Pesca a seca.

Hai moitas formas de pescar troitas en Galicia, algunhas son ilegais pero non por iso teñen que desaparecer as palabras coas que eran designadas polos paisanos.

 As formas ilegais de pesca son entre outras: a seca, o toco, con rede, con trobisco, a ninfa, con dormintes, etc.

A "pesca a seca" é desviando o canle do río, por exemplo por un rego,  e logo posteriormente deixalo seco. Así, en tempos, pescábanse anguías e tamén troitas. (Por suposto é totalmente ilegal). O nome é galego auténtico...

A "pesca o toco" é simplemente a man, consiste en buscar o beirón ou lugar onde se esconde a troita e logo a man collela. (É totalmente ilegal). O nome é galego auténtico...

A pesca con rede (calquera rede) e con trobisco son totalmente ilegais. Tamén é ilegal o deixar anzós dormintes cun cebo polas noites...

As formas legais dependendo da época do ano son entre outras: a culleriña, a mosca (con cola de rata ou con buldó), a cebo natural (vivo, morto,  natural ou non), a tralla, con devón e peixes artificiais, poppers e vinilos.

A "pesca a tralla", que por certo foi o primeiro método para pescar troita que aprendín, consiste en simular na tona da auga a caída natural dunha mosca ou calquera insecto voador. Faixe cunha cana moi flexible,  un fío xeralmente fixo na punteira da cana,  e una simple imitación do insecto. É unha pesca moi efectiva e espectacular. (É totalmente legal). O nome é galego auténtico...

 

Na fotografía o pescador está aproveitando o sereno seguramente con mosca artificial.

Por suposto pode ser con cola de rata, con buldó ou simplemente a tralla, como se chama en Galicia.

Persoalmente é a pesca que máis me gusta e que máis satisfacións me ten dado.

..

Neste caso o pescador faino con cola de rata, unha modalidade inglesa que está a ter moita forza hoxe en Galicia.

En Galicia dende fai moito tempo a troita pescábase a "tralla", algúns dicen o tralleo.

Lembro dun pescador fora de serie, que inda vive e que se chama Manuel Portela; era un pescador extraordinario a tralla; simplemente cunha cana moi flexible,  de tres metros aproximadamente,  e metro e medio de punteira e unha soia pluma na punta, sin lastre. ¡Que forma de entrar as troitas e qué marabilla!.

Nesta caricatura, o autor da web estaba pescando a cullariña e trae amarrado un cogumelo...É unha broma.

salir.jpg (922 bytes) Saír.