Hai moitas formas de pescar troitas en Galicia, algunhas son ilegais pero non por iso teñen que desaparecer as palabras coas que eran designadas polos paisanos.

 As formas ilegais de pesca son entre outras: a seca, o toco, con rede, con veleno (trobisco, lexía, carburo, coca,  etc.), con dinamita, a ninfa, o facho, con dormintes (armando ou poñendo as cordas...), últimamente con cebos vivos como o peixe,  etc.

A "pesca con rede" ten moitísimas modalidades dependendo do peixe a coller e do tamaño do río. A rede máis común en pequenos ríos sempre foi a barredoira ou barredeira e que inda se sigue a utilizar a pesares de ser ilegal. En grandes ríos como o Miño a rede máis utilizada foi o alcharife (alxarife) e a cabaceira.

Estas eran algunhas das redes máis usadas en tempos...

Os textos e dibuxos están sacados de dous libros básicos como son "O mar e os ríos" de Xaquín Lorenzo e "Pescadores del río Miño" de Eliseo Alonso.

Tirando a Cabaceira. Non coñezo o autor da fotografía.

No dibuxo vese unha rede lampreeira típica. Trátase dunha rede rectangular que normalmente se colocaba atravesando o río, podía ter cento cincuenta metros de longo por tres de alto. Normalmente esta rede era utilizada en lugares de pouca corrente. A malla era de 35 mm. Ten cortizos por riba e pandulleiuras por baixo.

Nos extremos púñanse cabazas.

Esta rede foi usada para coller lampreas na última parte do río Miño.

 

 

No dibuxo vese unha rede barredoira típica. Trátase dunha rede rectangular que normalmente se colocaba atravesando o río, podía ter maís de dez metros de longo por dous e medio de alto, o normal un metro. A rede levaba na parte de arriba uns cortizos que flotan e na parte de abaixo chumbos.

Sin dúbida era a típica rede que se usaba en tempos para pescar peixes e troitas en moitos ríos de Galicia. Hoxe está prohibida.

Teño visto levala atravesado o río por dúas persoas e logo outro mallando o río polo medio.

Tamén se chama varredeira, Rede de Gatos (en Toén), Rede de arrastre (en Francelos), e rede varredeira (no Ulla).

O redifol é unha rede deste estilo pero moito máis pequena, que se utilizaba por Verín en Ourense.

Chumbeira do río Miño que é a rede que se ve no dibuxo, básicamente é un cono que remata nunha corda larga que se utiliza para recoller a rede.

A Chumbeira leva en todo o contorno chumbos que o lanzala abrense en circulo pero logo no río e dependendo de como se tire e recolla van cerrandose e pescando o que quedara debaixo da rede o lanzala.

A chumbeira tamén se chama Rede de Moca (en Lugo), e tarrafa.

 

Cabaceira era chamada polos romanos a "pesca da bolboreta"  ou da mariposa, é según o libro de Eliseo Alonso  era a rede que tiña o lance máis bonito. A cabaceira bótábase dende as pesqueiras voando sobre as frieiras, logo planeaba e baixaba e desaparecía na auga. Despois  recollíase.

Seica en 1920 había censadas 431 cabeceiras, ou sexa era unha rede importante.

O sistema é moi parecido a chumbeira.

 

 

Miudeira utilizábase pola zona de Entrimo para a pesca no río polo método da "pesca con facho" ou con luz.

Trátase dunha rede cónica que leva o mango que se ve no dibuxo, tiña aproximadamente un metro de diámetro.

O seu uso estaba limitado as cheas ou ben cando os peixes andaban a raña, mellor con augas lodadas, xa que había que metelo por baixo e logo sacalo,  tipo sacadera. Pouco efectivo con augas claras...

 

Bituron era a rede que se colocaba nas pesqueiras e nos pescos. Púñase entre os dous poios ou muros da pesqueira e o subir a pesca quedaban amarrados na rede.

Ver a palabra pesqueira.

Tamén se chamaba vutrón, voteirón e nasoura.

Inda se utiliza hoxe entre Arbo e Salvaterra.

 

 

A pesca con Alcharife ou Alxarife, era considerado polos pescadores do río Miño como a rede máis noble. O Alxarife ó parecer xa era usada polos romanos no río Douro.

A fotografía está sacada do libro "Pescadores del río Miño" de Eliseo Alonso, que é tamén o autor da foto. Esta rede era usada para a pesca do sábalo e do salmón inda que podía caer tamén escalos e troitas.

A rede tiña unha lonxitude entre 120 a 160 metros e era extendida polo ríos por medio de barcas e bastante xente na beira, xa que formaban unha especie de copo e o arrastre era manual. Eliseo Alonso dedica varias páxinas do seu libro a esta arte que era incrible.

A malla era de 12 cms, polo tanto soio pescaba sábalos ou salmóns que superaran os 3,5 kg.

 

Nesta fotografía é de Eliseo Alonso e está escaneada do sensacional libro "Pescadores del río Miño (tramo gallego-portugués)" vese un pescador tirando o río a famosa cabeceira que semella o voo dunha bolboreta.

Para rematar vou poñer algunha rede a maiores que se utilizaba no baixo Miño:

Trátase das redes solleira ou picadoira, da Varga de múgil, da mugileira e os espineles:

salir.jpg (922 bytes) Saír.