"UN  DÍA  NO  INVERNADEIRO".

PARQUE NATURAL DE OURENSE.

"Outono de 2012" - "outono de 2013"

 

  Como chegamos?: comentario

 

Características do P. N. Invernadeiro.

 

Andainas : Ruta das Troitas e Ruta da Auga.

 

Fotografías das andainas -2012.

 

Fotografías da andaina-2013.

 

Video-resumen da Andaina-2012.

 

Mapa de 1943 do Invernadeiro. Unha xoia.

Na fotografía as casas dos Gardas, as primeiras que se atopan despois de pasar a Ponte do río Ribeira Pequena. Nese lugar tuvemos unha entrevista có Garda, Francisco Barja, que nos pidiu o permiso.

 

salir.jpg (922 bytes)  Saír a sendeiros                      salir.jpg (922 bytes)  Volver Exaprin

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Como chegamos. Comentario...

 

Dende Campobecerros (onde se chega dende Verín por unha boa estrada, son 21 kms.)  ata as Primeiras Casas da Ribeira Pequena hai 5,7 km. asfaltados e 3,7 km. sin asfaltar pero boa carretera. Está perfectamente indicado e non ten perda seguindo os carteis.

Logo dende as Casas da Ribeira Pequena á Aula da Natureza, xa na Ribeira Grande,  hai 11,5 km. de boa carretera pero sin asfaltar. Esta estrada vai seguindo o río Ribeira Pequena ata chegar a confluencia dos dous ríos, e logo sigue o río  arriba pola Ribeira Grande ata chegar a unha Ponte e subir as Casas, onde está a aula da Natureza e as casas con servicios para quedarse no Parque (Ver mapas).

Hai que pedir permiso a Medio Ambiente, uns días antes da excursión, para visitar o Parque;  basta chamar por teléfono o 988386376, dar os datos do responsable da excursión e o número de visitantes. Por Email poden mandar o permiso directamente. O garda do Parque veo ata as Casas da Ribeira Pequena a pedirnos o permiso e darnos algunhas normas e responder algunhas das nosas preguntas.

As flechas verdes foi a excursión que fixemos pola mañán "A ruta das troitas" e que describo máis abaixo e as flechas azuis a excursión que fixemos pola tarde, "A ruta da auga" a  e que tamén describo máis abaixo.

Pola nosa banda  fomos dous:  Julio Taboada e máis eu Secundino Lorenzo. Día de visita 26/10/2012. A entrada tiña que ser entre as 9:00  e as 11:30 e a saída as 17:30 como máximo. Estas horas varían según a época do ano...

A experiencia foi sensacional. Merece moito a pena,  o lugar é único e dunha riqueza, tanto en flora como en fauna fora do normal é único. Imprescindible a visita  para os amantes da natureza. Non apto para o resto...

No que sigue porei uns mapas e unhas fotografías que nos sirvan a nos para repetir a visita e profundizar no Parque, quedou moito sin ver...,  e os que visiten esta web "sobre a vida dos ríos galegos" lles sirva para orientarse e programar as súas visitas.

 

Detalle sacado de Google Earth xa simulando 3D. O invernadeiro son 5.722 Ha (Ou 5.722 campos de fútbol) traducindo un pouco máis e transformando o Invernadeiro nun cuadrado tería  7,56 km. de lado.

As camaras fotográficas levan emparellado sendas fotografías precisamente dende o lugar onde están situadas, por eso si se pulsa nelas, nas cámaras,  veredes esas fotografías.

Detalle da estrada para chegar o Invernadeiro dende Campobecerros. Ten 5,7 km asfaltado o resto 15 de terra pero  está perfecta.

--------------------------------------------------------------------------------------------------

Fotografía das Casas da Ribeira Pequena sacada dende un mirador que hai na estrada dende Campobecerros ata o Invernadeiro. Outono de 2012

 

Parque Natural Invernadeiro. Casas do Parque. Ribeira Grande. Aula de Natureza e servicios para os visitantes.

O río Ribeira Grande eu penso que é o río máis conservado da nosa comunidade. A fotografía está sacada na presa do centro de ictioloxía que ten o Parque natural. Outono de 2012.

MÁIS DATOS DO INVERNADEIRO. PARQUE NATURAL. OURENSE.

 

salir.jpg (922 bytes) Volver.