PRESA.

Unha  presa é unha construcción feita nunha corrente de auga, consistente nun muro que detén a auga (se o muro é de pedra chámase tosta en moitos lugares de Galicia)  para acumulala independientemente do seu uso posterior para regar ou para un muiño, etc. Tamén se chama represa, encalco, calzada.  O encoro ou pantano é outra cousa, polo menos para mín; é a auga, ou sexa a cantidade de auga almacenada na presa.

Tamén se entende por presa o volume de auga acumulada por esa construcción.

Logo, o que se fai coa auga,  xa é outra cousa: regar, mover un muiño, etc.

Algunhas presas ou represas:

Presa do muiño de Allariz.

Os nosos antepasados sabían compaxinar a natureza coas súas construccións que usaban a natureza. Hoxe non, normalmente rachamos coa natureza. Por esta represa suben perfectamente as troitas cando crece o río.

Por presa tamén se entende a auga acumulada.

......

Presa no río Arenteiro.

 

Esta presa abastecía de auga a unha piscifactoría no mismo Parque do Carballiño.

......
Presa no río Arnoia en Ourense , na parte alta. 

 

Esta presa recolle a auga para un muiño.

Por esta presa suben perfectamente as troitas nas enchentas.

Normalmente as presas son un auténtico viveiro de troitas xa que son profundas acumulan moita auga e as troitas teñen máis defensa na estiaxe do río.

   
Presa no río Arnoia en Ourense.

Esta é a fotografía dunha presa típica do río arnoia. A fotografía é de Jose Mª Salgado, e dende logo é sensacional.

As presas ou represas sempre se aproveitan para algo.

Falando de pesca a presa sempre ten algunha troita grande, polo que hai que estar atentos as sorpresas.

..  
Presa no río Tambre en Santiago.

Nesta imaxen vese una presa no río Tambre. A fotografía tamén é de José Mª Salgado.

Esta presa abastece de auga o muíño que se ve na parte esquerda da fotografía, muíño que está a traballar.

A caída da presa, o cachón é un lugar excelente para coller boas troitas.

salir.jpg (922 bytes) Saír.