OS RÍOS GALEGOS
A música que vai soar ou está soando é da Banda de Música Municipal de Celanova. Leva o título de "A troita"
Dirixida por José Zaldo García.
//
O pasodoble está composto por José Zaldo García é grabado no DVD "Bandas de Música e gaitas da Provincia de Ourense" editado por "La Voz de Galicia" xa fai anos.
Fotografía dunha troita, sacada polo autor da web nada menos que a tres kms. do nacemento do río Miño. Por debaixo de Fonmiñá. o día 20/10/2013. A ela vai adicado o pasadoble de José Zaldo.
Concretamente augas abaixo deste lugar que hai unha ponte dende onde saquei a fotografía anterior. Río Miño por debaixo de Fonmiña.
Outra imaxen do lugar. O río Miño aquí xa leva as augas do Pedregal de Irimia e da lagoa de Fonmiñá.
O pasodoble que soa é unha composición do director da Banda Municipal de Celanova José Zaldo García como xa está dito.
Dentro da composición hai un trociño onde a banda interpreta aquelo que dí:
Polo río abaixo vai
unha troita de pé
corre que te corre
quen a poidera coller
quen a poidera coller
que a poidera pillar
polo río abaixo vai
unha troita pro mar.
Eso e o que dice a canción popular.
Por suposto que eu sei quen podería pillar esa troita, o meu amigo Páxaro (Julio Taboada) que me acompañou a ver o nacemento do noso río Pai, o gran río Miño. Para el vai adicada este anaco da miña páxina "A vida dos ríos galegos"...
Espero que lle guste...
Tamén quero lembrar neste intre ó meu amigo e compañeiro de pesca de sempre Félix Valeiras, hoxe retirado, cousa que non entendo...e tamén a outro compañeiro e amigo Raúl Jácome que inda sigue a ter as mismas ilusións que Julio e máis eu, ou mais...
Río Miño en Meira. Prácticamente no nacemento.
Dice un letreiro que "O pai de Galicia é o río Miño e a nai Meira" algo de razón teñen. Dende aquí decirlles que me gustou como teñen todo, o Pedregal de Irimia, o río có Parque en Meira, Fonmiñá, pero ollo o pai hai que tratalo mellor, limpalo de vez en cando e decirlle a xente que teña coidado cós puríns e outras cousas. O pai Miño é moi importante...
Río Miño no Parque "Profesor Río Barja" de Meira.
Aquí si que nace o río Miño, no Pedregal de Irimia, a poucos kms. de Meira que se ve o fondo. O de plantar a beira eucaliptos non ten nome...
Outra vista do Pedregal de Irimia onde nace o noso río Miño. Arriba os molinillos na Serra de Meira e moito eucalipto, moitísimo...
Aclarar que poño imáxes do río Miño, co pasodoble "A troita", simplemente xa que eu asocio a troita os ríos e o falar de ríos, sempre penso no gran río de Galicia, o río Miño, onde precisamente pesquei a miña primeira troita aló por Francelos en Ribadavia en 1968; cando o río Miño era río naquel lugar, hoxe é un encoro de Fenosa ou Naturgy, como lle dicen hoxe...
As imaxes anteriores son así un tributo a troita do río Miño, hoxe ameazada de morte, pola contaminación e os encoros...
Volver ao Pedregal
Volver al Pedregal
Volver Ríos-Música