TROITAS ENORMES DOS RÍOS GALEGOS.

Esta foi a noticia escrita por Pepe Alonso, o periodísta local de Ribadavia, entre os anos 1977-1980. Digo esto xa que eu non tuven noticia desta troita ata fai uns días, polo tanto seguramente non estaba en Galicia. Precisaría anos 1977 ou 1978. Gracia Amando por enviarme este recorte.

Pepe Puga morreu fai pouco, un home entrañable e cunha pluma moi coidada.

salir.jpg (922 bytes) Saír

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Algunhas troitas grandes.

A troita foi pescada en Pontegrande no río Arnoia cunha culleriña. Estuvo casi unha hora para sacala do río.

Troita común de río.

Botou 3,00 kg. e foi collida, a culleriña,  en Pontegrande no río Arnoia, polo meu amigo e compañeiro de pesca Alberto Prego, por certo con axuda doutro amigo Felix Valeiras.

Dimensións: 65 cms.

Observar a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre 4:1 ou 5:1). Unha troita moi estilizada e vese fácilmente que non é unha "pachanga"...

En Galicia teño visto troitas de 8,5 kg. por exemplo no río Avia, na zona de Bieite (Ribadavia - Ourense). Non teño fotografías.

Por suposto no río Miño inda quedan troitas de moito peso.

 

......salir.jpg (922 bytes) Saír

...........

 

..........

Troita común de río. Botou 2,200 kg. e foi collida  a pluma,  no río Miño en Ourense,  polo meu amigo e compañeiro de pesca Felix Valeiras.

Trátase dunha femia.

Dimensións: 58 cms.

Observar a proporción entre a cabeza e o corpo (sobre 4:1 ).

Por suposto no río Miño inda quedan troitas de moito peso, esta é unha delas.

......

Esta troita non debera figurar nesta relación, pero figura. E figura xa que foi a maior troita que collín na miña vida, e eu, soio eu, son o dono da web, así que ahí van os datos:  1,600 kg de peso 58 cms. e collida con fio do 16 mm. e unha plumiña  pequena, moi pequena. Río  Limia en Aceredo (1972), hoxe debaixo dun encoro. Saqueina rápido do río, é coña, en 45 minutos máis ou menos...disfrutei a tope, marabilloso...

Sin dúbida a troita máis bonita da miña vida, por certo era de carne rosada... Soio pasaron 37 anos. "Non descarto coller unha maior...pero autóctona e de río,  as "pachangas" escapo delas...danme noxo...".

As cousas cambiaron moito...

......

Santiago Lemos de Ourense, un seguidor da miña páxina e que aparece na fotografía, dime que hoxe ten 35 anos, pero que cando tiña quince, que corresponde a fotografía,  foi pescada esa gran troita que casi pesaba 6 kg. A troita é do río Miño por Nogueira en Chantada.

A troita foi pescada por unhos curmans do seu pai.

Dime que o seu pai conta que o seu abó pescou no río Miño, "cando era río", unha troita de 18 kg.

Darlle as gracias a Santiago que tamén me mandou outras fotografías.

 

   

"Pachanga"  collida no encoro do Vao, no río Bibei,  botou 11,250 kg e foi collida o 20-03-2002.

Observar a proporción 3:1.

Chámolle "pachanga" xa que non pasa de 70 cms e ten un peso descomunal, non proporcional o corpo.

Son troitas que están nun lugar do encoro onde hai sobre - alimentación, do tipo que sexa. Lémbranme as troitas que se collían fai anos na desembocadura do Barbantiño e que comían tripas de polos...eran así...

Son troitas de encoros deformadas.

......

 

Troita collida no mismo encoro do Vao, o mesmo que a troita anterior, tamén no río Bibei o ano 2001 botou 85 cms e soio pesou 6,5 kg. Moito menos peso e moito máis longa (inda que a fotografía non é boa, e non se ve.

Esta troita é moito mais estilizada que a anterior. É sin lugar a dúbidas, máis normal.

Troita máis normal que a anterior.

......

 

Troita bastante boa conseguida polo meu amigo Quico, que foi Presidente da Asociación de Pescadores de Ribadavia, cando eu estaba traballando precisamente nesa vila e collín a gran aficción que teño a pesca actualmente...

Non sei os kgs. que botou,  pero polo tamaño e o aspecto andaría polos seis kgs.

Troitas deste tamaño había moitas no río Avia e por suposto no río Miño.

Non era doado collelas, pero especialistas había. Daquelas pescábase moito con peixe vivo. Hoxe está prohibido...

A fotografía é da súa filla Mª José e está sacada do seu blog.

Tamén a seguinte...

Esta fotografía está collida, o que se dice pescaba e ben pescada por un rapaz entrañable para mín. Un alumno da miña época inesquencible en Ribadavia como profesor de matemáticas  no ITEM de Ribadavia, e  un amigo actualmente.

Trátase de Amando Canitrot que me remite este texto: "Bos días, Secundino!. Mándoche unha foto miña, con unha troita que pesquei cando tiña 15 anos (fai 39 anos), en 1.970. Lugar de pesca: presa do muiño do Raiña, na Foz (Ribadavia). Pesou 3,5 Kg. pero non me lembro da medida, ainda que tendo en conta que eu xa medía 1,70-1,75 m., a troita podería ter entre 50 e 60 cm"

A troita foi pescada no río Avia. 1970.

¡Que grandes ríos o Avia e o Miño naqueles tempos, dos mellores do mundo...!.

Hoxe defenestrados...

Esta penso que pode ser a famosa troita dos 8,5 kgs. collida no río Avia preto de Bieite, ou ben a de 11 kg. e 1,40 m. collida en Leiro.

 

Si é a de Bieite botou  90 cms de longa, mentras que si é a de Leiro seica tiña 1,40 m.

 

O problema da fotografía é que se ve que se trata dunha montaxe típica, polo tanto é imposible trazar referencias.

 

Non vexo como o pescador colle a troita, eu penso que troita e pescador son fotografías distintas.

Troita collida por Fraga (o noso Presidente da Xunta de Galicia ata o 2005, que tamén é pescador de toda a vida e, por certo,  favorable das minicentrais, cousa que non entendo nin entenderei nunca) no río MIño no salto de Belesar o 29-03-1998.

Seica botou 5,5 kg. As dimensións non parecen grandes. Sobre 55 cms.

Observar que soio ten corpo, a cabeza é pequena. Eso sí, moítisima barriga. Nona vexo normal, inda que "xa me gustaría pescala, pura envexa...".

O que está claro é que nos encoros as troitas están deformadas por norma xeral.

   

TROITAS NON GALEGAS.

TROITAS NON GALEGAS.

Troita de 8 kg. collida no Barco de Avila no ano 1970. Observar que a troita guarda proporción entre a cabeza e o longo do corpo. Sobre 80 cms.

Destes exemplares quedan poucos.

Por certo nese río o Tormes, pesqueino durante quince días na súa cabeceira (en Hoyos del Espino, prácticamente o nacemento deste río, na Serra de Gredos) , aló polo 1971, fora de serie, as troitas eran longas e moi estilizadas, normalmente entre 20 a 25 cms. Sensacional. Non baixaba de 15 troitas cada vez que pescaba.  Lémbrome das augas frías, moi frías e as troitas longas, moi longas. Tamén eran tempos...

   

Na fotografía, sacada do libro "Memorias de un pescador leonés de truchas" de Jesús Pariente Diez vese unha troita capturada o día 30 de xunio de 1983 por Aldredo Casasola Falagán, no coto de La Omañuela, río Orbigo (León). A troita pesou 6,300 kg. e tiña unha lonxitude de 87 cms.

É unha troita totalmente proporcionada no seu peso e na súa lonxitude. A troita foi collida cunha pluma, unha Cascudo Bergara, modificada por Alfredo, pondo un pardo flor de escoba bermello en lugar dun indio rubión. Moito máis mérito.

Na fotografía Emilia Martinez Garrido, chamada polos pescadores arxentinos "a galega de ouro", debido as troitas grandísimas que colleu.

Na fotografía con un troitón de máis de 8 kg e preto 80 cms. de lonxitude, capturada no Lago Kimi, en Tierra del Fuego (Arxentina).

Esta fotografía e a seguinte están sacadas do libro "La pesca de truchas y salmones" de Jesús Angel Cecilia Gómez.

Si algún día lee esta páxina www, gustaríame facerlle un apartado ou un anaco na miña páxina.

Unha galega pescadora de troitas non é nada común... ¡enhoraboa!. Ponte en contacto Emilia.

   

O record do Mundo  I.G.F.A. (The International Game Fish Association) teno  unha troita pescada o 16-12-1952 no Lago Nahuel Huapi en San Carlos de Bariloche na Arxentina por Eugenio Cavaglia e deu un peso de 16 kg, con unha lonxitude de 99 cms.

O exemplar esta exposto na Asociación de Pesca e Caza Nahuel Huapi, que é a fotografía da troita disecada a esquerda. Observar, unha vez máis as proporcións. A verdade é que non está moi ben conservada, parece de plástico... pero casi un metro é moita troita de Dios...

salir.jpg (922 bytes) Saír