Taxus baccata. Teixo. (Tejo)
O teixo non o teño visto á beira dos ríos galegos pero, eso sí, non moi lonxe. Dende logo gusta moito dos lúgares húmidos. Na fotografía vese un teixo na Ferrería, a carón do río da Edreira e do río Torneiros en Chandrexa de Queixa, Ourense. (1.100 m. de altitude).
En Ourense hai un bosque de Teixos sensacional, o Teixadal de Casaio, un bosque único. Tamén no Xurés e no Courel hai teixos. Por suposto hai teixos en moitos cemiterios galegos, por eso da vida eterna... O teixo, desgraciadamente, é hoxe raro en Galicia, pero en tempos non o foi. Hai moitos nomes como Teixeira, Teixido, etc que demostran que en tempos había moitos.
| Nome científico. |
Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005. Taxus baccata.
Nota: taxus, que é o nome latino do teixo, derivada de ordenado en filas, como así é a ordenación das súas follas en dúas filas. En grego tóxicos é veleno, que podría ser xa que o teixo é veleno puro. Todo é veleno agás a envoltura da semente ou arilo. Baccata é baga, pola apariencia do seu froito. Na fotografía vense estos conceptos: o ordenamento en filas e as bagas do froito, que por certo é a única parte do teixo que non é velenosa; ollo a semente si é velenosa...
|
||||
| Nome galego |
Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005. Teixo, teixeira, teixeiro, teixoeira, árbore druídica, etc.
|
||||
| Nome castelán |
Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005. Tejo, tejón, taxo.
Dibuxo do teixo. Astur: teixu. Euskadi: agin . Catalán: teix . Inglés: yew . Alemán: eibe. Portugués: teixeira. Francés: if commun.
|
||||
| Dimensións |
Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005. O teixo é un arbusto que pode chegar ata os 15 metros. A copa é ancha e densa. Eu diría que distinta. Poden vivir moitos anos, no Teixadal de Casaio en Ourense fálase como moito de 500 anos, pero hai datos de teixos con moitos máis anos. Seica hai un en Escocia, en Foringall, que ten sobre 3.000 anos. A árbore máis vella do planeta non é esta, é un piñeiro que ten máis de 4.768 e que habita as white Mountains de California.
Teixo. Fotografía de Carlos G. Hervella.
|
||||
| Identificación: |
O teixo non é dificil de identificar:
O teixo é unha árbore única: a súa copa amplia, ramas horizontais e moi numerosas no interior e forma piramidal é moi característica. O teixo é unha árbore pequena, realmente. O normal son catro ou cinco metros.
As súas follas perennes dun verde forte, en dúas filas. Follas longas e estreitas, son fáciles de distinguir.
O seu tronco tirando a vermello tamén é moi característico. Tamén se desprende en tiras, bastante irregulares.
Interiormente ten moitas ramas algunhas horizontais. A fotografía está sacada do lin de Jardin-Mundani.es.
O froito so se produce nos pés femininos. É globoso como se pode ver na fotografía. A semilla que vai dentro é de cor negro e a envoltura que se ve é un arilo (envoltura en forma de copa) de cor vermella. Por certo toda a planta é tóxica excepto o arilo vermello.
|
||||
| Habitats: |
Fotografía sacada do libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio Ourense" de Eduardo Olano Gurriarán. Na fotografía precisamente o Teixadal de Casaio (19.974 m2, osea casi dúas hectáreas) Ver outra fotografía, máis ampliada, do Teixadal. O teixo habita en bosques mixtos, barrancos como a da fotografía, que sexan sombrizos, en zonas altas de montaña (entre 500 e 1.750 metros é o ideal). Soporta moi ben o frío, pero mal as xiadas. Preferentemente solos calizos pero tamén se ve en solos ácidos. En Galicia atópanse teixos por suposto no Teixadal de Casaio (Carballeda de Valdeorras- Ourense), que sin dúbida é o mellor conservado de España. Temos teixos tamén nos Ancares, no Caurel e en Trevinca. Tamén moitos teixos a carón de igrexas como a de Córneas, Carballido, Cereixido e outras... Máis ben diría a carón dos cemiterios, xa que o teixo asociábase a vida eterna...
Hai quen dice que o teixo plantado nos cemiterios, as súas raíces van cada unha a boca dun morto para alimentarse, e tamén para espantar o demo... Dicen que cortar un teixo trae mala sorte. Teixos famosos en Galicia hai varios, incluso xa catalogados como árbores senlleiras, catálogo inicial, así cós números 102-103 e 104 hai tres teixos: Teixo do Pazo de Baldomir (Bergondo). Teixo da igrexa de Córneas (Baleira, Lugo) e o Teixo da casa de Tenreiro (Pontedeume).
Fálase de que precisa terras calizas, cando por exemplo en Ourense dase en terras non calizas. O que é certo é que precisa moita humedade, polo tanto terreos onde chova moito. A sequía non lle gusta nada.
A nivel de España pouca cousa: hai teixos en todo o norte incluidos a zona dos Pirineos, despois son fabas contadas como Mallorca, zonas de Extremadura, algunha de Navarra, algo en Andalucía e pouco máis. Durante a época terciaria e períodos interglaciares estuvo moi extendido, hoxe está en peligro de extinción en España, non mantemos o noso patrimonio natural nin de coña... Algo haberá que facer...
|
||||
| Follas, flores e froitos: |
Fotografía sacada de A Pinguela.com. As follas son de forma lineal, coriáceas, longas e estreitas cunha cor verde moi chamativa. Aparecen en dúas rengleiras. Polo envés son verde-amarelentas. As follas son perennes.
Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005.
As flores masculinas forman piñas pequeniñas, e as femeninas van soias.
Flores masculinas. Pequenos, redondeados e amarelos. Florece en marzo ou abril e botan os froitos no verán. Os froitos son a parte feminina, que crecen en árbore distinta.
Fotografía sacada do libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio Ourense" de Eduardo Olano Gurriarán.
Os froitos (falsos froitos) vai acochando a única semente que ten a árbore. Os frutos son de cor vermella.
Fotografía sacada do libro "Árboles de nuestros bosques" de Susana Dominguez y Ezequiel Martínez. A palabra baccata ven da envoltura que rodea as semillas. Realmente parece unha baga, falsa baga de 10 mm. que é ovoide cun arilo, aberto por riba. Madura a finais do verán.
Teixo feminino. Hai teixos femininos e masculinos. O libro de Eduardo Olano Gurriarán, publicado fai pouco pola Diputación de Ourense (2004), distingue entre teixos machos e femias e explica o proceso de floración, que non é moi doado nin propio desta ficha divulgativa.
Simplemente decir que o vento é unha parte primordial no proceso. Como dice o outro, o interesado que lea o libro. Merece a pena...
|
||||
| As propiedades do teixo, e outras: |
A pranta toda é pezoñenta (ramas, follas e madeira), a semente é velenosa. De feito as ramas producen a morte os cabalos, que as comen, en pouco tempo. Con medio quilo de ramiñas teñen dabondo para morrer...
Tamén se fala de que abortan as vacas que comen as súas follas. Seica os gatos e os coellos non lles pasa nada. O único que non é velenoso e o froito (pero non se aconsella que se coma), pero soio o arilo, a semente, que ten dentro, tamén é velenosa. É un auténtico veleno todo o teixo. É moi activo. A súa toxicidade é altísima e moito maior en inverno que no verán. (Interesados ver este link)
Seica contén un alcaloide, a taxina, que produce a morte o pouco tempo...A taxina tena toda a árbore salvo a envoltura carnosa da semente, que por esta razón poden comer as aves e así propagar a especie. Segundo a lenda, os galaicos do Monte Medulio beberon unha beberaxe feita de taxina para así non ter que rendirse aos romanos...
Actualmente a semilla, utilízase como fármaco con bons resultados (o taxol é moi coñecido nos medios científicos para atacar algúns cancros...) As follas usáronse como antídoto contra as mordeduras de víbora, contra a rabia e tamén como abortivo. Nalgúns lugares utilízanse os bafos das súas follas para limpar as vías respiratorias das vacas.
Flores masculinas do teixo. Para rematar: A expresión "tirar los tejos" (facer insinuaciones amorosas a unha persoa), procede da antigua costume de algúns pobos en que as mozas botaban os froitos do teixo sobre os rapaces casadeiros, para buscar marido. Non teño noticia de que esta costume se fixera en Galicia; sin lugar a dúbidas porque o teixo non é moi abondoso, non resultaría...
Estas boliñas, o parecer, son as que tiran os mozos.
|
||||
| Tronco: |
Fotografía do autor da www. A Ferrería. Desembocadura do regato de Torneiros no río da Edreira. Chandrexa de Queixa. Ourense. Xuño do 2005. O tronco e curto e moi groso pode chegar a ter 1.5 metros. A corteza é parda-grisácea e tirando a vermella (na fotografía vese no centro esta cor vermella). Despréndese en tiras largas e finas.
Na fotografía copiada do libro, figura un teixo que Eduardo Olano chama embruxado. Observar o tronco, presenta xa unha cor tirando a vermella. Sin dúbida trátase dunha árbore distinta e espectacular... A madeira é moi apreciada en ebanistería e tornería. É dura, resistente, non se estropea fácilmente e ten un colorido que a fai unha madeira especial.
Antiguamente facíase de todo con esta madeira ata arcos, de feito seica é certo o seguinte: "No barco Mary Rose, o barco preferido do rei de Inglaterra Enrique VIII, afundido en 1545, no seu interior atopáronse 167 arcos feitos de madeira de teixo." Dise cunha hacha que apareceu en Clacton (Inglaterra) e que estaba feita de teixo ten máis de 50.000 anos. Queda dito... Tamén se facían instrumentos musicais, rodas de carro, vigas, pas para extraer cobre das minas, etc. Seica o teixo foi usado para os pilares dos castros, non sei o que haberá de certo nesta afirmación... Os faraóns en Egipto gustaban desta madeira para facer os sarcófagos. Resumen:
Datos sacados deste link: http://home.utad.pt/~floresta/LPF/taxus_baccata.htm
|
||||
| Interés dun libro que soio fala de teixos. |
EL TEJO E O TEIXADAL DE CASAIO
Fotografía sacada do libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio Ourense" de Eduardo Olano Gurriarán. Portado do libro. Este libro é unha auténtica xoia, o mesmo que o Teixo e o Teixadal de Casaio que describe. Trátase dun libro escrito enteiramente falando do teixo (dende o seu nome, habitat, área xeográfica, madeira, literatura, toxicidade, medeciña, e un longo etc. Logo describe o Teixadal de Casaio de forma moi orixinal (422 teixos, casi nada), menudo traballo, falando da súa renovación continua e cousas moi, moi curiosas...)
Ver outra fotografía, máis ampliada, do Teixadal.
"O que se sinte o visitar o teixadal, a sensación que produce, está descrita na última parte do libro...". Impresionante. Merece a pena. Está publicado pola Diputación de Ourense no ano 2004. Deste libro saquei algunhas cousas, tampouco se trata de copialas e que me chamen a atención... Fotografía sacada do libro "El Tejo y el Teixadal de Casaio Ourense" de Eduardo Olano Gurriarán. Na fotografía precisamente o Teixadal de Casaio (19.974 m2, ou sexa casi dúas hectáreas)
Ver outra fotografía, máis ampliada, do Teixadal.
|
||||
| A importancia do teixo para a xente: |
A IMPORTANCIA DO TEIXO PARA A XENTE. Reivindicar o teixo...
Na fotografía un grupo de persoas baila o redor do teixo de Collá en Sieiro (Asturias).
Teixo de San Cristóbal de Valdueza en Ponferrada (León) Tamén ten a súa historia.
|
||||
| Links sobre o teixo: |
Links que atopo interesantes para profundizar nesta árbore sensacional: Sobre el tejo en las Sierras de Tejada y A. Jornadas técnicas. Galería de fotografías do teixo. Jardin-Mundani. Moi boas.
|
||||
| Bibliografía sobre o teixo: |
A bibliografía desta ficha está sacada preferentemente de tres libros sensacionales:" Guía das árbores de Galicia " de Enrique Niño y Carlos Silvar. Tamén do libro "Guía das árbores de Galicia" de Marisa Castro, Luis Freire e Antonio Prunell. Do libro "Árboles de nuestros bosques" de Susana Dominguez y Ezequiel Martínez. Tamén moita información e algunha fotografía do sensacional libro de Eduardo Olano Gurriarán, "El Tejo y el Teixadal de Casaio (Ourense)."
Fotografía de Carlos G. Hervella. Está sacada deste link.
|
||||
| Protección: |
En Asturias sei que está protexida, xa que é un habitats do Urogallo ou Pita do Monte. En Galicia sei que se está a pedir a súa protección como unha árbore importante e emblemática, pero de momento non teño nin idea si está ou non protexida.
|

Sensacional fotografía do teixo. Sacada deste link.

Fotografía de Carlos G. Hervella.
Está sacada deste link.

Teixo do pobo de Bermiego en Asturias. Fotografía sacada do Blog "Mundo de Gea"

Teixo do pobo de Bermiego en Asturias. Fotografía sacada do Blog "Mundo de Gea"
Fálase deste teixo como o máis vello de Europa.