Unha pesqueira non é máis que unha  construción, feita nun río,  as veces moi complexa,  aproveitando un lugar natural, xeralmente un rochedo, de tal forma que o conxunto se habilita para a pesca, ou sexa en base a un muro ou varios, derívase a auga para un portillo estreito, no que se axusta unha rede especial para pescar  principalmente  lamprea ou anguía,  pero tamén o salmón, o sable e outros peixes. Na súa construcción tiveron moito que ver xente que entendía as correntes dos ríos e eran grandes canteiros.

Localmente en Galicia unha pesqueira pode recibir os nomes de caneiros, caneiras, pesqueiras, pescos , arcas e outros nomes... O denominador común a todas elas é que se trata de arquitecturas para a pesca, son todas barreiras fixas dispostas nos ríos, ben feitas de pedra ou madeira e que sirven para colocar redes ou artes de pesca. (Texto sacado do libro "A pesca tradicional dos ríos de Galicia" de Lois Ladra.

      Estas redes que se axustan entre os poios chámanse viturón ou vutrón. Tamén se chama Nasoura. Outros nomes son Armadilla, galero (Cabe), naso (no Páramo), rede sapeira no Ulla e piagueira (en Toén).

     A pesqueira tamén se chama pesco como xa está dito. Os caneiros son unha variante zonal das pesqueiras ou pescos.

    Os pescos do Ulla (en Herbón) son un pouco distintos dos pescos do Miño, pero no fondo a base é a misma, cambian un pouco no tamaño das pesqueiras e polo tanto nas redes. Estos pescos actuan o revés que os do Miño, debido a corrente, os do Miño están postos río arriba (o buitrón está en contra da corrente, a lamprea sube e entra na rede); os de Herbón están o revés.

Había pesqueiras en moitos ríos, como no Navia,  Lima (Limia en Portugal), Támega, etc.

Vexamos algunhas pesqueiras ou pescos do río Miño, no baixo Miño,  ( ver o esquema o final):

 

Pesqueiras en Arbo.

Estas fotografías están sacadas dun traballo marabilloso feito  por Consultora Galega S.L. con miras a poñer en valor estas pesqueiras tranfronterizas  do río Miño  entre Arbo e Salvaterra.

Por poñer un exemplo a da dereita da fotografía  de tres poios e un rabo. Están construidas de forma que as enchentas non as desfagan. Tamén estudiando as correntes para que por comodidade e menos forza da corrente a pesca vaia por ese lugar precisamente...A da fotografía é un exemplo moi claro, ademais ten na outra beira o complemento, son o que se chaman pesqueiras de rabo cruzado...

 

 

Pesqueira do Cachón.

 De tres metros de alto. 1,5 m de ancho onde se pon a rede ou biturón neste caso e 20 metros de lonxitude.

Estas pesqueiras teñen dono e algunhas son explotadas.

Concretamente no ano 2007 estaban autorizadas 178 das 341 que había no río.

Os encoros de Frieira fixo desaparecer moitas destas pesqueiras, aparte das anguías e salmóns. Hai progresos que matan...

 

Pesqueira de Raña de Sela.

Esta pesqueira que está situada a altura da Estación de Sela, a Pesqueira chamada Raña, é unha pesqueira incrible. É unha das máis sofisticadas.

É das chamadas de rabo cruzado e componse de  son 5 poios, cada un máis baixo que o anterior e realmente cruza o río obligando a pesca a meterse a esta parte e ser pescada cando sube.

Cada poio ten sobre 10 metros de largo, unha anchura entre eles de 1 a 1,5 e unha altura de 2 metros. Van baixando en altura de máis a menos, ata o rabo.

 

Descoñezo o autor da fotografía.

 

Pesqueira de Raña.

Nesta fotografía de Google vese perfectamente a forma da pesqueira anterior que os autores do traballo califican da máis complexa do río Miño nesa zona.

 

A misma pesqueira, fotografía aérea vista dende o outro lado, trátase da pesqueira de Sela, a misma que a anterior. Descoñezo o autor da fotografía.

Tamén a pesqueira de Sela. Esta fotografía é miña.

Ten 100 metros en total. e está feita cun cálculo extraordinario de forma que se pode andar por elas e colocar os vituróns para facer a pesca.

Fora do río incluso teñen un alpendre para gardar as redes, etc.

 

Esquema dunha pesqueira ou pesco. Observar como se coloca o viturón o revés da corrente, ou sexa coa parte da boca, o bocal en primeiro lugar e logo o resto río arriba.

Viturón. (Sacado do libro citado)

 

Esquema dunha pesqueira ou pesco do río Miño:

No dibuxo tomado de Caamaño,  2003, 415 e que aparece no libro "A pesca tradicional nos ríos de Galicia" de Lois Ladra vese unha pesqueira con 4 poios e un rabo.

Entre eles os marcado con unha b están as redes ou vituróns.

A flecha posta por mín son as lampreas, salmóns ou sabalos que veñen río arriba subindo e que escapan da corrente forte e se meten o recanto que fan as pesqueiras no río e logo entre os poios, caendo no viturón.

Este é o esquemas dos pescos ou pesqueiras.

Por baixo está a rede que se coloca entre os poios: o viturón, tamén chamado vutrón, voteirón, nasoura entre outros nomes...

Na figura tendes as súas partes: embidadoiro, bocal, cernelleiro, meal, rabicheiro e gancho.

A productividade dun pesco, decíase fai anos, que era boa cando daba 1000 lampreas o ano. En 1908 habíe en 25 km. de río Miño 700 pesqueiras.

Hai pesqueira especiais para lanzar a cabaceira que é unha rede dunhos doce metros moi pescadora.

 

Nesta fotografía vese como se asenta un viturón entre os dous poios. Descoñezo o autor da fotografía.

Aquí xa se ve asentado o viturón, realmente amárrase na parte de adiante os ganchos e por detras ponse tenso como se ve na fotografía sacada do libro "A pesca tradicional nos ríos de Galicia"

Nesta fotografía de Eliseo Alonso vese perfectamente un viturón.

O viturón queda amarrado o poio nunha pedra que se chama lapadoiro, que amarra unha cadena o bocal do viturón, tamén queda amarrada o gancho final, todo colócase cunha vara axeitada para acompañar a rede ata abaixo. Trátase dunha rede cónica, que se abre por medio dun arco en forma de U que normalmente era de loureiro, pero logo de ferro. Logo dentro van unha segunda rede en forma cónica, ata tres. O obxetivo é que a peza entre e non poida saír. Normalmente teñen dous metros de lonxitude e quedan tensas nos ríos.

Normalmente o viturón queda armado a medianoite e levántase cada dúas horas, por suposto de forma inversa a como se coloca.

O viturón tamén se utiliza para coller troitas, escalos, muxos, sabel e outros.

O Redeiro basto é un pano cortado e cosido formando un pano de 10 metros de longo e que se coloca amarrado ás pesqueiras en Arbo e Melgaço, sen armazón, A modo de boia leva unha cabaza.

----------------------------------------------

Nota sobre os pescos do Baixo Ulla, en Herbón

No río Ulla, concretamente en Herbón hai outro tipo de pescos, no fondo é o mismo pero con outra técnica máis adaptada o río Ulla.

Chámanse canais, pescos ou pesqueiras do río Ulla.

Estos que se ven nesta fotografía do río Ulla,  non son moi distintos das pesqueiras do río Miño.

Estes tamén do río Ulla si son distintas as pesqueiras do río Miño.

En xeral os pescos da parte Baixa do Ulla, por Herbón por exemplo son construcións feitas tamén de cachotes de granito formando varios poios pero en perpendicular o río e alineados lonxitudinalmente. Nas bocas colócase posteriormente a Cangalla, que leva unha vara en forma de P  e a rede.  Ármanse de dúas en dúas por cada boca, de forma horizontal,

Utilízanse tamén para pescar lamprea.

Pescos por riba do convento de Herbón. Febreiro do 1999. Fotografía sacada do libro  "A pesca tradicional nos ríos de Galiza" de Lois Ladra.

Na fotografía vense tre poios e as bocas correspondentes onde se instala a cangalla coa rede. Evidentemente para elo necesítase de embarcacións axeitadas.

Ver esta ficha para máis detalle.

Tamén ver este video Jara e Sedal. Video.  Aquí Miguel Piñeiro explica de forma maxistral a pesca da lamprea en Galicia, dende as pesqueiras ata os Baleiros do baixo Ulla, naseiros de Cesures.  pasando polos Estacadas con arpón  no río Tea e as Cangallas nos caneiros de Herbón. Unha marabilla de video que recomendo.

Sobre as Estacadas con Arpón que se utilizan para pescar a lamprea no río Tea recomendo velas no video citado anteriormente Jara e Sedal. Video.  trátase dunhas pasarelas paralelas a un sistema de focos que fan que pola noite se ilumine un paso do río polo que atravesan as lampreas e dende a pasarela clavalas cun arpón.

salir.jpg (922 bytes) Saír dicionario.                  salir.jpg (922 bytes) Sair fotograf. río Miño