Como dí Xaquín Lorenzo os productos dun río son moitos: anguías, salmóns, troitas, lampreas, bogas, barbos, sábalos, e un longo etc.
Os aparellos de pesca, son aqueles aptos para a pesca destes peixes. Hai un link en internet que trata este tema, este é o link .
O lector pense nos seguintes aparellos de pesca: lampreeiras, fisgas, boitirón, pescos, cabeceiras, nasas, cordas, miudeiras, trincadas, tascas, rañeña, salmoeira, alxerife, estacada, cercote, tallada, solleira, enrufa, rello, angarello, sabaleira, barredeira, trallo, chumbeira, cana, etc. Casi nada. Todos eles poden verse no libro "O mar e os ríos" de Xaquín Lorenzo en Editorial Galaxia.
Vexamos simplemente algúns exemplo:
Esto é unha nasa. O sistema é simple ten unha entrada sinxela no cesto, no fondo ponse o cebo ou carnada. A anguía ou lamprea entraba nela có cheiro da carnada, logo, polo sistema que tiña o cesto, xa non podía saír.
Cando era neno en Barra de Miño, na desembocadura do río Barra, as nasas deixábanse estas nasas en gran cantidade no río. Dentro púñase calquera cousa de comer. O día seguinte estaban cheas de anguías.
Hoxe en Barra de Miño xa non suben as anguías e estos trebellos xa sirven de pouco.
...... Esta é unha corda típica, por suposto o sistema ten moitas variantes, como pode verse leva dúas pedras en cada una das puntas, logo no sedal póñense os anzós con carnada que normalmente é unha miñoca.
Estas cordas quedan pola noite no río e o día seguinte caen as troitas e anguías con bastante facilidade, sempre que as haxa.
Hai moitos sistemas de facer as cordas típicas dependendo onde se utilicen. No dibuxo vese unha corda de varios anzós. Normalmente púñase no río atada a unha árbore.
Por suposto hoxe as cordas están prohibidas.
Por suposto que esta é unha pequena mostra de aparellos de pesca.
Paréceme moi interesante esta selección, sacada do libro "Os ríos de Galiza" de Manuel Núñez, Adela Leiro e Mon Daporta. A nosa Terra. 2007.

Aparellos de pesca que se usaban. Hoxe a maioría son ilegais.