Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Oden: Carnívora
Familia: Ursidae
Género: Ursus
Especie: Ursus arctos.
|
Este é o gran mamífero ausente dos montes de Galicia. Un mamífero tímido, un mamífero marabilloso. Unha magoa non poder ollalo en Galicia. Preséntase esporádicamente na serra dos Ancares e montes aledaños, na área Rao-Navia de Suarna, Brexo, Lamas de Campo-A Allonca, pero xa non é galego, é asturiano. O día 15/05/2006 un oso destrozou varias colmeas nos montes de Robledo en Rubiá (Ourense). Seica se tratou dun oso xoven en busca da femia. Teno claro en Galicia. ¡Pobre oso!. Realmente non temos perdón...Non comprendo como en Galicia non se fai nada por este gran mamífero que tuvemos na nosa terra...De tódolos xeitos: gracias Asturias!
|
Características.
| Nome científico |
Ursus arctos (Linnaeus 1758)
|
||||
| Nome galego |
Oso
Por Cervantes chámanse os oseznos: orgaños. |
||||
| Nome castelán |
Oso pardo. ------------------------
En Alemán: braünbar . En Francés: Ours brun. En inglés: brown bear. En eusk.: artz arrea. En catalán: Os bru.
|
||||
| Dimensións |
Enorme...pode medir 2,2 metros e pesar ata 200 kg. O normal é entre 170 a 250 cm. de lonxitude. A altura en cruz é de 90 a 110 cm. E o peso máis normal entre 90 e 150 kg.
Nota: hai reseñas de osos de ata 350 kg. Concretamente unha de 1.848 que o cazalo botou estos kg.
|
||||
| Identificación: |
Era inconfundible. De tódolos xeitos os osos de España teñen as patas máis oscuras que o resto do corpo, dícese que "teñen os guantes e os calcetíns casi negros" unha forma moi gráfica de describir os nosos osos.
Na fotografía poden verse perfectamente os guantes e os calcetíns negros... A cara é pardo-amarela, con flancos grises e cuartos traseiros pardo-oscuros.
Os osos pequenos chámanse en Asturias "Esbardos" ou "escañetos", e normalmente presentan como un colar moi claro que vai desaparecendo coa edade. Por certo en Galicia, polo menos pola zona de Cervantes os osos pequenos chámanlles orgaños.
|
||||
| Algunhas características notables: |
Son Plantígrados, pódense erguer en dúas patas. A súa velocidade máxima é de 50 km/h. O seu corpo é de cor variable, dende castaños ata negro. Dicen que ten mala vista, pero oido e olfato son fora de serie.
Os ollos son pequenos, esto chama bastante a atención, as orellas son cortas e redondas. O que está claro é que ten un nariz grande, uns poderosos colmillos e ademais é moi corpulento. Pode vivir ata 20-25 anos en libertade,
ata 40 en Poden recorrer nunha noite ata 100 km. Son solitarios e difíciles de ver. Menos mal... Dicen que ten unha gran memoria, é capaz de recordar onde foi tiroteado, onde hai abondosa comida e un longo etc.
|
||||
| Alimentación: |
O oso come de todo (o que pode...) Preferentemente gústanlle todo tipo de froitos, moras, bellotas, en especial as castañas, os arándanos e o madroño.
Gustábanlle, na edade media, os salmóns dos ríos galegos, seica se puña as botas en tódala cunca do Sil e do Miño, incluso na Veiga en Ourense, ou en Chandrexa. Pero repito , eso era na edade media. Logo o home inventou as armas de fogo, os encoros, as minicentrais, a contaminación , a degradación da capa de ozono, os insecticidas, os puríns, a merda...e xa non comeron nunca máis salmóns , polo menos en Galicia. Eso sí, lévano grabado no seu código xenético, unha carne rosa, exquisita, cun sabor a marisco incríble, e moita abundancia...eran tempos...
Tamén lle gusta o mel, por eso é temido por algunhos apicultores non galegos...
Nesta fotografía sacada da www http://www.geocities.com/Colosseum/Park/7136/Fotos-g-y-p/fotos.html Na fotografía vese unha alvariza, que é un recinto para protexer as colmenas do tempo e dos osos, en Galicia fanse en terreos encostados que dan o nacente ou ben o mediodía para obte-lo máximo soleamento. Hai moitos tipos o normal é que teñan entre 2 a 3 metros de altura. Os osos tamén comen, si se da o caso, carroñas de mamíferos. Pero, sin lugar a dúbidas, o oso chámaselle "carnívoro arrepentido" por algo especial. O seu son os froitos... O oso non ten moas carniceiras. A súa dentadura está adaptada a comer un pouco de todo.
|
||||
| Habitats: |
Vive (de momento) en Asturias, Cantabria e no Pirineo, menos mal.
O seu habitat é en zonas fragosas de carballos, capudres , abelairas, freixos, faias e bidueiros. O ideal son sobre 1.000 a 1.400 metros onde o home o moleste pouco. Os expertos dicen que a súa población non supera os 80 ou 90 exemplares na Cordillera Cantábrica. Nos Pirineos hai 8 osos actualmente, que se moven dun lado para outro da fronteira entre Navarra e Lérida.
A gran ilusión sería unir as duas zonas. Galicia non conta. Incríble. Pode vivir en libertade sobre 25 anos.
Os osos cantábricos viven en áreas pouco habitadas, con densidades de poboación mínimas, entre 6 a 12 persoas por km2.
|
||||
| Un día desgraciado, o 01-11-2004: |
Efectivamente, ese día, o 01-11-2004, morreu Cannelle (Canela), a única osa autóctona dos pirineos, unha zona O Valle de Aspe, a cabalo entre Francia e España. Seica foi en defensa propia según o cazador que a matou, pero eso nono cree ninguén... O feito é que Canela iba co seu fillo de dez meses e foi atacada polos cans dos cazadores, fíxolle frente, e un cazador pegoulle un tiro. O osezno pequeno escapou, pero a súa supervivencia ten unha probabilidade mínima. Realmente lamentable. Como se pode ir con cas a unha zona de osos, incrible. Rematamos con todo...O feito sin dúbida é un auténtico crimen... “Una batida con perros en un sector donde la osa estaba presente no tiene ninguna excusa”, opinan las asociaciones de protección de los animales. A batida era de xabarín. O lugar Urdós. Canela tiña 15 anos. Agora nos Pirineos soio quedan machos...e catro femias non autóctonas, en total 15 osos. Nos Pirineos quedan agora dous machos autóctonos o resto xa desapareceu: Camille (sobre 21 años, un metro de altura a catro patas, e 2,80 metros cós brazos levantados) e Chocolat. O resto son eslovenos. Dentro de pouco os osos autóctonos pasarán a historia... Facía uns días que morrera Papillón, un oso autóctono de treinta años (morreu de vello 20/08/2004)...que precisamente se apareaba con Canelle...
|
||||
| A oseira: |
Chámase oseira o lugar onde pasa o inverno, é decir, onde inverna o oso. Normalmente busca unha cova ou lugar tranquilo e apartado, que prepara cuidadosamente con ramas, musgo, etc. O invernar baixa a súa temperatura corporal, producindo algo así como un sono, que as veces pode interrumpirse. Para elo enróscanse no seu corpo dunha forma que permita estar o máis quente posible. Non mexan nin defecan mentras están nestas condicións. A temperatura baixa a 31º C e os latidos do corazón sobre 10 latidos por minuto; con esto consigue baixar e aforrar moitísima enerxía, co que pode pasar meses sin comer e semidormido. Durante este período aliméntase da súa propia capa de grasa acumulada durante o verán.
Normalmente pasan entre 1 a 3 meses nestas condicións.
|
||||
| Reproducción: |
Cando chega a época de celo, os machos comenzan a marcar o seu territorio no bosque. A máis de metro e medio do chan moitas árbores mostran as señaís dos arañazos, mordiscos e descortezamentos, que os osos utilizan para avisar ós outros machos de que ese territorio xa ten dono. Tamén se frotan contra as cortezas, para deixar a seu cheiro.
Os osos son os vertebrados coas menores tasas de natalidade do mundo. As femias alcanzan a súa madurez sexual a unha edade entre 3 anos e medio e 5 anos. Entre unha camada e outra transcurren tres anos, e cada camada consta de unha a tres crías. Por eso é tan dificil a súa reproducción e por eso están en peligro...entre outras cousas. Os osos son solitarios en todas as épocas do año excepto no período de celo que ten lugar no verán.
Sensacional fotografía de José Luis Rodriguez, para a revista Natura, nº 264 de xaneiro do 2006. Durante a época do celo, os machos amplían o seu territorio e dedícanse a vagabundear nun intento de localizar e controlar o estado reproductivo das femias. Nesta época, varios machos poden chegar a competir por unha compañeira, enzarzándose en pelexas moi fortes.
Unha vez que o macho atopa e conquista á osa, fórmase una efímera parella que permanecerá xunta por un tempo, durante o cal ambos consortes sestean xuntos, xogan e pelexan amistosamente, tamén copulan varias veces... Finalmente, sepáranse e retoman a súa vida solitaria.
Curioso: Ó igual cós carnívoros, os osos pardos teñen no pene un óso chamado báculo, con forma de bastón alargado, e que non está conectado co resto do esqueleto e simplemente cunha función de prolongar a cópula. O báculo crece continuamente durante a vida do oso, e o seu tamaño (nos adultos alcanza 15 cm) o que da idea da vida da edade do animal. Moitas culturas atribuen o báculo propiedades afrodisíacas, de potencia e fertilidade; este óso tamén é apreciado na medicina oriental.
Sensacional fotografía de José Luis Rodriguez, para la revista Natura, nº 264 de xaneiro do 2006. Neste misma revista escribe José Luis Rodriguez cousas básicas sobre a supervivencia dos osos como por exemplo: unha boa alimentación, parece que si non hai comida non hai copula, o cal é lóxico. Fala tamén dos xogos e enfrentamentos previos e de que loga a femia é a que cede. As copulas duran varios minutos e pode repetirse o longo do día ata seis ou oito veces. Estas copulas son básicas xa que a femia ovula no momento da misma. O que se chama ovulación inducida, de forma que é o propio acto da cópula o que fai que ovule a femia. Todo un prodixio fisiolóxico. O macho pode desplazarse moitos kilómetros para estar coa femia (ata 32 kms. desplazouse fai uns anos un oso dende Riaño ata a Pernia, e outro 52 km. ata León). Moi curioso o artigo e sensacional as fotografías da revista Natura. A xestación comenza a finais de novembro ou principios de decembro e dura de 8 a 10 semáns. As crías nacen en xaneiro ou febreiro, durante a hibernación da mai. As crías nacen casi calvas, pesando apenas 500 g, cegas e sin dentes. Cando saen ó exterior están xa totalmente cubertas de pelo e mostran un característico collar de pelo blanquecino que desaparece co tempo.
Os tres meses e medio deixan de depender exclusivamente da leite materna, podendo recibir outros tipos de alimentos. O destete definitivo dase o ano de vida. O dessenrolo dos oseznos é rápido e abandonan a osera a finais da primaveira. Estarán coa súa nai ata os 18 ó 22 meses de vida, cando ésta xa os abandona. Eles seguirán xuntos máis ou menos un ano
Os oseznos pesan moi pouco, sobre 350 grs.
Aquí vese una nai e a súa cría.
|
||||
| Vese nos meses: |
Xa non se vé en Galicia, eso sí, hai "videos" moi bons... Debera verse na primavera e no verán, xa que logo en inverno, fai hibernación: esto quere decir que no inverno selecciona unha boa guarida e permanece durmindo no interior ata chegada de tempos mellores. Antes de retirarse a hibernar engordan moito, logo viven un pouco de rentas. De tódolos xeitos todos os hibernantes despertan de vez en cando, e de seguido volven a dormir. O día 15/05/2006 un oso destrozou varias colmeas nos montes de Robledo en Rubiá (Ourense). Seica se trata dun oso xoven en busca da femia. Teno claro en Galicia. ¡Pobre oso!. O día 15/05/2006 grabóuse por primeira vez un oso en Galicia, esta é unha fotografía do resultado:
Un oso, seica seguramente xoven de dous anos, acercándose as colmeas as 9:30 pm do día 15/05/2006. ¡Xa temos o oso en Galicia!
|
||||
| Interés: |
O interés deste gran mamífero es obvio: É o maior dos mamíferos. Soio existe na Cordillera Cantábrica e nos Pirineos, máis ben da parte de Francia. Cálculase que habrá unhos 90 exemplares actualmente en España. Está claro...
|
||||
| Protección: |
Por suposto está protexido xa que está catalogado como animal en peligro de extinción. A especie está protexida polo Real Decreto de 1980 e 1986, e aparece no convenio CITES e no de Berna no anexo II. Está catalogada pola UICN como especie en perigo, e así aparece na lista bermella dos Vertebrados Ibéricos (ICONA, 1986). As causas apuntadas que poñen en perigo esta especie son, entre outras, as seguintes:
O oso é un animal pacífico e marabilloso, realmente non ten inimigos dentro dos mamíferos xa que é superior a todos. Repito, o único inimigo é o home.
Según Guillermo Palomero, Presidente da Fundación Oso Pardo, "O oso é a marca de calidade dunha zona. A especie cantábrica é especial, xa que é un oso pardo xenéticamente diferente, xa que no seu día quedou aillado completamente...". Fala dun centenar de exemplares pola Cordillera cantábrica.
Contra o oso tamén actuan de forma seria os seguintes problemas:
O oso hoxe en día teno moi, moi dificil...
O oso é un gran amante das árbores. Realmente deles saca a súa alimentación, aparte de que se sirve para deixar rastros para otros osos. Realmente vendo estas imáxenes no se entende que os osos sexan obxecto de caza.
|
||||
| Curiosidades do oso en Galicia: |
Os últimos exemplares galegos, foron cazados nos anos 1942 na Pena Boullosa na Serra dos Ancares e en 1946 en Couceiros - Padrenda preto de Pontebarxas na provincia de Ourense.
A verdade sinto pena...do oso, seguro que si o deixan ir non houbese pasado nada.
En Galicia os osos xa escaseaban no século XIX, pero víanse algúns na Serra do Courel, en Cervantes, en Oseira, Val de Quiroga e na Serra do Oribio. Del dí LÓPEZ SEOANES (1861) que era raro en San Andrés de Illobe, onde foi abatido un exemplar no ano 1848, na Serra do Courel, Burón, montañas de Cervantes, Vilalba e Cerezal, montes Urivios, Convento de Oseira, Val de Quiroga, etc.
Seguramente desapareceu da Serra do Courel na segunda década 1910-1920. No século XIX contaba con oito nucleos que serían o da Ulloa en San Andrés de Illobre, o de Terra de Montes, na área de confluencia das provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense, o da Terra de Trives na Serra de Queixa e San Mamede, o da Fonsagrada no límite de Asturias, o grande nucleo do Cebreiro, na Serra dos Ancares e montes circundantes, o da Terra do Courel e da Serra do mesmo nombre, o de Valdeorras nos montes próximos, e o da terra do Bolo na Serra do Eixo, nos confíns con León e Zamora. Texto recollido do libro "Atlas de vertebrados de Galicia" tomo I, colección do Patrimonio ecolóxico realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural, esta parte, sobre os mamíferos débese a Manuel Chouza Mata e Roxelia Cid González.
Este censo é de 1995. O oso entraba esporádicamente nas serras dos Ancares en Lugo. ------------------------------------------
O día 15/05/2006 un oso destrozou varios trobos nos montes de Robledo en Rubiá (Ourense). Seica se trata dun oso xoven en busca da femia. O parecer o oso fixo o mesmo en Quiroga uns días antes. Teno claro en Galicia. ¡Pobre oso!.
|
||||
| Os oseiros do Courel, unha curiosidade histórica en Galicia: |
A toponimia galega garda os nomes de Oseira, Valdoso, río Ursaria, etc. Alfonso XI no "Libro de la montería" da unha detallada relación dos montes galegos habitados polos osos. López Seoane fálanos dos "oseiros" do Courel que con un coitelo e un cilindro de ferro enfrentábanse a corpo limpio con este animal. No folclore galego gárdanse ditos, contos e lendas onde o urso é o protagonista. Texto recollido do libro "Atlas de vertebrados de Galicia" tomo I, colección do Patrimonio ecolóxico realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural, esta parte sobre os mamíferos débese a Manuel Chouza Mata e Roxelia Cid González.
Esta era a distribución de osos en Galicia no século XIX. Fonte o libro citado Atlas de vertebrados de Galicia. Tomo I.
|
||||
| A súa pegada: |
Trátase dunha curiosidade, o galego que vexa esta pegada nas nosas serras será en sonos ou non terá ben a vista, desgraciadamente.
Estas son as pegadas do oso. A súa pegada, a pesar do anterior, é inconfundible polo grande. O oso é o maior mamífero terrestre que temos en España.
|
||||
| Seguro: |
Seguro que o veremos en Galicia: A pesar de todo. Seguro que en Galicia volveremos a ter Osos Pardos nas nosas serras. Segurísimo. ¿ Cando ?... No ano 2005 xa vai sendo hora...é posible. Dende logo é posible, pero ... a nosa Consellería de medio Ambiente anda moi despistada con esto e outras moitas cousas.
Falase de que en breve (Voz de Galicia do 8 de maio do 2005) haberá unha colonia estable de osos en Galicia. De verdade que me gustaría, pero penso que é unha frase máis e polo tanto producto de que as eleccións están o caer (xunio do 2005). En fin unha mentira máis a que nos teñen acostumados nesta Consellería de Medio Ambiente que fai moitas cousas para a Galería e pouco efectivas e o final sempre somos o número un e pioneiros en todo...pero os osos están en Asturias e Cantabria e nos asubíamos... O tempo dirá...
|
||||
| O oso pardo en Asturias e Cantabria, links básicos: |
|
||||
| Gran Noticia 01-01-2001: |
O ano 2000 foi un ano fantástico para os osos en España. Ata 15 crías tuveron os osos, entre Paxares e os Ancares. Maravilloso. Hoxe cóntase que sobreviven 86 exemplares en España. Esta noticia é moi boa para Galicia xa que algún, o mellor, achégase os Ancares, e tamén poida que os montes de Ourense. O feito para estar ledos é que temos 15 osos máis en España.
¡¡ Este osiño quere vivir en Ourense e tamén en Lugo! Realmente ¿ estamos preparados?. ¡¡¡ Hai que soñar !!!.
|
||||
| Estado actual en abril do 2001: |
Notas sacada de la revista BIOlógica de maio do 2001. Razóns para esperanza en España: No Pirineo a un lado e outro viven como 12 osos. Na maioría están neste lugar gracias os plans de reintroducción da especie.
Os osos cantábricos son unos 85. Menos mal. O malo é que están divididos en dúas poblacións, separadas sobre 30 kilómetros, con minas, autopistas, vias do tren e pistas de esquí polo medio. En 1999 , 10 osas tuveron 17 oseznos, o nunca visto nos últimos tempos. No 2000 volveuse a repetir a historia. A cousa non vai mal.
Na fotografía colmenas para os osos, un bon sistema para manter os osos, xa que como é sabido gústanlle moito a mel. O oso empézase a sentir con orgullo tanto en Asturias como en Cantabria e no Pirineo, o mal que fan é minímo e as indennizacións son rápidas e eficaces. Enhoraboa.
Parque Natural de Somiedo, un dos principais refuxios do oso en Asturias. En Galicia seguimos sin ser sensibles os osos. Non comprendo como non se fai algo. A Consellería de Medio Ambiente (ata o 2005) está noutra onda, fai moi pouco ou nada pola fauna galega. Veremos estos que están hoxe si fan algo máis. Eu penso que sí...
|
||||
| Fotografías do oso: |
Fotografía de Francisco Márquez. No mes de novembro do 2003, a revista "Naturaleza salvaje" publica unha reportaxe "Tras las huellas de los últimos ejemplares salvajes del norte", que firma Francisco Márquez. A fotografía está sacada o mediodía no Parque Natural de Somiedo e mostra un oso, ¡que marabilla!. A reportaxe trae outras fotografías que non me atrevo a poñer sin permiso dos autores. O texto dice ben as claras o que sinten os fotógrafos cando teñen a oportunidade de facer estas fotografías.
Realmente como galego, amante da miña terra e por suposto amante da fotografía sinto envexa...moita envexa.
|
||||
| O cambio climático e o oso: |
Fai uns días a Academia Rusa informa que os osos que viven no sur do extremo oriente ruso, contrariamente ao que serían os seus hábitos, este inverno non caíron no profundo sono e continuan percorrendo os bosques da rexión siberiana de Primorie. Este fenómenos, o parecer, afecta únicamente os machos, xa que as femias e os osiños continuan hibernando. Nestos lugares alcánzanse temperaturas de 30º baixo cero, e inda así o parecer os osos non descansan. Algo está a ocurrir.
Os científicos rusos falan do cambio climático que está a producir estos efectos... Que haxa persoas que inda dubidan deste cambio climático, dende logo, chama a atención, sobre todo os osos...
|
||||
| Un pouco de broma: |
Pulsar este link para oir o oso.
En Galicia é o único que podemos facer... ¡Unha magoa!.
|
||||
| Contos sobre os osos: |
Hai moitos contos sobre osos en Galicia, por regra xeral os contos sobre os osos fan honor a este gran mamífero e fan relación a nobleza deste gran animal. Otros tamén fan honor a súa intelixencia. Vexamos dous exemplos: Sacado do libro "Contos galegos de tradición oral" escrito por Camiño Noia:
"O oso e os dous amigos" "Eran dous rapaces que andaban sempre xuntos e que eran moi amigos. Un deles era moi forte, pero o outro non. Un día, foron de paseo por un monte e alí aparecéuselles un oso. Os rapaces, que eran pequenos, estaban cheos de medo e non sabían qué facer. O máis forte subiu po unha árbore e quedou tranquilo, pero o outro non deu subido e tirouse ó chan facéndose o morto. O oso comezou a cheiralo e a dar voltas arredor del, tan preto que parecía que lle falaba ó oído. Cando pasou o perigo e o oso marchou, o que estaba na árbore dixo: -¡Ai que mediño pasei!. Pensei que che ía facer dano, estaba mesmo que parecía que che falase ó oído. E dixolle o outro: -Pois si, si que me falou. -¿E que che dixo? -Pois unha cousa moi bonita pero que a ti non che vai gustar. -E a ver, ¿que che dixo? -Pois díxome. No te fíes en la persona que si te ve en un peligro te abandona. ---------------------------------------------------- (O conto foi recollido en Figueira-Cerdedo. Pontevedra E contouno Dolores Simal Doval de 58 anos en 1997) --------------------------------------------------- Do libro "Contos de animais II" Xosé Miranda fixo o texto deste conto, que a mín particularmente gústame moito.
"O oso, o lobo e a raposa". Nunha ocasión xuntáronso o oso, o lobo e a raposa para ir roubar un cortizo de abellas. Así que o levaron, miraron o mel que tiña e viron que non chegaba para os tres. Puxéronse a discutir a ver quen comía o mel. A raposa, que é a máis astuta, propuxo: - O que teña máis idade, como é ó que se lle debe máis respecto, que coma o mel. -De acordo -dixeron os outros. Dixo inmediatamente o lobo: -Eu nacín cando aquel penedo -siñalando un antiquísimo. -Daquela xa eu era moza -dixo a raposa. E o oso, comprendendo que non podía dicir un disparate maior, dixo: -Pois eu nacín o ano do ourizo e, polo tanto, quieto o cortizo. Colleuno entre os brazos, marchou con el á sombra dun rebolo e papoulle o mel ó cortizo, e a nós non nos deu porque non quixo. ------------------------------------
Neste link tendes varios contos sensacionais sobre os osos
|
![]()