Nacemento

 

Neste caso referente os ríos, o nacemento é o lugar onde ten o seu principio o río. Onde brolla auga de forma natural, e que ademais esta auga corra e forme rego ou regato e logo río.

O lugar onde nace o río chámase nacente.

As veces os ríos nacen en neveros ou xeleiras, como por exemplo o río Xares, na Veiga (Ourense):

Fotografía do río Xares, no seu tramo medio. Foto Secundino Lorenzo.

Do río Xares escribe o gran poeta galego Víctor Campio un epílogo no libro   "En las orillas del Xares"  de Esteban Enríquez Fernández:

" ¡El Xares! Río truchero, de perfil quebrado, que bajaba de los neveros de A Ponte, muy cerca de Peña Trevinca, a trote y con prisa, entre roquedales, sobre arena fina y cantos rodados, para perderse en las entrañas del Bibei, del Sil, del Miño, del mar...

   Y un poeta para cantarlo."

Víctor Campio Pereira.

 

 

Si falamos da palabra nacemento e temos que poñer un exemplo, nada mellor que poñer o nacemento do río pai de todos en Galicia, que é o río Miño.

O nacemento do río Miño.

O río Miño nace precisamente neste pedregal que se chama Pedregal de Irimia.

Este é o manancial que logo da orixen  ou é fonte nada menos que do río galego mais grande.

Fálase de que o nacemento do miño estaba en Fonmiñá, pero fai tempo que se sabe que o río Miño nace nesta morrena glaciar  que se ve na fotografía xa que cando se incorpora a auga que nace en Fonmiñá, máis abaixo a 10 km., este regato xa leva máis auga.

 

 

 

Outra fotografía do Pedregal de Irimia, neste caso de J.M. Galaico.

Dice a xente que visita este lugar, eu non o descarto, que camiñando entre as pedras que se ven óese a auga por baixo pero non se ve. Logo máis abaixo xa é un rego.

O nacente do río Miño está na Serra de  Meira, moi preto, a 4 km.,  do pobo do mismo nome.

 

 

Decir que un pedregal é o que se ve na fotografía, un conxunto de pedras. Ou sexa un lugar cheo de pedras. Tamén se chama pedral, pedregueira e pedreira.

 

Outra fotografía, de Tere Grandín, neste caso visto o Pedregal dende  arriba.

Dice Tere Grandín nun suplemento de La Opinión:

 

"El Pedregal es en realidad un río de piedras, organizadas de forma curiosa similar a un embudo. Su extensión es de unos 700 metros y al final de este cono pétreo se aprecia un pequeño regato del que se oye su fluir cantarín si uno se sube a sus piedras y escucha con atención el murmullo del agua, que no se ve correr debido a las rocas. Dice la leyenda que fue la meiga de nombre Irimia la que taponó las aguas al negarse a pagar los tributos que le pedían los monjes"

 

Por cierto xa fun o Pedregal de Irimia e xa saquei moitas fotografías dese pedregal, a verdade mereceu a pena. Anduven pola pedras e en todas elas escóitase o río Miño nacendo. Marabilloso.

Deixo un link coas miñas vivencias desa visita, e tamén un video.

Tamén esta fotografía:

Realmente ese día setembro de 2013 o río Miño non chegaba no Pedregal ni a ser un regatiño, ver na fotografía a pouca auga que leva. No video vese unha pouca mais.

Nesta fotografía sacada do meu video vese un pouco mais de auga.

 

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.