Os pescos do Baixo Ulla, en Herbón

No río Ulla, concretamente en Herbón hai outro tipo de pescos, no fondo é o mismo que os pescos do Baixo Miño  pero con outra técnica máis adaptada o río Ulla.

Chámanse canais, pescos, pescos de Herbón ou pesqueiras do río Ulla.

Estos que se ven nesta fotografía do río Ulla,  non son moi distintos das pesqueiras do río Miño.

Estes tamén do río Ulla si son distintas as pesqueiras do río Miño.

En xeral os pescos da parte Baixa do Ulla, por Herbón por exemplo son construcións feitas tamén de cachotes de granito formando varios poios pero en perpendicular o río e alineados lonxitudinalmente.

Na parte central non se coloca ningunha rede para deixar pasar o río libremente.

 Nas bocas colócase posteriormente a Cangalla, que leva unha vara en forma de P  e a rede, ver o dibuxo máis abaixo.  Ármanse de dúas en dúas por cada boca, de forma horizontal.

Dibuxo, sacado do libro de  Lois Ladra,  "A pesca tradicional nos ríos de Galicia",  que mostra como a cangalla son básicamente un P que é unha especie de marco e a rede. O colocala  nos poios a vara vai amarrada a un gonzo que se chama estancón.

 

Cangallas dispostas para armar no burato. A fotografía está feita en Herbón no ano 2005 e aparece no libro "A pesca tradicional  nos ríos de Galicia" de  Lois Ladra.

Como xa dixen ármanse de dúas en dúas.

Os canais, pescos ou pesqueiras son esas construcións que aparecen na fotografía de abaixo e que están feitas con cachotes de granito formando varios corpos ou poios, alineados en sentido perpendicular o río. Entre cada parella de poios ármanse as redes. Observar na fotografía que a separación vai de menos a máis.

Pescos por riba do convento de Herbón. Febreiro do 1999. Fotografía sacada do libro  "A pesca tradicional nos ríos de Galiza" de Lois Ladra.

Na fotografía vense tre poios e as bocas correspondentes onde se instala a cangalla coa rede. Evidentemente para elo necesítase de embarcacións axeitadas.

Nesta fotografía vese o pesco e a barca, tamén sacada do libro citado, vese o pesco das Vellas en Herbón. Xaneiro 2005. A fonte da fotografía é o libro citado de Lois Ladra.

Nos pescos capturábase  principalmente lampreas como a do dibuxo, o peixe dos sete buracos, pero tamén se podía coller salmón e algunha troita.

 O Cestón presenta  unha boca cuadrada que vai encaixada nos poios e a rede queda estirada desde a rella.

Para desarmar as redes utilízase  o bicheiro que é un pau longo que leva na punta un gancho de ferro que engancha dos arcos das redes. Ver dibuxo.

O normal é que nos pescos se teña un caseto para gardar as redes e a barca que se utiliza normalmente.

Como datos curiosos destes pescos dicir que a concesión para pescar lampreas no Ulla data do século IX. Hoxe os pescos mellor conservados son Areas, Vellas, O Canal, O Plateado, a Trapa e Coqueiro.

 A normativa fala que se pode pescar de 8 da tarde a 8 da mañán descansando os sábados e os domingos.

Os mellores meses xa sabemos que son febreiro e marzo. Seica as mellores noites danse no plenilunio. A auga lodada axuda a subir máis.

Moita desta información está sacada deste libro:

Editorial Sotelo Blanco estudos e investigacións.

Ano 2008

Autor Lois Ladra.

Sensacional libro ¡Enhoraboa!

 

salir.jpg (922 bytes) Saír.