferentemente solos calizos pero tamén se ve en solos ácidos.

En Galicia atópanse teixos por suposto no Teixadal de Casaio (Carballeda de Valdeorras- Ourense), que sin dúbida é o mellor conservado de España.

Temos teixos tamén nos Ancares, no Courel e en Trevinca.

Tamén moitos teixos a carón de igrexas como a de Córneas, Carballido, Cereixido e outras... Máis ben diría a carón dos cemiterios, xa que o teixo asociábase a vida eterna...

O teixo plantábase moito nos cemiterios. O teixo está asociado moito o da vida eterna...

Teixo de Cereixido (Quiroga). Fotografía Adela Leiro.

Hai quen dice que o teixo plantado nos cemiterios, as súas raíces van cada unha a boca dun morto para alimentarse,  e tamén para espantar o demo... Outros dicen que o que fai o teixo é coller os segredos non contados en vida polos mortos, e polas follas sacalos o vento...

Dicen que cortar un teixo trae mala sorte.

Teixos famosos en Galicia hai moitos, incluso xa catalogados como árbores senlleiras, catálogo inicial, así cós números 102-103 e 104 hai tres teixos:

Teixo do Pazo de Baldomir (Bergondo).

Teixo do Pazo de Bladomir en Bergondo. Fotografía Adela Leiro.

 

Teixo da igrexa de Córneas (Baleira, Lugo)

 

Teixo da Igrexa de Córneas en Baleira. Lugo. Fotografía Adela Leiro.

Teixo da casa de Tenreiro (Pontedeume).

Teixo da casa de Tenreiro en Pontedeume. Fotografía Adela Leiro.

 

Fálase de que precisa terras calizas, cando por exemplo en Ourense dase en terras non calizas. O que é certo é que precisa moita humedade, polo tanto terreos onde chova moito. A sequía non lle gusta nada.

A nivel de España pouca cousa: hai teixos en todo o norte incluidos a zona dos Pirineos, despois son fabas contadas como Mallorca, zonas de Extremadura, algún de Navarra, algo en Andalucía e pouco máis.

Durante a época terciaria e períodos interglaciares estuvo moi extendido, hoxe está en peligro de extinción en España, non  mantemos o noso patrimonio natural nin de coña...

Algo haberá que facer...

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

Follas, flores e froitos:

FOLLAS

Fotografía sacada de A Pinguela.com.

As follas son de forma lineal, coriáceas, longas e estreitas cunha cor verde moi chamativa. Aparecen en dúas rengleiras.

 

Teixadal de Casaio. Autor da web. Observar as follas. Por certo é feminino este teixo.

 

Polo envés son verde-amarelentas.

As follas son perennes.

Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005.

Ilustración que comprende as distintas fases das flores femininas e masculinas e as características do teixo. Sacada dun link de Wikipedia.

 

Volver a características

 

 

 

 

FLORES

As flores masculinas forman piñas pequeniñas, e as femeninas van soias.

Flores masculinas. Pequenos, redondeados e amarelos.

Flores femininas. Fotografía de Dennis Steveson. Observar que son solitarias e verdes.

Florece en marzo ou abril e botan os froitos no verán. Os froitos son a parte feminina, que crecen en árbore distinta.

Fotografía sacada do libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio Ourense" de Eduardo Olano Gurriarán.

Ciclo da flor e do froito do teixo.

Volver a características

 

 

 

 

 

FROITOS

Os froitos (falsos froitos) vai acochando a única semente que ten a árbore. Os froitos son de cor vermella.

Fotografía sacada do libro "Árboles de nuestros bosques" de Susana Dominguez y Ezequiel Martínez.

A palabra baccata ven da envoltura que rodea as semillas. Realmente parece unha baga, falsa baga de 10 mm. que é ovoide cun arilo, aberto por riba. Madura a finais do verán.

Teixo feminino. Hai teixos femininos e masculinos.

O libro de Eduardo Olano Gurriarán, publicado fai pouco pola Diputación de Ourense (2004),  distingue entre teixos machos e femias e explica o proceso de floración, que non é moi doado nin propio desta ficha divulgativa.

Simplemente decir que o vento é unha parte primordial no  proceso.

Como dice o outro, o interesado que lea o libro. Merece a pena...

En algúns lugares de Asturias concretamente en Bermiego o froito chámaselle moquillo. Dice unha mestra do lugar sobre o moquillo: "Non é certo que sexa velenoso, o único velenoso é a vulva fermentada coa que se untaban as flechas para cazar en tempos".

O moquillo é dulzón e ten moito xugo o que é velenoso é a vulva.

Froito. Fotografía de Jardín de Mundani.

Froito do teixo. Fotografía Teixadal de Casaio. Secundino Lorenzo.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

As propiedades  do teixo, e outras:

PROPIEDADES DO TEIXO-CURIOSIDADES

A pranta toda é pezoñenta (ramas, follas e madeira), a semente é velenosa. De feito as ramas producen a morte os cabalos, que as comen,  en pouco tempo. Con medio quilo de ramiñas teñen dabondo para morrer...

Tamén se fala de que abortan as vacas que comen as súas follas.

Seica os gatos e os coellos non lles pasa nada.

O único que non é velenoso e o froito (pero non se aconsella que se coma), pero soio o arilo, a semente, que ten dentro,  tamén é velenosa. É un auténtico veleno todo o teixo. É moi activo. A súa toxicidade é altísima e moito maior en inverno que no verán. (Interesados ver este link)

Na fotografía unha folla do teixo coa envoltura que recubre a semente; é un cono feminino; o único comestible polos paxaros é o arilo (que ten forma de copa). A natureza é sabia. Así as aves poden perpetuar a especie.

Seica contén un alcaloide, a taxina, que produce a morte o pouco tempo...A taxina tena toda a árbore salvo a envoltura carnosa da semente, que por esta razón poden comer as aves e así propagar a especie.

Segundo a lenda, os galaicos do Monte Medulio beberon unha beberaxe feita de taxina para así non ter que rendirse aos romanos...

Actualmente a semilla, utilízase como fármaco con bons resultados (o taxol é moi coñecido nos medios científicos para  atacar algúns cancros...)

As follas usáronse como antídoto  contra as mordeduras de víbora, contra a rabia e tamén como abortivo. Nalgúns lugares utilízanse os bafos das súas follas para limpar as vías respiratorias das vacas.

Flores masculinas do teixo.

--------------------------

En Galicia e noutros lugares atópanse moitos  teixos a carón de igrexas como á de Córneas, Carballido, Cereixido e outras... Máis ben diría a carón dos cemiterios, xa que o teixo asociábase a vida eterna...

O teixo plantábase moito nos cemiterios. O teixo está asociado moito ó da vida eterna...

Hai quen dice que o teixo plantado nos cemiterios, as súas raíces van cada unha a boca dun morto para alimentarse,  e tamén para espantar o demo...Outros afirman que o teixo o que fai e coller os segredos de cada un dos mortos, os que non se dixeron en vida, logo polas follas esos segredos  quedan liberados ó vento...

Dicen que cortar un teixo trae mala sorte.

---------------------------------------------------

 

A árbore xefe dicen algunhas culturas.

O teixo sempre se considerou unha árbore superior. Por exemplo en algunhas culturas norteamericanas o teixo chamábano "árbore xefe", e incluso existe a lenda de que alguén lanzou o ceo unha flecha de teixo na que viaxaban os animais que posteriormente deron lugar as constelacións.

De feito o teixo é unha árbore especial xa que ten unha gran tolerancia medioambiental, son os máis lonxevos do planeta, a partir dos 700 anos a árbore fai ocos no seu tronco pero é capaz de plantar esquexes e prender, co cal prolonga a súa vida. Soporta altas temperaturas, ata 51 Cº e sobrevive incluso en terreos rocosos... Ten ademáis un crecemento lento, que é a clave dos anos que pode vivir, incluso paran o crecemento nunha etapa ou son capaces de volver a xuventude... Soporta moi ben as enfermedades, ten unha madeira moi dura e non se lle mete man fácilmente. Os conductos de paso da savia son moi pequeniños e posee o taxol que é unha defensa química incrible. A nivel de Xenética ten alta producción de polen e gran dispoersión a calquera edade. Todo son ventaxas para vivir máis...

A expresión "tirar los tejos" (facer insinuaciones amorosas a unha persoa), procede da antigua costume de algúns pobos en que as mozas botaban os froitos do teixo sobre os rapaces casadeiros, para buscar marido. Non teño noticia de que esta costume se fixera en Galicia; sin lugar a dúbidas porque o teixo non é moi abondoso, non resultaría...

Estas boliñas, o parecer, son as que tiran os mozos.

Na fotografía de Jardin Mundani vense perfectamente os froitos os que se refire o dito  "tirar los tejos"...

O teixo e sin dúbida unha árbore curiosa: o que está dito arriba únese o uso da súa madeira para facer arcos entre outras moitas cousas (Ver o apartado da madeira e a súa calidade).

Esta árbore aparece, non podía ser menos referenciada no Quijote por Cervantes no capítulo XIII, neste caso formando parte duns adornos funerarios que levaban uns pastores que acuden o enterro de Crisóstomo.

Por suposto tamén aparece nas obras de William Shakespeare, así na escena V do acto I de "Hamlet" utilízase o teixo para envelenalo. Tamén en Macbeth na primeira escena do carto acto , cando as bruxas lanzan os seus conxuros: ..."Escamas de dragón, dientes de lobo, humor de momia, garguero y estomago voraz, tiburón de mar salada, raíz de cicuta arrancada de las tinieblas, hígado de judío blasfemo, hiel de cabra y ramas de tejo cortadas en noche de eclipse lunar..."

------------------------------------

Plinio decía que clavando un clavo no tronco do teixo quitábaselle a súa maldaz, ou sexa o ser velenoso.

Ollo que esto non é certo...

------------------------------------

 

O arte topiario co teixo:

(Moita desta información está recollida dun capítulo do libro  "El Tejo en el arte topiario"  de Eduardo Olano Gurriarán.)

Descoñecía o "arte topiario" sobre todo o realizado con teixos. Nos seguintes exemplos vese as posibilidades deste arte. Fan marabillas.

A base:

O teixo é utilizado como ornamental en pés illados ou formando sebes, xa que tolera moi ben tanto a poda como o recorte.

 

Ver estas imaxes:

As tres cousas están montadas con texos. Son texos podados e cortados.

Nesta fotografía de Mathieu Sontag todos os setos esféricos que se ven son texos.

Este tema é analizado no libro de Gurriarán e nun capítulo que titula "El tejo y el arte topiario"

O tema é moi curioso e fala da capacidade do teixo para montar xardíns e similares xa que o teixo vai sempre para arriba, canta máis podas e recortes se lle fagan máis crece...

Seica a sebe ou seto maior do mundo está feito en Gloucestershire no Cirencester Park, o seta ten 270 anos e doce metros de alto o ancho é de seis ou sete metros. Incrible.

O seto debe ser o que se ve na fotografía.

 

Famosos son os setos laberínticos como por exemplo o de Hampton Court (Gran Bretaña) plantado en 1690 e famoso a nivel mundial.

Ver neste link cousas curiosas sobre este laberinto.

O laberinto está feito con teixos, ver esta fotografía, a altura e moi considerable.

Tamén hai figuras incrible nos xardíns, como por exemplo no Parque do Retiro en Madrid:

Figura incrible, parece unha tarta. Parque Retiro Madrid. Ver este link.

Todo esto estuvo de moda polos século XVII e XVIII e chámase "arte topiario" do inglés topiary que son os xardineiros que fan figuras e labores con plantas e a´rbores. En castelán non existe esta palabra...

Chegaron a facerse auténticas barbaridades con estos cortes e as imitacións de todo tipo.

Por suposto que en Galicia tamén hai algúns destos casos raros como o texo dunha finca en Pontedeume do que fala entre outros Pardo Bazán.

Ver este link con detalles sobre este teixo.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tronco:

TRONCO

Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005.

O tronco e curto e moi groso pode chegar a ter 1.5 metros.

A corteza é parda-grisácea e tirando a vermella (na fotografía vese no centro esta cor vermella).

 Despréndese en tiras largas e finas.

Na fotografía copiada do libro, figura un teixo que Eduardo Olano chama embruxado. Observar o tronco, presenta xa unha cor tirando a vermella. Sin dúbida trátase dunha árbore distinta e espectacular...

A madeira é moi apreciada en ebanistería e tornería. É dura, resistente, non se estropea fácilmente e ten un colorido que a fai unha madeira especial.

Toro do teixo; a súa cor é especial. Pero aparte é durísima, parece ferro.

(Fotografía sacada desta www. El Tejo.)

Tronco de teixo.

Antiguamente facíase de todo con esta madeira ata arcos, de feito seica é certo o seguinte:

"No barco Mary Rose, o barco preferido do rei de Inglaterra Enrique VIII, afundido  en 1545, no seu interior atopáronse 167 arcos feitos de madeira de teixo."

Dise cunha hacha que apareceu en Clacton (Inglaterra) e que estaba feita de teixo ten máis de 50.000 anos. Queda dito...

Tamén se facían instrumentos musicais, rodas de carro, vigas, pas para extraer cobre das minas, etc.

O teixo foi usado para facer travesas do ferrocarril.

Seica o teixo foi usado para os pilares dos castros, non sei o que haberá de certo nesta afirmación...

Os faraóns en Egipto gustaban desta madeira para facer os sarcófagos.

Resumen:

Densidade Moi pesada.
Utilización Madeira moi valiosa para torno, escultura, marquetería (embutidos), e aplicacións afíns.

Datos sacados deste link: http://home.utad.pt/~floresta/LPF/taxus_baccata.htm

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Interés dun libro que soio fala de teixos.

EL TEJO y el TEIXADAL DE CASAIO (Ourense)

Fotografía sacada do libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio Ourense" de Eduardo Olano Gurriarán. Portado do libro.

O libro está publicado pola DIPUTACIÓN DE OURENSE  no 2004

Este libro é unha auténtica xoia, o mesmo que o Teixo e o Teixadal de Casaio que describe.

Trátase dun libro escrito enteiramente falando do teixo (dende o seu nome, habitat, área xeográfica, madeira, literatura, toxicidade, medeciña, e un longo etc. Logo describe o Teixadal de Casaio de forma moi orixinal (422 teixos, casi nada), menudo traballo, falando da súa renovación continua e cousas moi, moi curiosas...)

Unha tarea incrible de meticulosidade, de detalle, de ciencia por suposto...e un amor que rezuma dentro e fora do libro.

Enhoraboa o autor. Marabilloso.

Fotografía sacada do libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio Ourense" de Eduardo Olano Gurriarán. Na fotografía precisamente o Teixadal de Casaio (19.974 m2, ou sexa casi dúas hectáreas)

Ver outra fotografía, máis ampliada,  do Teixadal.

O teixadal  é un bosque mítico e único que hai que vivir e ver e palpar. Síntese ben no libro citado. Fala de que o Teixadal ten máis de 400 teixos, que por certo son imposibles de contar por moitas razóns...

Dentro desos teixos, no libro, fanse certas clasificacións moi interesantes, como os teixos  esbeltos,  os multitronco, os embruxados, os caídos, os eivados, os que son lenda, os  que son suxerentes e moitas máis cousas.

O caracter fundamental de todos os teixos que ali viven é a súa constante renovación, de calquera rama dereita ou non,  de calquera raíz nace a vida continuamente...

Dúas mostras das moitas fotografías, por certo moi boas e traballadas,  que ten o libro e que comenta o autor:

Un dos embruxados, hai que miralo a fondo, pódese ver de todo na súa cara...

O eivado, o representante clásico do Teixadal, todo un exemplo. Non hai máis que velo como desapareceu o seu tronco, como se vai a esquerda incluso con muletas e como a partir dese punto crece con vigorosidade non un gran tronco si non dous...máis dificil inda...

Un eivadao especial....

 

No libro analízanse moitas cousas sempre referenciadas o teixo como o cálculo da edade dos teixos, cálculo dos que hai para dar e tomar.

É moi interesante e axustado o método de Allen Meredith que se basa nos metros de ancho de tronco medidos a partir de un metro do chan.

Meredith fala da seguinte equivalencia:

3 m         266 anos

4 m         377 anos

5 m         585 años

6 m.        870 años

7 m       1.200 años

8 m.      1.700 años

9 m.      2.300 años

10 m      3.000 años

Da unha idea do tema.

No Teixadal de Casaio hai de todo pero en xeral teixo xoven. Teño en conta os datos que aparecen abaixo do traballo de Eduardo Olano e as tablas de Meredith. 14 teixos sobrepasan os 3 m. de perímetro, polo tanto os 266 anos...está claro.

De todas formas hai que situarse nestos datos e ter en conta a grandiosidade deste bosque libre, con teixos que viven libremente ou sexa son os donos totais da súa existencia, algo único...

Este é un resumen que aparece no libro, sensacional, de Eduardo Olano:

En canto a perímetro:

Con perímetro menor de 2 m

313 teixos

Con perímetro entre 2 m- 3 m 60 teixos
Con perímetro entre 3m - 4 m 10 teixos
Con perímetro entre 4m - 5m 4 teixos
Con perímetro sin especificar 21 teixos

TOTAL ------>

408 teixos

 

En canto as alturas:

Con altura menor de 12 m

288 teixos

Con altura entre 12-15 m 80 teixos
Con altura mayor de 15 m. 10 teixos
Con perímetro entre 4m - 5m 7 teixos
Con altura sin especificar 33 teixos

TOTAL ------>

408 teixos

 

 

--------------------------------------

 

Por certo como curiosidade o teixo de Fortingall na rexión de Perthshire en Escocia ten 2000 anos .

Está no patio dunha casa, protexido por un vallado. Antiguamente no lugar había unha iglesia e un cimiterio.

Texo de Fortingall (Escocia). 2000 anos.

-------------------------------------------

Nota engadida sobre o estudio do Teixadal de Casaio no libro citado:

Soio dar a referencia de como foi feito o estudio do Teixadal de Casaio, para elo está dividido en zonas.

 

División do Teixadal no libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio (Ourense" para o seu estudio.

O libro está publicado no 2004 pero vexo apuntes do 1976...casi nada. O  gordo do traballo fíxose a partires de 1995.

 

Neste exemplo vese a zona A e dentro dela os teixos que hai nesa zona coas súas alturas e perímetros, por exemplo nela están os teixos nº 1, 2, 3 etc.

Finalmente está o detalle de cada árbore aparte, desta forma:

Con detalles escritos en cada un deles e moi doado de entender.

Por exemplo o primeiro é o nº 1 A , está claro que esta na cuadrícula A de arriba e marcado co nº 1 ten unha altura de 4,5 un perímetro de 0,66 e a figura que se ve. Non pon nada en Observacións.

Asi ata 422 árbores un por un.

Un traballo de chinos...

Por exemplo no nº  8 deste pequeno exemplo  pon nº  8 A altura 10, perímetro 2,71 Observacións "4 pies unidos base. El más grueso h:2,71.

¡Marabilloso!

Repito

Enhoraboa polo traballo.

-------------------------------------------------------------------------------------

Neste link pódese ver a miña visita o Bosque do Teixadal con datos, comentarios e moitas fotografías desta marabilla.

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

O TEIXADAL DE CASAIO.

 

Fotografía do Teixadal de Casaio (Ourense). 19.977 m2, ou sexa casi dúas hectáreas. Ten un perímetro de 708 metros. Un largo de 180 m. por  110 metros aproximadamente, para que podamos situarnos.

O Teixadal está na zona do Barco de Valdeorras, pertence o Concello de Carballeda de Valdeorras e a carón do pobo pizarreiro de Casaio. Os pes precisamente de Pena Trevinca norte (2.124 m.), son o teito de Galicia Peña Negra 2.100 m. e Peña Trevinca con 2.127 m,   nun lugar por sorte de dificil acceso  a pesar de que moi preto estaban as famosa minas de Wolframio dos Alemán as minas de Valborraz.

Situación do Teixadal de Casaio na Provincia de Ourense, en Galicia e facendo fronteira con León e Zamora.

Nexa zona nacen ríos emblemáticos da nosa xeografía e das provincia limítrofes: como a Tera que vai cara Sanabria, o Cabrera que vai o Sil e os grandes Xares que vai o Bibei, tamén o río Bibei que vai o río Sil e moitos, moitísimos regatos como o Penedo e o Castaños que van o río Xan Xil e logo o Casoio unha magoa de río que desemboca no río Sil.

Situacion Teixadal na Provincia de Ourense. No Barco de Valdeorras. Carballeda. Casaio.

Nesta pequeno mapa pódese ver como dende Casaio e partindo da capela de San Xil e pasando polas minas de Wolframio de Valborraz se chega o Teixadal. A ruta non é doada xa que hai uns 15 km. con moitos altos e baixos. O primeiro tramo é feo, hai pizarreiras e a paisaxe mostra outras moitas, pero unha vez superado o alto do Seixo a 1500 m. xa as cousas cambian e o que se ve é marabilloso.

Na parte de arriba do Teixadal está Pena Trevinca o teito de Galicia (2127 m).

A zona é pizarrosa e non hai máis que ver os mapas...

---------------------------------------

Ampliación curiosa sobre a ruta o Teixadal:

Minas de Valborraz en explotación (Fotografía :http://mineralesyfosiles.blogspot.com.es)
 

Camiño do Teixadal atopamos a mina de Wolframio máis importante de Galicia, chegaron a traballar nela ata 1000 persoas. Por certo a 1º Fase 1913-1928 foi Belga, Compañia Belga Mines de wolfran de Balborraz baixo a dirección de D. Edgar D¨oore, morto en Ourense cidade, nun dos retretes do Hotel Miño, víctima seguramente dos servicios secretos alemáns na primeira guerra mundial. Logo a fase dos alemanes 1937-1945, aquí foi onde chegaron a traballar mil persoas entre eles 461 presos políticos enviados por Franco (andaluces, extremeños, madrileños e asturianos) en pago a Hitler polos favores que lle fixo co armamento  e outras cousas na Guerra de España, levantamento de Franco contra a República, 1936-1939. En 1945 houbo unha gran explosión, na sala de máquinas e deuse por terminada esta fase. Suponse que foron os propios alemás para que non caeran en mans aliadas.

Tuvo outro repunte coa guerra de Corea en 1954., pero xa con explotación de xente da zona.

Na película Lobos Sucios tendes aclaracións sobre esta Mina e os seus traballos. A película é de Felipe Rguez. e dura 29 m.

Misma imaxen anterior pero con máis perpectiva. Esta é dos anos 1992 e está sacada do libro "Ourense Natural". Vese o barracón de presos políticos a esquerda arriba. Abaixo estaban os oficiais e soldados.

----------------------------------------

 

No teixadal hai por riba de 400 texos mezclados con acivros, pradairos, serbais, bidueiros, avelás, freixos, carballos e outras árbores que fan un bosque único en Galicia e por suposto en España. O teixadal está a 1.350 m. de altura. Casi nada...

Entrar no Teixadal dice Eduarno Olano é entrar nunha catedral onde en vez de pedras hai árbores. O bosque infunde un respeto incrible. Estamos ante árbores que miran para nós, un ser vivo que leva xa unhas xeneracións anteriores a nosa vivindo e que seguirá...

É o bosque de teixos máis importante de España e mellor conservado.

 

Na fotografía copiada do libro de Eduardo Olano, "El tejo y el Teixadal de Casaio (Ourense"  figura un teixo que el chama  embruxado. Observar o tronco. Un dos máis de 400 teixos que hai no bosque.

O eivado, outro teixo característico. Unha auténtica marabilla que hai visitar...

 

--------------------------------------------------

Neste link pódese ver a miña visita o Bosque do Teixadal con datos, comentarios e moitas fotografías desta marabilla.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A importancia do teixo para a xente:

A IMPORTANCIA DO TEIXO PARA A XENTE.

Reivindicar o teixo...

Na fotografía un grupo de persoas baila o redor do teixo de Collá en Sieiro (Asturias).

Os teixos en moitos lugares do mundo son auténticos monumentos de incalculable valor para a xente. Seica nos últimos tempos estase a perder este legado.

Ignacio Abella nun texto que aparece na revista Quercus do mes de decembro do 2007 analiza o declive do culto as árbores neste século e no pasado.

O abandono do mundo rural, a igrexa e un mal facer por parte de moitos concellos está a rematar o gran sentido funerario que tuvo esta árbore no pasado. Moitas veces baixo o teixo organizábase toda a vida do pobo. Os significados históricos, sociais e espirituais do teixo están fora de toda dúbida.

No artigo póñense exemplos de desaparicións de teixos milenarios en mans de accións nefastas de moitos concellos e persoas responsables. O típico dito de Asturias, que se pode xeneralizar "Obras alao, texu secao".

Na fotografía, restos do teixo de Lebeña en Cantabria. Aquí o poñer o cerco de pedras fastidiaron as raíces e a árbore despois dun vento grande quedou como se ve...pobriño.

O artigo o final é optimista; dende esta páxina tamén quero ser optimista e dar un berro para que se conserven estas árbores e outras moitas do noso patrimonio...

En Asturias xa existe unha ONG de recente creación "El Conceyu del Texu", que está a facer, de momento pondo en garda,  nos concellos labores de conservación e cuidados dos monumentos naturais que existan...O seu obxetivo é promover a investigación, divulgación e conservación tanto dos chamados teixos cultos asociados os pobos e templos como os teixos  ou teixadais salvaxes. O Correo electrónico de contacto é abellera@teleline.es.

Teixo de San Cristóbal de Valdueza en Ponferrada (León)

Tamén ten a súa historia.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Links  sobre o teixo:

LINKS SOBRE O TEIXO

Links que atopo interesantes para profundizar nesta árbore sensacional:

(Tuven que suprimir a maioría xa que non funcionan ou foron borrados no seu día...)

 

O teixo. Powerpoint de Adela Leiro e Mon Daporta. Sensacional

Asturias: asturnatura.

Zona verde.

Infojardín: el tejo, poda, etc.

Hai un pdf sobre "El tejo y la sierra de Tejeda" moi interesante.

 

 

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

 

Bibliografía sobre o teixo:

BIBLIOGRAFÍA SOBRE O TEIXO:

 

Fotografía de Carlos G. Hervella.

Está sacada deste link.

A bibliografía desta ficha está sacada preferentemente de tres libros sensacionales:" Guía das árbores de Galicia " de Enrique Niño y Carlos Silvar.  Tamén do libro "Guía das árbores de Galicia" de Marisa Castro, Luis Freire e Antonio Prunell e tamén do libro "Árboles de nuestros bosques" de Susana Dominguez y Ezequiel Martínez.

Posteriormente atopo un libro-xoia sobre o Teixo do que saco moitísima información, trátase do libro de  Eduardo Olano Gurriarán, "El Tejo y el Teixadal de Casaio (Ourense)." Un libro dedicado únicamente o teixo e o Teixadal de Casaio. Un traballo de moitos anos e un traballo marabilloso. A miña enhoraboa por toda esta información. (Nun dos puntos explicativos desta árbores tendes unha referencia o libro).

 

Fotografía dun teixo que aparece no libro citado. Un dos que Eduardo Olano chama "embruxado", por qué sera?

Outro que chama "O eivado" un teixo moi curioso xa que ten caxata o pobre comenzou moi mal, e o curioso é que da pola  que nace para a esquerda saen dúas máis enormes.

Volver a características

 

 

 

 

 

Protección:

Protección:

En Asturias sei que está protexida, xa que é un habitats do Urogallo ou Pita do Monte. En Galicia sei que se está a pedir a súa protección como unha árbore importante e emblemática, pero de momento non teño nin idea si está ou non protexida.

Volver a características

 

 

 

 

 

 

 

Fotografías:

Sensacional fotografía do teixo. Sacada deste link.

Teixo no Teixadal. Fotografía de Secundino Lorenzo.

 

Fotografía de Carlos G. Hervella.

Está sacada deste link.

Da misma fonte esta outra fotografía de Carlos G. Hervella.

Vese con máis detalle o tronco e as ramas. Este Teixo está fotografiado, según Carlos H., en Pena Trevinca.

 

Teixo do pobo de Bermiego en Asturias. Fotografía sacada do Blog "Mundo de Gea"

Está a un km. do pobo e foi declarado Monumento Natural en 1995. Está xunto a iglesia de Sta. María, ten 15 metros de altura.

Teixo do pobo de Bermiego en Asturias. Fotografía sacada do Blog "Mundo de Gea"

Ten 15 m. de altura, 6,6 metros de perímetro e 15 de diametro de copa. Non se sabe a antiguedade deste teixo pero fálase de 2000 anos.

Fálase deste teixo como o máis vello de Europa.

 

Volver a características

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.