O oso pardo bótase de menos en Galicia

A caza do oso.

(O que sigue é un pequeno resumen do libro "Viaje por los montes y chimeneas de Galicia" de Jose María Castroviejo y Álvaro Cunqueiro. Por suposto poño o trozo por resumen histórico do tema, xa que hoxe non creo que ninguén se dedique a caza do oso, que claramente está en extinción... )

 

 

O título do capítulo chama bastante a atención:

"Del oso filosofante y gruñón, que aún mora en los Ancares"

..."Mi antiguo amigo don Manuel Cedrón, que dió muerte hace años al último allí cazado, entrando temerariamente a gatas en la cueva para obligarle a salir, veía en su juventud, desde la solana de su pazo de Castelo de Frades, retozar a los osos y a los oseznos -orgaños en el montañés lenguaje de Cervantes- en los prados de la ladera del monte vecino, a un tiro de escopeta"...

Neste libro deféndese o cazador, cando se fala da extinción total do oso en Galicia. Os autores inclínanse máis ben polos cebos envelenados postos para os lobos, sobre todo con estricnina,   como unha das causas principais de que non teñamos osos.

Dicen os autores do libro que o oso cázase con bos cans que o acorralan. Tamén noutro tipos de batidas que aparece de improviso.

Conta o libro como se deu morte en Couceiros, Padrenda,  Ourense o derradeiro oso en Galicia,  o 17 de xuño do 1946. O relato está posto na ficha do oso, noutro lugar. Seica o feito de matalo foi premiado polo gobernador civil que de aquelas era Vicente Muñoz Calero.

Fala tamén o libro de trampas con escopetas postas nas entrada a lugares con mel, nas alvarizas, por certo con non moi bon éxito, a maior parte das veces o oso saía chamuscado pero nada máis. En fin mil artilugios para rematar con ese noble e gran mamífero.

 

..."Digamos, finalmente, que el oso, a cuya grasa se atribuyen grandes virtudes medicinales, tiene fama de ser comestible y sabrosas chuletas. No puedo opinar personalmente sobre el particular, ya que ni lo he cazado ni catado en el plato. Tal vez su carne resulte excesivamente medieval..."

salir.jpg (922 bytes) Saír