Troita                    

      A Troita  é o peixe máis importante dos ríos galegos. Ten o corpo alongado, pel oscura e pintas avermelladas ou negras  polos lados. Unha das aletas, a adiposa (ver máis abaixo) é a distintiva da troita cos outros peixes  de río.

 O nome científico da Troita , da nosa troita de Galicia,  é Salmo trutta trutta, aclarando que falamos do ecotipo residente ( o reo é o ecotipo migratorio).

 

A troita ten varios nomes: truta (polo norte de Galicia,  xa no límite con Asturias, como en Ribadeo, Navia de Suarna), truita e trutia (en zonas da costa A Guardia, Panxón, Cangas,...). Taiña, este nome dáselle a troita do río Deva por Touzosas (Pontevedra) sempre e cando a troita teña pintas vermellas con alo amarelo.

¡ Xa está ben !. Un berro a favor das nosas troitas autóctonas  e dos ríos galegos. 

Os que queirades profundizar no tema da troita tendes este link meu con todos os detalles deste peixe mítico...

Trucha común autóctona. Salmo trutta fario. Río Navea. Ourense.

Cousas que hai que ter claras sobre a Troita:

É o animal máis fermoso do mundo:

"Deus puido, sen dúbida, facer un animal máis fermoso que a troita, pero, tamén sen dúbida, non o fixo Deus xamais" Botteler.       

É un animal que hoxe está en peligro:

Hoxe ten moitos inimigos: os purins de todo tipo, a contaminación, a inexistencia de depuradoras na maioría dos pobos e nas súas industrias, os incendios, as minicentrais, os encoros, os aproveitamentos indebidos de ríos, os que envelenan os ríos, a pesca intensiva,  entre outros.

Entre outras moitas cousas das troitas, nesta misma páxina, tendes esta ficha para saber distinguila ben, sobre todo a nosa troita:

 

Troita do río Navea (afluente do río Sil en Ourense), un gran exemplar, algo marabilloso. O detalle dos dentes do vomer téndelo explicado na ficha da troita nesta misma páxina web.

A aleta adiposa é un distintivo das troitas de todos os demais peixes de río.

Nese rincón do río Navea collín precisamente a troita anterior, unha postura marabillosa que sempre me deu troita. O dala a curva está o Pozo do Chicho e logo o Pozo do Félix que foi como bautizamos esos pozos o meu amigo e mais eu. Tempos aqueles nos que este río daba troitas e troitas todos os anos, era un auténtico viveiro. Hoxe está defenestrado, mal cuidado e da man de sabe Deus...Inda por riba ardeu toda a zona e está cheo de cinza, e para rematar fano tramo de troita sen morte...

Mapa do río Navea da zona onde foi pescada a troita. A verdade que esta zona xa a pescábamos  polos anos setenta cando había que deixar o coche en Sta. Cruz e este camiño era moito mais estreito.

Prado das abrotias. Marxen dereito do río. Prado con dous carballos na parte de arriba, pai e fillo.

Abrotia espectacular.

 

Nota sobre o nome taíña:

Falando con un paisano de Touzosas (Pontevedra), no couto troiteiro do río Deva  díxome que as taiñas eran troita de pintas vermellas e o redor das pintas unha zona amarela. Así queda recollido.

 

A taiña do meu amigo de Touzonas tiña que ser unha troita autóctona do río (na súa parte media), no que o amarelo da parte de abaixo fai que a aureola das pintas vermellas fora dese cor amarelo.

salir.jpg (922 bytes) Saír