Unha tosta é unha parede ou muro de pedra, construida no leito dun río para deter ou desvia-la auga cara unha canle de rega ou dun muíño.
Pódese confundir con presa ou represa, realmente a tosta é o muro, sempre que sexa de pedra.
Ver algunhas tostas de Galicia:
Tosta no Mao en Leboreiro, Ourense. Con esta tosta desvíase a auga para regar varios prados.
A presa a que da lugar chámase a Presa do Cura.
Fotografía do autor da www.
Tosta no muiño de Allariz. Os nosos antepasados sabían compaxinar a natureza coas súas construcción que usaban a natureza. Hoxe non...rachamos coa natureza. Por esta tosta suben perfectamente as troitas.
Fotografía do autor da www.
...... Tosta no río Arnoia en Ourense , na parte alta.
Este cachón está producido por unha tosta bastante alta que recolle a auga para un muíño.
Galicia ten uns ríos marabillosos, pero non se cuidan o suficiente.
...... Tosta no río Arnego preto da Ponte dos cabalos. Agolada. Desta tosta e do lugar marabilloso onde está, faloume Manuel Busto Galego, que por certo tamén me puso en contacto con esta palabra.
Darlle as gracias, por decirme do lugar e da palabra.