No nacemento do río Miño:  o pai dos ríos galegos.
 

O río Miño, decíamos na escola nos anos cincuenta,  que nacía en Fuente Miña (hoxe Fonmiñá). Pois non,  nace no Pedregal de Irimia, no Concello de Meira en Lugo.

As fotografías mostran ese Pedregal, un lugar misterioso e que merece a pena ver e escoitar..., pero tamén mostran Fonmiñá e o río Miño que despois de recibir as augas do Pedregal recibe as da Lagoa de Fonmiñá  e outras fontes...

O río Miño é o pai dos ríos galegos, o Pai Miño,  cunha conca de 17.026 km2 e una lonxitude de 307,5 km (hai discrepancias nestas cifras). Pero é un pai moi mal tratado, embalsado ("embalsamado")  e ferido  a partires da desembocadura do río Neira...

 



1

2

3

4

 
 
Galería creada por Secundino Lorenzo, para a web   "A vida nos ríos galegos"       Volver a sendeiros.         Ir a ficha do río Miño