Chámase frezadeiro o lugar escollido pola troita ou o salmón para efectuar a desova (que é a acción de poñer, máis ben soltar os ovos, dos que saldrán, máis adiante os alevíns). É polo tanto o lugar do río onde pon os ovos, que logo son fecundados polo macho e trátanos de tapar con coios e area. Nesa zona será onde nazca máis adiante o alevín.
Son lugares con moi pouca auga , pero con lixeira corriente, 20 ou 30 cms. con un leito de moito coio pequeno e area, de tal xeito que a troita poida facer un buraco de forma doada coa cola. Esta operación pode levarlle medio día ou máis.
Posible frezadeiro.
Habería que ver a velocidade da auga, tamén a profundidade e dende logo con máis arenilla. Pero podera valer.
A fotografía submarina é sensacional, é do grupo W.U.V. uns especialistas neste tipo de fotos.
.. Na fotografía estase a facer un frezadeiro en base a unha pequena presa, onde por riba se botou grava, que neste momento estase extendendo.
Efectivamente este é un lugar idóneo para que as troitas desoven cómodamente.
.. Posible frezadeiro no río Outeiro.
Os ríos cambian moito dun ano para outro e o que hoxe é un frezadeiro mañán nono é.
Os frezadeiros dun río deberanse cuidarse como ouro en pano.
.... Outro posible frezadeiro, en primeiro plano, no río Xares.
Ver a parte de coio no centro. Dende logo terían que esperar a unha pequena subida de nivel.