|

Petromyzon marinus. (
Linnaeus 1758)
Clase: Cephalaspidomorphi
Orden: Petromyzontiformes.
Familia: petromizonydae
Xénero: Petromyzon
Especie: Petromyzon marinus

Nota:
Decir
que a lamprea, perteñece á orden dos ciclóstomos (boca
redonda) é un dos primeiros vertebrados que apareceron no planeta. O nome
griego de Petromyzon e o latino de Lampreta ven a significar chupador de
pedras, o cal, efectivamente, ten a súa razón xa que a lamprea fíxase
as pedras ou rocas coa súa boca.
(Por suposto de chupar as pedras nada de nada...o que chupa é o sangue
dos peixes...)
A lamprea mariña e unha especie anádroma (nace
e vive no río, vai o mar, e volve o río a aparearse) distribuida no
hemisferio norte entre as latitudes 25ºN e 72ºN. Está citada en
Alemaña, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Grecia,
Irlanda, Italia, Holanda, Portugal Suecia e Gran bretaña.

Coñécense 41 especies de Cefalaspidomorfos
(que é a clase a que perteñece a lamprea) repartidas polo mundo,
das que 8 habitan Europa. En Galicia é única.

Na fotografía
sensacional de José Luis González, sacada dunha exposición que
fixo en Ourense có título "Ríos de Galicia, Tesouros de
vida", vese unha lamprea chupando, é un decir, unha pedra.
Subir.
|
|

Lamprea, lampreia,
lamproia, lamparda, lambepedras, peixe dos sete
buratos, chupona de mar.


Subir.
|
|
O seu nome en
castelán é

Lamprea.
Outros nomes:
• Catalán:
Lampresa de mar
• Galego:
Lamprea
• Vasco:
Itsas-lamproia
• Portugués:
Lampreia

Ver este pequeno video:
Subir.
|
| Pode medir preto do metro. O normal entre 60-90
cms.
Como moito pode chegar a pesar entre 2 kg a 3 kg.

Subir.
|
|
Identificación:

É doada de identificar xa que é un peixe inconfundible.

O corpo é cilíndrico e sen escamas.
Conta con dúas aletas dorsais separadas, a primeira e maior que a
segunda. A segunda xa casi está en contacto coa aleta caudal.

Posee sete orificios branquiais a
cada banda da parte anterior do corpo.

Na fotografía
sensacional de José Luis González, sacada dunha exposición que
fixo en Ourense có título "Ríos de Galicia, Tesouros de
vida", vense os ollos da lamprea.
Os ollos son moi rudimentarios e
atópasen por debaixo da pel.

A boca é unha ventosa. Pechada ten forma de funil.

Fotografía da TVG.
Subir.
|
|
Alimentación:


Chupa a sangue de outros peixes, tamén chupa os fluídos da degradación dos tecidos de peixes marinos.

A boca destes animais é incríble: posee entre 120-130
lamelas labiais, así como numerosos dentes.
A súa táctica está clara pégase,
gracias a boca, na pel de moitos peixes e chúpalle a sangue e os
líquidos corporais.
Ten un sistema que
anticoagulante que evita que a ferida que fai que non se
tapone a ferida.

Na imaxen duas lampreas
una colgada do lombo e a outra metida nas agallas dun peixe.
As veces tamén se alimenta de
carroña.
Teño visto fotografías de peixes,
sobre todo o muxo onde se ven pegadas o corpo as lampreas.

Na fotografía collida dunha exposición (de feito
vese a miña sombra detrás,o que non debe quitar méritos a este gran
fotógrafo) vense unha chea de muxos e moitos deles teñen adosado
os seus corpos as lampreas. A fotografía é de José Luis González.
Subir.
|
|
Habitat:


É unha especie migradora: nace no
río e os adultos viven no mar como uns 30 meses. Para volver a desobar
os ríos.
Seica no mar viven en profundidades
entre 200 a 300 metros.
A lamprea é típicamente anádroma, é
decir, nacen no río , viven no mar pero veñen a desovar os ríos e morrer. Sobre todo os grandes ríos, ata os encoros. Dende logo, si poden, suben
ata os regatos para desovar en augas puras , osixenadas e correntes (pero xa quedan poucas). Hoxe Fenosa primeiro, e
logo Iberdrola, non deixan subir a lamprea, que cada día hai menos e que
se queda no río Miño en Frieira.
Por certo en abril do 2004 falan de facer tres
minicentrais en Arbo, pode ser o final...
Subir.
|
|
A lamprea vese
nos meses de febreiro e marzo polo menos pola zona de Arbo.

En realidade sube entre os meses de xaneiro e
maio. As mellores son as de febreiro.

Subir.
|
|
Inimigos.

Os principais problemas que se atopa esta
especie son os encoros, obstáculos insalvables para que os
adultos suban a desovar, a sobrepesca, efectivamente estase a
pescar moitísima lamprea en tódolos ríos lampreeiros de Galicia
por mor do seu precio en moitos restaurantes. Tamén por suposto
o furtivismo e a destrucción sistemática dos habitats fluviais
por dragados e extraccións de áridos, especialmente en zonas de
desenvolvemento larval (COBO, 2009)

Subir.
|
|
Interés:

Especial. As lampreas son os vertebrados
máis primitivos e algúns científicos nonas consideran peixes. Hai que
pensar que o esqueleto é cartilaginoso, non ten mandíbulas, tampouco
escamas nin aletas pares, as impares atópase pouco desenroladas. As
branquias son diferentes as de outros peixes...etc.
En fin o interés da lamprea é máximo.
Subir.
|
|
Protección:

Tende a desaparecer dos ríos. En Galicia non hai ningunha
política para conservar este peixe, as poucas iniciativas que hai son
folklóricas e de cara a galería e nada efectivas. Que eu sepa, os
políticos galegos, soio se lembran da lamprea nada máis que para
ir a comela a Arbo, Crecente ou mismo na Cañiza (no Reveca, que por
certo a preparan fora de serie ). Unha pena o que está a
ocurrir cos ríos en Galicia.
Fotografía da TVG. A lamprea no Miño.
Ten sobrepesca na época de pre-freza, tamén a extracción
de áridos vaille moi mal, e non digamos a contaminación e por suposto
as centrais eléctricas. Dificil de
sobrevivir.
A lamprea aparte de comela fresca, consúmese
salada ou afumada.
A categoría para España é de
vulnerable no Libro vermello dos Vertebrados de España (1992), aparece tamén citada
no anexo III del Convenio de Berna 82/72 e no Real
Decreto 1095/89 aparece declarada de pesca especial.
Pouco lle queda...
Subir.
|
|
Reproducción:

Reprodúcese da primaveira ó principio do verán en augas doces, pero teñen que ser correntes e ben osixenadas, polo tanto
en Galicia xa quedan moi poiquiñas. Os encoros rematan con todo o bon.
Ambos sexos pero sobre todo os machos excavan un
buraco de 60 cms de
diámetro entre as pedras do fondo do río onde a femia pon entre 150.000
ea 300.000 ovos de cor amarelo e 1 mm de diámetro. A femia fai esta
labor fixada a unha pedra e efectua a posta, o macho, adherido a
cabeza ou o dorso da femia fecunda os ovos a medida que saen. Este
proceso repítese varias veces durante un o dous días.
Os ovos están cubertos por unha sustancia
mucilaxinosa e forman masas que quedan protexidas polos montículos
de pedras, que en Galicia reciben o nome de "morteiros".
Despois da
reproducción os adultos morren. As larvas eclosionan o cabo de 10-20
días, dando lugar o que se chaman ammocetes de entre 3 a 4 mm. de
lonxitude e de morfoloxía moi diferente a do adulto. De feito a súa
boca non está transformada en ventosa, o corpo e opaco e son cegos.

Larvas de Petromyzon marinus.
Os ammocetes viven soterrados, en zona de area
fina, durante un período de 4 a 6 anos, ata que acada un tamaño
entre 15 a 20 cms., neste momento dependendo do caudal e condición
das augas sufren unha metamorfosis (a finales de verán,
nesta metamorfose que dura de catro a seis meses aparecen os dentes,
os ollos e os rils) e descenden
ata a mar onde permanecen entre 1-4 anos ata 500 metros de profundidade.
A continuación o seu intestino atrofiase e entre decembro e abril
ascenden polos ríos en busca de lugares para reproducirse e así
sucesivamente.
Decir que da súa vida no mar sábese pouco. Si que
crecen entre 400 a 900 gr. e que se supón que se alimentan de sangue
de peixes e de fluídos corporais. Logo o volver os ríos perden
moitas cousas xa que se des`prenden dos dentes, perden visión e
peso, suben a desovar e logo a morrer.
Poden recorrer entre 20 a 850 km para
desovar, dende logo non en Galicia que como moito subirán 77 kms. no
río Miño, non máis, Fenosa non as deixa...
Resumindo, tomo este esquema do libro "Estado de conservación
das pobacións de lamprea mariña en río de Galicia" do que foi
coordinador Fernando Cobo.

No esquema vese perfectamente o ciclo completo da lamprea
dende que morre no río unha vez que poñen os ovos e estes son
fecundados, nacen os xuvenís e viven no río, ata que seguindo o
sentido das horas do reloxo ten un período no mar e remonta o río
como adulto.
Subir.
|
|
Curiosidades
da lamprea:
Foto da TVG. A lamprea no Miño.

Lozano-Rey fai un comentario sobre a
importancia das lampreas en tempos, e así refire que en 1908
pescáronse no río Miño, según informe oficial de marina Cervera e
Valderrama unhas 17.000 lampreas.
Hoxe está ameazada a pouca que hai. Fálase no miño do
encoro de Selas, Fenosa ande erre que erre de facerse, si se fai adeus a Lamprea.
Medio ambiente de España dice que non se fará. Pero non me fío,
seguro que presentan outro proxecto e veña.
O miño está esnafrado por
Fenosa. Xa non é un río é un "mar interior como lle gusta decir
os políticos"..."Deus nos colla confesados"...os galegos e as lampreas do Miño.
Na zona de Arbo, as Neves, etc. inda existe toda unha serie de
técnicas para pescar a lamprea, maila que se está perdendo todo:
pesqueiras, boiteróns, lampreeiras, etc.
A verdade é que os nosos gobernantes non teñen perdón, pasarán
a historia como os "Depredadores do medio
ambiente", si a cousa non cambia radicalmente...

A lamprea é a gran señora do río
Miño, sin dudalo. Por certo o gran Señor era o salmón, hoxe a punto
de desaparecer.
Decir que a lamprea ten unha inxusta
leyenda negra, dicen , xa adianto que é totalmente falso, que os
romanos tiñan fosos con lampreas onde botaban os esclavos vivos e logo
as lampreas lles chupaban a sangue. Por suposto é unha mentira
auténtica e imposible según os expertos. O que si podían ter os
romanos era fosos con morenas, as morenas si teñen unha dentadura ben
armada. As lampreas serían incapaces.
Decir
finalmente que a lamprea, que perteñece a orden dos ciclóstomos (boca
redonda) é un dos primeiros vertebrados que apareceron no planeta. O nome
griego de Petromyzon e o latino de Lampreta ven a significar chupador de
pedras, o cal, efectivamente, ten a súa razón xa que a lamprea fíxase
as pedras ou rocas coa súa boca.
Resultan curiosos algunhos
dos resultados do sensacional estudio feito polo equipo da Estación
de Hidrobioloxía da USC "Encoro do Con" e publicado no libro
do que aparece a portada .

- Os ríos da vertente cantábrica amosan valores
máis elevados en canto a densidade e biomasa. O Eo en concreto o que
máis. Os máis baixos son o Anllóns, Umia, Sar e Lérez.
.-A mellor calidade da auga máis enriquecemento
orgánico máis ammocetes e polo contrario menos calidade disminue.
.- A lonxitude e o peso está
relacionado con parámetros como o hidrodinamismo no sedimento, a
alta osixenación, e o índice de sinuosidade.
.-Seica canto máis o norte en
Europa menos peso e talla nos reproductores da lamprea.
Subir.
|
|
Mitos e falsedades sobre a
lamprea:

Seica as
lampreas se levaban a Roma na época dos romanos nos seus trirremes (aqueles
barcos que tiñan os romanos e que constaban de fileiras de tres
remeiros en cada lado do barco...). Esto dende logo costa creelo máximo
cando no século I no máis completo recetario latino, Marco Gavio Apicio
non escribe nin unha soia receta relativa a lamprea. Pero bueno...
Dicen que
a empanada que devora un condenado no pórtico dá Gloria en
Santiago, seica é de lamprea. Dende logo fai falta ter imaxinación e
moitas máis cousas para chegar a estas conclusións. Ademais eu non
entendo por que non é de anguías, que para mín é moito mellor, anos
luz...
No libro
de Torrente Ballester (La saga-fuga de J.B.) dí que cando non había
suicidios no río que bordeaba Castroforte de Barralla, as lampreas
perdían gran parte da súa exquisitez. Esto non se sostén de ningún xeito
xa que en ningún momento a lamprea se podería alimentar do suicidado. A
lamprea come o que come, a sangue de outros peixes ou a súa carroña pero
non eso precisamente. Outro mito...
Di
Cristino Alvárez, nun artigo que ven na Voz de Galicia do día
13/01/2007, có título de "Un pez con leyenda negra" , que quedou
mosqueado, e non me estrana, con Pérez Lugín que no libro La casa de la
Troya, fai chegar o ínclito Samoeiro dende a Puebla de Brollón ata a
compostelana pensión de Dª Generosa portando dúas empanadas, unha delas
de lamprea, xusto no mes de setembro. A verdade que costa creelo, pero
bueno...
Subir.
|
|
As
pesqueiras do río Miño:


Así se pescan as lampreas, nas pesqueiras do río
Miño, feitas xa dende o tempo dos romanos. Na fotografía a rede especial
para collelas, que se chama biturón ( butrón ou nasoura).
As pesqueiras (pesquera en castellano) son muros de
pedra, soltas ou calzadas, unidadas por simple gravidade e posteriormente
suxetas por ferro o mortero. Cada muro chámase "cuerpo o poyo"
e o conxunto "pesquera o pesco". O seu asento é sempre na
orilla do río ou o leito rocoso do río.

Entre os dous corpos é onde se coloca o biturón.
Cada "poyo" fai de "antepara" encauzando a corrente e
obligando os peixes a introducirse na rede.
As dimensións son entre 3 a 20 metros
de
lonxitude, 0,60 a 3 metros de anchura e de 1 a 6 metros de altura.
A productividade das pesqueras é moi variable,
antiguamente considerábase cun pesco era bon cando daba mil lampreas o
ano...tempos aqueles.

Hoxe no Miño hai sobre 500 pesqueiras.
Estas e outras historias do río Miño
poden lerse no libro sensacional de Eliseo Alonso titulado "Pescadores del río Miño". Un libro imprescindible, editado pola Diputación de Pontevedra en 1989. Neste
libro, na páxina 71 afirma o autor:
"Como estamos viendo, el Miño es
uno de los ríos del mundo con mayor variedad de especies acuícolas -un
verdadero vivero natural- que van camino del exterminio y que, en un país
adelantado, no dudarían en recuperar..."

Na fotografía (do autor desta www) pódese ver un
auténtico río, o río Miño, (por debaixo de onde lle deixa Fenosa, é decir, debaixo
de Frieira). Un río cheo de pesqueiras, ver catro pesqueiras nesta
fotografía.
Subir.
|
|
Gastronomía:

Fotografía de Xurxo
Lobato.

Na fotografía Ricardo
González, do restaurante "El Refugio" de La Coruña, seica
que neste restaurante preparan ben a lamprea. Voz de Galicia 03-02-2002.
Gastronómicamente
é moi apreciada por moita xente, como un manxar dos deuses e penso que teñen
razón ( Un consello: ir a comer a lamprea con alguén que lle guste
de verdade).
O anterior é fundamental, a
lamprea hai que comela con xente que lle guste, si se cumple esa premisa
é un manxar dos deuses.
Simplemente decir que para comer
a lamprea do Miño (ollo que tamén hai lamprea no Ulla sensacional e
pódese comer en moitos lugares entre eles Pontecesures, Pontedeva, Teo
...) hai que ir a Arbo, inda que tamén na Cañiza no restaurante
Reveca son especialistas e teñen moi boa cociña.
Esta é a dirección:

Por certo, non teño comisión, simplemente, trátanme
ben as veces que vou comer a este restaurante. Aparte da lamprea, saben
facer moi ben o bacallao o forno.
Esta é a lamprea:

En Arbo teñen fama a Casa Mezquita (tfno.
986-665186) , a Casa Barcia (986- 665293) , Casa Reboreda (986 - 665459)
entre outros.
Faloume o meu amigo Paxaro do
Restaurante Os
Pirús, tamén en Arbo, dice que é fora de serie. Queda dito. Un día
destos comereirei a lamprea nese lugar.

Comprobado o Restaurante Os
pirus. Sensacional. Nas fotografías o típico: lamprea
estofada, lamprea seca en rollo. Lamprea en empanada. A
cal mellor...
Por suposto que hai
moitos lugares en Galicia para comer a lamprea e seguro que
extraordinarios. Eu simplemente falo do que coñezo.

Fotografía Xurxo Lobato.
Sobre recetas e formas de
preparala no é este o lugar de tratar o tema xa que non teño nin idea.
Eu a lamprea únicamente a tomei cocida a lume suave coa salsa especial
feita co seu sangue (aparte de cebolas, allos, xamón, especies, clavo
e un longo etc), e logo servida con arroz blanco e picatostes (máis ou
menos como se ve na fotografía). O que se chama vulgarmente "Lamprea a Arbense". Está fora de serie... Por certo un viño tinto mencía, ou un condado
tinto, vaille moi ben (inda que, cun rioxa tamén combina de lo
lindo...). Tamén decir que ollo: un plato con angulas, lamprea a
arbense, unhas filloas ou leite frita e un viño tinto da zona, podedes
deixar uns cantos euros... (sobre 55 € (ano
2002), podedes levar un susto...).
Como alimento a lamprea é un peixe azul moi
rico en graxas. Ten moitas proteinas aparte de vitaminas A e D, B1 e B2.
Dicen, eu nona probei, que a
empanada de lamprea é exquisita, pero actualmente a lamprea prepárase
de moitos xeitos: a brasa, rebozada, guisada, frita, rechea, en fin aina
para tódolos gustos, xa que a lamprea é exquisita en sí.
|

Fotografía Xurxo Lobato. |
Na fotografía de Xurxo Lobato vese a lamprea
afumada. A idea da súa conservación como todas sempre foi
quitarlle a agua. Logo sécanse. O afumado faise varios días,
mellor con leña de carballo. Realmente exquisita. O sabor é
poderoso e forte, a guarnición que se pon é a base de vexetais
en vinagre, que van amortiguando o sabor.
|
Fotografía Xurxo Lobato. |
Nesta fotografía vese un fiambre de lamprea
afumada. Sírvese o fiambre frio, cortado en rodaxas e como
moito pónselle ensaladilla ou ben ingredientes vexetais.
|
A lamprea afumada pódese tomar en moitos sitios, pero falan
moi ben de Casa Calviño, nas Neves en Pontevedra (986 648 040 ), pola
miña banda nunca estuven nesa casa, pero non descarto facerlle unha
visita.
Por certo hai que ter en conta o dito "A anguía,
en empanada, e a lamprea, escabechada".
A estas alturas, 23 de abril a lamprea xa está
cucada xa cantou o cuco e xa pasou as
datas das boas lampreas, quere decir que xa non está tan boa e haberá
que esperar pola fresca do ano que ven, ala por xaneiro, ou
ben, acudir a exquisiteces como a afumada.
Subir.
|
|
Festas das lampreas.


A máis coñecida é a festa da Lamprea de Arbo,
declarada de Interese Turístico e que está
chegando a 50ª edición.Outras festas en Galicia son as
seguintes:
-
Pontecesures: Festa da Lamprea. Celébrase
dende 1995, o último domingo de abril.

-
Arbo: Festa da Lamprea. Celébrase dende
1961 o último domingo de abril.

- Arbo: Festa da Lamprea Seca. Celébrase
dende 1995 o primeiro domingo de xullo.
- Padrón: Festa da Empanada de Lamprea.
Celébrase dende 1993, coincidindo co sábado santo.
- Pontevea,
Teo: Festa de Exaltación da Lamprea do Ulla.
Celébrase o 1º domingo de maio.
Subir
|