Troiteiros

     Troiteiro é o que por aficción soio pesca troitas, non vive da pesca da troita. O que vive da pesca da troita normalmente chámase pesco, inda que depende das zonas.

      O Daniel da Región, que enchía a cesta de troitas (cando era legal)  e algúns anos vendía as troitas o restaurante San Miguel era un troiteiro (por aficción pesca soio troitas, non vive da pesca da troita). Eu vino pescar, era sensacional e parecía ter imán na cana. Unha marabilla. A pesca era un arte. Tamén me lembro de Manuel Portela outro artista que tamén era, e sigue sendo, un troiteiro, para mín un maestro, o mellor. Un troiteiro é según o dicionario,  o que pesca por aficción, e so pesca troitas. (Eu engado que os troiteiros son pescadores artistas que respetan o río e as leis o 100% e non son depredadores, inda que esto sei que é discutible para algúns...).

Troiteiro e pescatíns.

O autor desta www é un pescantín (simple afeccionado á pesca, inda que as veces tómase como sinónimo de pescador de pouca monta, que non é o caso), tamén se chama pesco (esta é unha palabra máis dificil xa que o pesco vive da pesca en xeral, pero neste caso nos ríos é admitido como sinónimo de pescantín),  inda que as veces fixo pescatas sensacionais, tamén de encher a cesta, pero soio unha vez...estou falando de fai 25 anos. Pescantíns hai moitos. Pescantíns malos moitísimos. Pescantís respetuosos coa troita, co río e coa natureza poucos. Troiteiros case ningún...

Pescantíns e pescos.

       "Andar as troitas" é unha frase típica para dicir en calquera dos casos, o troiteiro, o pesco, o pescantín  que está pescando troitas.

Tamén con caracter xeral se fala de "troiteiros". incluíndo todos os tipos e tendo en conta que troiteiro é aquel que pesca troitas.

En Galicia tamén se chama pesco as pesqueiras.

Tamén se dí "río troiteiro" cando o que máis abunda no río son as troitas.

Na fotografía de R. Valentine Atkison, vese un atardecer nun río troiteiro. Ese é o mellor momento para que ceben as troitas.

Nese momento un troiteiro pode coller cantidade de troitas.

Por suposto o pescantín tamén pode coller moitas troitas. É o momento.

..

Troiteiros hai moi poucos. 

O troiteiro en tempos era un "artista" do río. Hoxe prácticamente non quedan. Hoxe hai moito pescantín, en Galicia 90.000 galegos sacan a licencia de pesca cada ano, a maioría son pescantíns.

..

Pescos hai moitos.

Si o pesco ou pescantín respeta o río, as troitas , as leis de pesca e os compañeiros realmente é un pesco de troitas bon...

Si o anterior se une o ser un artista coa cana, ese para mín é un troiteiro.

Hai moita xente que non respeta nada.

No fondo teño alma de troiteiro... (O autor da web)

Para rematar sobre os troiteiros:

Hai xente que non entende o placer de pescar troitas. Realmente que sinto moito que non coñeza ese placer, pero inda está a tempo e merece a pena intentalo.

De tódolos xeitos convén que me explique;  así o fixen fai xa oito anos cando nun foro en internet,  me preguntaron sobre este particular.

Esto foi o que escribín daquelas e por suposto que hoxe manteño a misma postura.

salir.jpg (922 bytes) Saír.